top of page

Creación Literaria

Baixo o azul perpetuo, unha figura xogaba. O seu corpo era do máis particular. Tiña páxinas por brazos, soños por pernas, bágoas por orellas, confesións por ollos e promesas de amor verdadeiro por beizos. Non emerxía. Non precisaba desa masa de aire fresco que suspéndese no ar coa intención de dar vida a calquera organismo.

Certo día un rapaz achegouse a ela dende a superficie, deitouse nunha árbore e faloulle. Comezou a vir todos os días e fixéronse bos amigos. Xogaban as cartas, falaban de amor, da vida e mesmo das árbores. As bágoas, os sorrisos, os fillos e as canas sucedéronse na vida do humano nunha cita que ningún esquecía. A figura tamén foi crecendo e converteu as súas follas en libros, os seus soños en realidades, as bágoas por sorrisos, as confesións por liberacións e as promesas por amores de "toda a vida".

Fai uns días o encontro foi diferente. Desta vez a figura emerxeu da superficie e coa ledicia e o agarimo co que so se trata a un verdadeiro amigo, convidouno a entrar no azul perpetuo.

Microrelato: Azul perpetuo

  • Black Facebook Icon
  • Black Twitter Icon
  • Black Instagram Icon

Se non queres perder ningunha das novas publicacións.

Subscríbete aquí mesmo.

Redes Sociais
bottom of page