I'm busy working on my blog posts. Watch this space!

Please reload

Recensión : María Solar, As horas roubadas

August 20, 2016

 

Título: As horas roubadas

Autor: María Solar

Editorial: Xerais

ISBN:  9788491210160

Nº de páxinas: 232 páxs

 

 

 

 

 

Sinopse : 

 

A morte dun ancián que sostén na súa man un papel coa mensaxe «Dime que me queres» destapa unha pasional historia de amor que non se apaga co paso do tempo. Ambientada na confusa España de 1979, dous anos antes da Lei do divorcio, dúas familias vense arrastradas por ese vello segredo e pola necesidade de cambiar as súas vidas. “As horas roubadas” é unha novela de personaxes que nos leva a través dos sentimentos de varias xeracións nunha época onde vivir sen ataduras era unha tarefa pendente. Unha historia que demostra que non hai idade para o amor, e que cando non facemos nada por mudar as cousas, algo insospeitado pode facer que cambien. Para sempre.

 

Xa sinalaba o político e escritor inglés Lord Chesterfield, “Coida os minutos, xa que as horas coidarán xa delas mesmas”. María Solar, coñecedora ou non deste dito, presenta unha historia na que o uso e aproveitamento do tempo é esencial para a acción. O tempo como unha forza inexpugnable contra a que non podemos loitar, senón da que nos debemos aproveitar.

 

As horas roubadas sitúase na España de 1979, plena transición entre un pasado traumático e o que se cría, un futuro prometedor. Para crear este ambiente, a autora baséase en mecanismos moi ilustrativos a través de referencias a comportamentos ou aparellos tecnolóxicos. Pese a que non nacín nesa época, recoñezo por boca dos meus país ou avós moitos destes pequenos progresos dos 70 e 80, que agora vemos tan normais. Un acerto por parte da autora, xa que atrapa tamén a lectores máis novos.

 

Os personaxes semellan presos nunha soa escena case teatral, un pequeño cadro no que están moi apertados. Mediante ese mecanismo, a autora crea moitísimas relacións interpersoais con moi poucos personaxes. Con todo, todas esas relacións son moi importantes para a trama principal. Lonxe de ser problemática esta complexa rede, enriquece moitísimo a narrativa. A construción destes personaxes é moi correcta e elaborada. A psicoloxía de personaxes como Roberto ou Damián é moi rica e dota a novela dunha profundidade moi atractiva.

 

Esta novela propón unha historia de amor e desamor, unha historia na que o tempo é responsable da psicoloxía dos personaxes e dos seus fracasos e triunfos sentimentais. O paso do tempo e a inversión deste, crea estragos nuns personaxes que non colman as súas aspiracións. Para máis interese, propón tres triángulos amorosos moi interesantes, máis ou menos conservadores, pero que teñen conclusións sorprendentes. A través destas relacións sentimentais comprenderemos o panorama social da época e o impacto das novidades nel.

 

É que As horas roubadas é así, unha historia tan real coma a vida mesma. Unha historia indubidablemente humana e ben construída. Con todo, non podemos esquecer que é unha novela cunha carga feminista evidente, sempre dende a crítica a desigualdade. Sen caer nunha intención moralizante e de simple crítica social, temos un relato sobre o que convén reflexionar. Unha historia de sentimentos e vidas paralelas, que conflúen nunha novela correcta e directa na que María Solar "rouba" unhas horas das nosas vidas, coa intención de que disfrutemos moito máis do resto delas.

 

Share on Facebook
Share on Twitter
Please reload

Please reload

Please reload

Goodreads
  • Black Facebook Icon
  • Black Twitter Icon
  • Black Instagram Icon

Versos do día

Suscríbete
Sígueme

Ese instante que no se olvida
Tan vacío devuelto por las sombras
Tan vacío rechazado por los relojes
Ese pobre instante adoptado por mi ternura
Desnudo desnudo de sangre de alas
Sin ojos para recordar angustias de antaño
Sin labios para recoger el zumo de las violencias
perdidas en el canto de los helados campanarios.

Ampáralo niña ciega de alma
Ponle tus cabellos escarchados por el fuego
Abrázalo pequeña estatua de terror.
Señálale el mundo convulsionado a tus pies
A tus pies donde mueren las golondrinas
Tiritantes de pavor frente al futuro
Dile que los suspiros del mar
Humedecen las únicas palabras
Por las que vale vivir. 

[...]

Alejandra Pizarnik,  A la espera de la oscuridad. (Fragmento)

David González Domínguez

Contacto : palabradegatsby@gmail.com