I'm busy working on my blog posts. Watch this space!

Please reload

Segundo Anfiteatro : Sarabela Teatro, Ensaio sobre a cegueira. FETEGA 2016

September 13, 2016

 
Autor

JOSÉ SARAMAGO

 
Dramaturgia e direción

ÁNXELES CUÑA BÓVEDA

 
ELENCO

JORGE CASAS: Primeiro cego, Ladrón.
ELENA SEIJO: Ministra de sanidade, Camareira, Veciña.
SABELA GAGO: Muller do primeiro cego.
XAVIER ESTÉVEZ: Secretario do ministerio, Soldado, Home do parche. Ladrón
FERNANDO DACOSTA: Oftalmólogo, Ladrón
NATE BORRAJO: Muller das lentes escuras.
JOSITO PORTO: Home dous, Xefe dos ladróns, Visionario.
FINA CALLEJA: Muller do oftalmólogo.
VICENTE MONTOTO: Escritor.

 

Sinopse :

 

Unha epidemia súbita causa aos habitantes dunha cidade sen nome unha cegueira branca, descoñecida, que se expande de maneira fulminante polo país. Internados en corentena ou perdidos na cidade, os personaxes viven con intensidade o amor, o odio, a crueldade, a indiferenza e o medo.
A epidemia non se detén e os ollos da única muller non afectada serán testemuña excepcional do inferno provocado pola fame, a sucidade, a infamia e a aldraxe sexual. Fantasía e realidade entretecidas nunha impresionante parábola do tempo que vivimos. Recuperar a lucidez e rescatar o afecto son dúas propostas fundamentais desta obra que é, tamén, unha reflexión sobre a ética do amor e a solidariedade.

Sarabela Teatro abriu con Ensaio sobre a Cegueira unha nova edición do FETEGA na cidade ourensá do Carballiño. Unha proposta moi arriscada pola entidade da obra a tratar e pola profundidade que esconde nas súas liñas. Sen dúbida, a afouteza e convicción de que podería saír un bo espectáculo cuns cimentos tan intelixibles é mostra dun meritorio afán de superación da compañía galega.

 

Ensaio sobre a cegueira responde a unha boa adaptación do texto de Saramago á escena. Prescinde de todo tipo de inventiva ou ficcionalidade para propor unha visión do texto dunha forma espida e visual. Non existe ningún elemento que faga incómoda a súa visualización, e fai gozar ó espectador dunha lectura lixeira dun dos maiores clásicos da literatura universal.

 

Respecto do atrezzo, o escenario ten pouca carga de elementos. Apenas unhas poucas camas e obxectos persoais dos protagonistas. As tonalidades sempre claras e brancas, dan limpeza e calma ó escenario. Sorprende polo tanto o meticuloso orde que goberna na escenografía. Mesmo as roupas dos actores responden a esta concepción pura e luminosa da representación. A proxección de escenas audiovisuais cun canón na pantalla, non resulta molestas na visualización completa da escena, polo efecto buscado de movemento e pouca nitidez, tamén xogando coa luminosidade. Unha escenografía simple e falta de elementos que distraian ó espectador.

 

Sarabela teatro da importancia nesta montaxe ós sentimentos. Os personaxes non buscan ofrecer a súa psicoloxía ó espectador, son planos e unicamente déixanse levar pola situación. A desesperación, vitimismo e ansia de escapar dunha situación que non entenden, lévaos a conflitos entre eles e situacións inverosímiles froito do caos. 

 

En ningún momento a obra demostra unha excesiva crueldade. A situación é crítica máis os personaxes non transcenden a súa función. Unicamente a escena da violación pode introducirse nunha poética do horror e a traxedia. A violación, como sabemos, é unha das formas máis crueis e brutais da violencia sexual e de inflixir dor. Na escena en cuestión, aparece unha coreografía xunto cun tema musical decadente que chega ó espectador con gran facilidade. O comportamento animal dos homes violadores está moi ben representado no escenario.

 

 

Mención especial merece no apartado actoral, Josito Porto. O actor consigue dar vida a varios personaxes dunha maneira crible e correcta. Outorgalle o personaxe do "home dous" un pequeno punto de distinción do resto de personaxes. Na súa actuación como "xefe dos ladróns" entrega todos os matices que este personaxe esixe. Pero en realidade, todo o equipo cumple correctamente o seu papel. Esta peza non ten un excesivo traballo de personaxes. O traballo dos actores responde a un prototipo de personaxes, cegos e movidos polo medo, ningún dos actores busca gozar do protagonismo en ningunha das accións. Móvense como un grupo organizado e respectando a orde de intervención. Son as pezas dunha máquina ben traballada e ordeada.

 

Creo que a palabra moitas veces agóchase moito debaixo das emocións. Coa introdución do personaxe do escritor, fase un énfase nas citas máis interesantes do texto. Aínda así, considero que o ritmo áxil da representación debería baixarse un pouco para poder gozar máis da palabra. O atractivo principal da novela de Saramago está no estilo, e coa adaptación pérdense un pouco eses matices do texto.

 

Temos que concluír con que Ensaio sobre a cegueira é unha boa montaxe. A peza dirixida por Ánxeles Cuña Bóveda é un traballo limpo, ordeado e moi visual da novela de Saramago. Unha adaptación cun bo traballo de todo o elenco de actores e cunha busca evidente de que os sentimentos afloren no espectador. Un gran comezo para este FETEGA 2016.

 

 

 

 

 

 

 

 

Share on Facebook
Share on Twitter
Please reload

Please reload

Please reload

Goodreads
  • Black Facebook Icon
  • Black Twitter Icon
  • Black Instagram Icon

Versos do día

Suscríbete
Sígueme

Ese instante que no se olvida
Tan vacío devuelto por las sombras
Tan vacío rechazado por los relojes
Ese pobre instante adoptado por mi ternura
Desnudo desnudo de sangre de alas
Sin ojos para recordar angustias de antaño
Sin labios para recoger el zumo de las violencias
perdidas en el canto de los helados campanarios.

Ampáralo niña ciega de alma
Ponle tus cabellos escarchados por el fuego
Abrázalo pequeña estatua de terror.
Señálale el mundo convulsionado a tus pies
A tus pies donde mueren las golondrinas
Tiritantes de pavor frente al futuro
Dile que los suspiros del mar
Humedecen las únicas palabras
Por las que vale vivir. 

[...]

Alejandra Pizarnik,  A la espera de la oscuridad. (Fragmento)

David González Domínguez

Contacto : palabradegatsby@gmail.com