I'm busy working on my blog posts. Watch this space!

Please reload

Recensión : Francisco Castro, SPAM

August 23, 2016

 

Título : SPAM

Autor : Francisco Castro

Editorial: Galaxia

Nº de páxinas : 130 páxs

ISBN: 9788482889368

Sinopse :

 

Observar a vida dos demais, penetrar nos seus pensamentos, mantelos baixo control, é a obsesión dun home que só é capaz de comunicarse a través do teclado e a pantalla do ordenador. Spam introdúcenos na atmosfera claustrofóbica e atafegante de dous universos paralelos: o mundo laboral sometido á tiranía dun poder omnímodo e o universo aparentemente aberto de Internet, onde realidade e ficción se confunden. Crítica social e ruptura coa ortodoxia narrativa nunha novela na que a literatura toma partido.

Xa tiña ganas de facer una re lectura desta marabilla de historia. É que as novelas de Francisco Castro non chegan a reter po nos meus estantes. Sempre que teño ocasión, volvo a introducirme nas súas páxinas e atopo aspectos nos que antes non me detivera. Pero lonxe de facer louvanza dunha novela sen ningunha xustificación, convencereivos de que vos somerxades nela.

 

SPAM é unha novela orixinal e lixeira, ideal para este período de verán. A creación de Francisco Castro permítenos facer un breve análise sobre o mundo actual e a importancia da tecnoloxía nas nosas vidas. Preséntanos nesta novela a vida dun home chamado Gómez, que entende a vida como un ir e vir da oficina ó ordenador. Internet e a tecnoloxía, son a única motivación deste personaxe para continuar coa súa vida. A adición é tan grande que faino cego ante o inmediato, ante a realidade. Ata a propia sexualidade do personaxe limítase a un frío contacto coa pantalla. Unha sexualidade baleira e non pracenteira. Gómez leva unha vida obsesiva co mundo online e co traballo, dúas liñas que semellan paralelas e que xúntanse nunha narración perfecta.

 

Este personaxe non é máis que un boneco de trapo para os intereses do autor. Proba diso é que non hai ningunha información sobre a súa vida anterior ou o entorno. Nin sequera é necesario coñecer o nome da empresa para a que éste traballa. A información precisa reside nas súas accións e modo de vida, e estes son os puntos a tratar. Gómez é calquera de nós, e poida que por iso Francisco elixise un apelido tan habitual para definir o personaxe. Probablemente nós tamén podamos ser estehome, o personaxe que fai tolear a Gómez ata a mesma loucura.

 

Para moitos, na rede todo é posible. É un lugar onde podes crer, que durante as horas que estás nela, podes gozar do privilexio de ser outro. A rede outorga posibilidades infinitas para calquera interese. No mundo actual e a globalización podemos obter o que queiramos e calquera imaxe compartida por dous usuarios pode chegar a millóns deles, sen que ambos teñan coñecemento. O ámbito persoal e o público atópase nunha barreira moi difusa neste século XXI.

 

O mellor da novela, sen dubida, é o estilo tan persoal de Francisco Castro no que danos a sensación de que máis que ler, dialogamos co narrador. Interrompe a narración para sinalar o que lle interesa e elide o que non é importante. Pese a ser unha novela de transfundo social e chea de valoracións e xuízos sobre a realidade, non é difícil de ler e ten un ritmo moi áxil.

 

Como conclusión destacar que esta novela de Francisco Castro é unha das publicacións máis interesantes do autor, tanto pola súa temática social como pola excelencia no estilo narrativo. É, en definitiva, unha novela que fai reflexionar sobre o sentido da vida, no sentido máis “vital” do termo, e o noso papel no mundo globalizado.

 

 

 

 

 

 

Share on Facebook
Share on Twitter
Please reload

Please reload

Please reload

Goodreads
  • Black Facebook Icon
  • Black Twitter Icon
  • Black Instagram Icon

Versos do día

Suscríbete
Sígueme

Ese instante que no se olvida
Tan vacío devuelto por las sombras
Tan vacío rechazado por los relojes
Ese pobre instante adoptado por mi ternura
Desnudo desnudo de sangre de alas
Sin ojos para recordar angustias de antaño
Sin labios para recoger el zumo de las violencias
perdidas en el canto de los helados campanarios.

Ampáralo niña ciega de alma
Ponle tus cabellos escarchados por el fuego
Abrázalo pequeña estatua de terror.
Señálale el mundo convulsionado a tus pies
A tus pies donde mueren las golondrinas
Tiritantes de pavor frente al futuro
Dile que los suspiros del mar
Humedecen las únicas palabras
Por las que vale vivir. 

[...]

Alejandra Pizarnik,  A la espera de la oscuridad. (Fragmento)

David González Domínguez

Contacto : palabradegatsby@gmail.com