I'm busy working on my blog posts. Watch this space!

Please reload

Recensión : Miguel Cuba, Punto de Fuga

August 30, 2016

 

Título : Punto de Fuga

Autor : Miguel Cuba

Editorial : Demo Editorial

ISBN : 9788493699352

Nº de páxinas : 80 páxs

Sinopse :

 

<<`Punto de Fuga' fala de realidades ben próximas, dalgúns dos conflitos cotiáns dun grupo social e xeracional claramente identificable, da desorientación, as contradicións, as dúbidas de personas que están día a día ao noso carón, se non somos nós mesmos versións do protagonistas da historia ou dalgún dos seus amigos e compañeiros. [...]

 

Déixanos diante dun paradigma desta xeración en crise, un anaco de vida con selo de autenticidade, en tempo presente e impreciso futuro, lonxe dos tan abondosos e reiterativos relatos de postadolescentes nostálxicos, dos exercicios autobiográficos compracentes e triviais.

 

Miguel Cuba amosa nesta obra todas as súas potencialidades como autor de cómic e fai unha achega madura, necesaria e importante á banda deseñada galega.>> Miguelanxo Prado

Punto de fuga foi a miña aposta para iniciarme na banda deseñada en galego. A calidade dos debuxos e a realidade do argumento foron as premisas ás que me aferrei para facerme cun exemplar desta publicación. Ese pequeno frechazo a primeira vista veuse confirmado ó gozar desta novela gráfica.

 

Nesta obra exponse unha historia simple e real. Miguel Cuba amósanos a realidade dunha xeración en crise que pese a ser emprendedora e loitadora estáncase nas dificultades. Responde tamén a un golpe de realidade ante a situación actual. O romanticismo propio doutras épocas intercambiase polo fastío vital, a sensación de falsa liberdade e o medo a soñar.

 

Mateo é un home normal. Si, sen máis, non hai peros. Un anónimo máis no mundo. Mateo representa o típico home de clase media que chega ó mundo laboral dende a universidade e dáse conta da realidade do mundo. O lector enténdese facilmente con el e coa súa situación. Mesmo, con toda a súa seriedade, é protagonista dalgunhas accións que arrebatan un sorriso ó lector. É un profesor de debuxo que vive dun traballo que aborrece. Un home que imaxinaba o arte da maneira máis bucólica e romántica. Con probabilidade, tiña na súa mente unha vida nos cafés rodeado de intelectuais, con grandes ideas e proxectos a diario e cunha obra de valor recoñecido. Mateo non ten máis opción que esquecer eses soños e limitarse a ser normal. Como vedes, non toda a banda deseñada ten que ter como protagonista personaxes con poderes máxicos, forza inhumana ou habilidades extraordinarias.

 

A narrativa é sensacional. O uso do humor nos diálogos e de referencias, algunhas incluso literarias, fai moi rico a historia, no que a texto refírese. O gran beneficio da banda deseñada reside precisamente no seu contido visual, que ofrece máis profundidade e significado ó texto. O sistema de tonalidades empregadas en cada situación complementa perfectamente ó texto, creando un híbrido sensacional. O trazo delicado e a composición das ilustracións é perfecto. Poderías pasar páxinas e páxinas por puro pracer. O mimo e detalle co que se coida cada ilustración merece un especial recoñecemento. O tratamento da luz, as diferentes tonalidades de cor e as sensacións que expresa cada trazo fan gozar a quen as observa. Unha lámina desta novela ten un valor artístico innegable. Con razón estiveron expostas en varias ocasións.

 

 

 

Sen dúbida, Punto de Fuga cumpriu as miñas premisas e as de calquera lector que a acolla nos seus estantes. Unha novela gráfica realista, fresca e dunha sensibilidade mestra. Unha retrospectiva  da situación actual e unha viaxe pola experiencia da vida. Unha boa forma de introducirse na banda deseñada, e máis concretamente, en lingua galega para lectores de todas as idades.
 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Share on Facebook
Share on Twitter
Please reload

Please reload

Please reload

Goodreads
  • Black Facebook Icon
  • Black Twitter Icon
  • Black Instagram Icon

Versos do día

Suscríbete
Sígueme

Ese instante que no se olvida
Tan vacío devuelto por las sombras
Tan vacío rechazado por los relojes
Ese pobre instante adoptado por mi ternura
Desnudo desnudo de sangre de alas
Sin ojos para recordar angustias de antaño
Sin labios para recoger el zumo de las violencias
perdidas en el canto de los helados campanarios.

Ampáralo niña ciega de alma
Ponle tus cabellos escarchados por el fuego
Abrázalo pequeña estatua de terror.
Señálale el mundo convulsionado a tus pies
A tus pies donde mueren las golondrinas
Tiritantes de pavor frente al futuro
Dile que los suspiros del mar
Humedecen las únicas palabras
Por las que vale vivir. 

[...]

Alejandra Pizarnik,  A la espera de la oscuridad. (Fragmento)

David González Domínguez

Contacto : palabradegatsby@gmail.com