David González Domínguez

Contacto : palabradegatsby@gmail.com

Recensión : Miguel Anxo Fernández, Un nicho para Marilyn

28/08/2016

 

Título : Un nicho para Marilyn

Autor : Miguel Anxo Fernández

Editorial : Galaxia

ISBN:  9788482886725

Nº de páxinas: 144 páxs.

Sinopse :

 

Frank Soutelo, detective privado californiano de pais galegos, encárgase de investigar a desaparición do cadáver de Marilyn Monroe, co que está relacionada unha rede de necrofilia de "alto nivel". Miguel Anxo Fernández acerta cos seus diálogos faiscantes, coa ironía e cun tratamento novo e orixinal do mítico mundo do cinema.

Un nicho para Marilyn, marca o comezo dunha das sagas máis prolíficas na novela negra ou xénero policial galego. Nesta obra, Miguel Anxo realiza unha fusión de elementos que ten como resultado unha historia cunha estampa moi persoal.

 

Frank Soutelo é o protagonista desta historia. Xa dende o comezo atopamos un detective privado que se move unicamente polo afán económico. Un personaxe que resulta moitas veces cínico con respecto o seu traballo, pero estas carencias supéraas cun gran sentido do deber e da xustiza. Nunca fai demasiadas preguntas e demostra non ter un gran ollo ante o que o rodea. Un detective que non é capaz de ver máis alá do que ten diante. Sen dúbida, unha rara avis no seu posto. A intención evidente do autor é a de crear un personaxe singular a través da parodia do xénero detectivesco. Un acerto total.

 

Esta primeira historia das aventuras de Frank Soutelo sorprende cunha narración con elementos cinematográficos. As descricións dos espazos e a análise pormenorizada das accións suprímese para a introdución dunha narración en terceira persoa. A profundidade sustitúese pola inmediatez que só unha cámara pode outorgar. Este narrador emite todas as accións vistas dende o exterior, facendo de mediador entre o lector e o personaxe. Os personaxes son expostos a palestra totalmente espidos, polo que vemos perfectamente as motivacións, sentimentos e pensamentos de cada un. Temos todos os datos que poidamos pedir dos personaxes, polo tanto resulta sinxelo humanizalos. Os capítulos responden a escenas moi concretas dentro da historia coa ausencia de elementos e asuntos banais. Non existen pausas innecesarias na narración. Un filme literario.

 

O estilo, polo tanto, é unha mestura de elementos cinematográficos cun humor sinxelo pero efectivo. Os personaxes teñen un humor moi retranqueiro, mesmo satírico, que lles aporta singularidade. Miguel Anxo outorga ó lector unha novela de fácil lectura, breve e cun ritmo moi áxil. O rexistro afástase da escuridade e dálle ó produto un toque tan persoal como fresco. O lector ten unicamente que deixarse levar ata ó final desfrutando do camiño. Sen dúbida, convida a unha lectura moi agradábel.

 

En resumo, o comezo das aventuras deste detective é moi atractivo para o lector. Miguel Anxo fainos gozar das aventuras dun personaxe paródico e divertido que invita a seguir fielmente as súas aventuras cun paquete de flocos de millo.
 

Share on Facebook
Share on Twitter
Please reload

I'm busy working on my blog posts. Watch this space!

Please reload

Please reload

Soy un párrafo. Haz clic aquí para agregar tu propio texto y edítame. Es muy sencillo.

Goodreads
  • Black Facebook Icon
  • Black Twitter Icon
  • Black Instagram Icon

Versos do día

Suscríbete
Sígueme

A miña beleza sinala co dedo,

espella os meus cristais,

ofende.

 

A miña beleza que intimida, 

que enerva sen falar,

que acovarda.

 

A miña beleza que prognostica,

que me eclipsa,

que me traizoa,

 

A que me vende barata,

a que amortiza os meus fallos,

que se me adianta.

 

A que levanta suspicacias,

a que disuade de min, 

que desvirtúa.
[...]

..

Yolanda Castaño, en Profundidade de campo (Espiral maior, 2007)