I'm busy working on my blog posts. Watch this space!

Please reload

Recensión : Xavier Queipo, Os Kowa

August 13, 2016

 

Título : Os Kowa

Autor : Xavier Queipo

Editorial : Galaxia

ISBN: 9788498656817

Nº de páxinas: 248 páxs

 

Sinopse :

 

Velaquí unha novela de aventruas que comeza en Europa (Bruxelas, Compostea, Copenhague) para continuar co pano de fondo da selva amazónica. Partindo dunha casualidade, a descubierta nun catálogo de bolboretas tropicais dun espécime de Callitaera aurora, Xavier Queipo escribe un texto de celebración da aventura, da busca da identidade, dese lugar privativo que é o noso lugar no mundo. O narrador é un científico naturalista que, logo de iniciar unha viaxe equinoccial, se atopa perdido no medio do mato, nunha selva inzada de perigos mais tamén de descubertas existenciais. Conforme avanza o relato, as reflexións íntimas do protagonista van deixando un pouso entrópico que nos devolve ao paraíso perdido, á selva enigamática, ao labirinto sen fío de Ariadna salvador. Nesta novela, coa que obtivo o Premio Blanco Amor en 2015, Xavier Queipo consegue un alento narrativo intenso e, ás veces, desacougante no que se apalpa a soidade e a tensión dun home enfrontado ao seu destino.

 

Nesta novela gañadora do Premio Blanco Amor 2015, Queipo preséntanos unha historia de aventuras, na que a acción principal reside na busca, aceptación e comprensión dun mesmo. Para iso preséntanos a un personaxe protagonista que busca desesperadamente un auto-recoñecemento, un recuperar o seu propio “eu” para estabilizar a súa vida. A necesidade de investigar un tipo de bolboreta descoñecido para os biólogos é o motivo polo que comeza a súa viaxe, unha forma de volver o panorama científico pola porta grande. Recórdame, por outra banda, a un emigrante que busca gañar fóra o suficiente diñeiro para voltar e manter ós seus. Neste proceso, realiza unha viaxe cara a selva amazónica como membro dunha pequena expedición científica. A selva será o lugar onde a trama intensifíquese e onde observaremos pouco a pouco a súa transformación nunha viaxe cara o descoñecido.

 

O tratamento do espazo é un aspecto salientable. A través dunha ollada emigrante, tanto narrador como protagonista introdúcense nos perigos do descoñecido e protéxense dos seus medos co intelecto como único utensilio. Presenta unha natureza viva e non domesticada polo home, unha natureza salvaxe que resulta tanxible para o lector pola calidade das descricións. O traballo de documentación é innegable tanto no apartado técnico-biolóxico como no espazo xeográfico.

 

Respecto os personaxes, a importancia reside en os Kowa, o grupo indíxena que da nome a novela, que son unha tribo cunhas regras e rituais moi peculiares. Os Kowa son un reflexo dunha sociedade que pretende ser libre e que non ten ansias de rebelarse, o único que buscan e gozar da natureza e do que a vida lles outorga. Unha tribo pacífica que é posuidora dun lugar no espazo e que non precisa de arrebatarllo a outras. Os costumes e aceptación do descoñecido destes personaxes sorprenderán o noso protagonista, pero tamén serán o empurrón necesario cara unha catarse final.

 

O estilo desta novela é o exemplo do traballo ben feito. Mediante o uso dunha gran variedade e riqueza léxica e dunhas descricións profundas e traballadas, o lector pode acceder a historia con gran facilidade. Existe unha gran cantidade de digresións e reflexións que veñen sempre apoiadas con moitas referencias cultas que enriquecen a novela e con algunhas notas o pé. É unha novela cun ritmo moi lento o principio, pero que pretende con iso a introdución nos pensamentos do personaxe protagonista cara unha representación perfecta dunha psicoloxía quebrada polos desenganos e problemas da súa vida. O ritmo, polo tanto, avanza lentamente buscando un sentimento de angustia progresivo no lector.

 

Con todo isto, Queipo crea un relato de aventuras tanto reais como intelixibles, onde lévanos a reflexións tan profundas como o auto-recoñecemento ou a busca da liberdade.

 

Share on Facebook
Share on Twitter
Please reload

Please reload

Please reload

Goodreads
  • Black Facebook Icon
  • Black Twitter Icon
  • Black Instagram Icon

Versos do día

Suscríbete
Sígueme

Ese instante que no se olvida
Tan vacío devuelto por las sombras
Tan vacío rechazado por los relojes
Ese pobre instante adoptado por mi ternura
Desnudo desnudo de sangre de alas
Sin ojos para recordar angustias de antaño
Sin labios para recoger el zumo de las violencias
perdidas en el canto de los helados campanarios.

Ampáralo niña ciega de alma
Ponle tus cabellos escarchados por el fuego
Abrázalo pequeña estatua de terror.
Señálale el mundo convulsionado a tus pies
A tus pies donde mueren las golondrinas
Tiritantes de pavor frente al futuro
Dile que los suspiros del mar
Humedecen las únicas palabras
Por las que vale vivir. 

[...]

Alejandra Pizarnik,  A la espera de la oscuridad. (Fragmento)

David González Domínguez

Contacto : palabradegatsby@gmail.com