David González Domínguez

Contacto : palabradegatsby@gmail.com

Recensión: Sabela González, As crónicas de Landereina : Bágoa de Lúa

16/08/2016

 

Título: Bágoa de Lúa

Autora: Sabela González

Editorial: Galaxia

Saga: As crónicas de Landereina

Nº Páxinas: 232

ISBN: 9788498654875

 

PREMIO II MUÍÑO DO VENTO 2014 wAOS MELLORES TEXTOS DE CONTRAPORTADA

PREMIO FRAI MARTÍN SARMIENTO 2015

 

Sinopse : 

 

Durante corenta anos, Landereina sufriu baixo o poder do malvado Wiasmau. O reino xa está recuperado, pero a historia está a piques de se repetir, a menos que alguén consiga destruír a poderosa Pedra de Lúa.

Nunha pequena cabana, nunha praia esquecida do mundo, Berenguela descubrirá que o seu destino é moi distinto ao que sempre pensara. Descubrirá que salvar o reino pode estar nas súas mans.

Ao sur das grandes montañas Kaii e da cadea Sophesiw esténdese o reino de Landereia, unha terra na que conviven amazonas, druídas, ananos e bandidos, sucada polo escuro bosque de Etlual, fogar de centauros e elfos. Landereina vive en paz grazas ao goberno da dinatía dos Gheiroez. O rei Bogardo segue a esforzarse en reconstruír o reino, igual que o fixeron os seus antepasados dende que Argun II lograra derrotar o malvado Wiasmau, quen durante décadas tiranizara as súas terras grazas ao poder da Pedra de Lúa. Pero a felicidade en Landereina está en perigo de novo: o exército escuro dos kaihunn avanza polas vilas baixo as ordes dun novo e descoñecido tirano que busca destronar os Gheiroez e facerse coa Pedra de Lúa e, con ela, co poder sobre Landereina.

 

 

Bágoa de Lúa é a novela coa que Sabela González comeza a súa saga titulada As Crónicas de Landereina. Esta primeira novela, como en toda saga, ten a función de contextualizar e mostrar o mundo creado pola autora, e seguir as aventuras de Berenguela e os seus compañeiros de viaxe. 

 

Teño que dicir que impresionoume gratamente o mundo creado por Sabela nesta novela. No interior da publicación, mesmo atopamos un mapa (creado pola mesma autora) do mundo de Landereina. A edición que Galaxia realiza para esta novela é fermosísima e imaxino que a autora estará tamén detrás deste acertado proceso de edición. Sen dúbida, o que máis me gusta da novela é a heroína ou personaxe principal.

 

Si, escoitáchedes ben, unha heroína. Esta saga das Crónicas de Landereina ten como personaxe principal a unha nena chamada Berenguela, á que, co tempo, todos rematamos por chamar Gueliña.  É unha nena pequena e soñadora, que vive nun mundo de paz mergullada na lectura de libros e na estabilidade familiar, ignorando a súa real condición. Pese a súa aparente febleza, demostra un valor é un sentido do deber moi sorprendente na súa idade. Gueliña convértese nunha muller moi pronto porque o contexto o esixe e lonxe de renegar da tarefa, mostra un coraxe é unha fe que fai dela un personaxe fermoso e heroico. Pese a ser un personaxe forte, Gueliña nunca renuncia a sensibilidade. A amizade, o amor e a solidariedade son valores ós que este personaxe nunca traizoará e iso sempre terá premio nos momentos de necesidade.

 

As súas variadas compañías preséntanse sempre dende a súa psicoloxía máis que dende a súa fisionomía. Deste xeito todas as criaturas do mundo de Landereina gozan de individualidade dentro de cada raza ou especie. A autora outórgalles un nome e un aspecto distintivo  que os fai únicos e irrepetibles. Moitos dos personaxes axudarán a nosa heroína a lograr o seu obxectivo, pero moitos outros farán o imposible por evitar que cumpra coa súa misión. Isto fai do relato unha gran tipoloxía dos personaxes que habitan nun amplo mundo de fantasía. Un mundo onde o ben e o mal loitan novamente nunha batalla doutro tempo.

 

Como conclusión creo importante destacar que para ser a primeira novela da autora, é totalmente brillante e aditiva. Tiña unhas expectativas moi altas e teño que dicir que en ningún momento decepcionoume. O estilo é moi sinxelo e ben traballado, o que permite una lectura fluída e entretida. As escenas humorísticas e as máis tráxicas xunto cuns xiros argumentais ben traballados conforman unha receita que conquista dende o primeiro momento.

 

Sabela González nesta novela crea un mundo máxico e orixinal, ó servizo de todos os públicos, onde a fantasía, os valores e o entretemento sempre son protagonistas.

 

Share on Facebook
Share on Twitter
Please reload

I'm busy working on my blog posts. Watch this space!

Please reload

Please reload

Soy un párrafo. Haz clic aquí para agregar tu propio texto y edítame. Es muy sencillo.

Goodreads
  • Black Facebook Icon
  • Black Twitter Icon
  • Black Instagram Icon

Versos do día

Suscríbete
Sígueme

A miña beleza sinala co dedo,

espella os meus cristais,

ofende.

 

A miña beleza que intimida, 

que enerva sen falar,

que acovarda.

 

A miña beleza que prognostica,

que me eclipsa,

que me traizoa,

 

A que me vende barata,

a que amortiza os meus fallos,

que se me adianta.

 

A que levanta suspicacias,

a que disuade de min, 

que desvirtúa.
[...]

..

Yolanda Castaño, en Profundidade de campo (Espiral maior, 2007)