Presentación : Jules Verne e a vida secreta das mulleres planta de Ledicia Costas. Vigo (16/09/2016)

17/09/2016

A escritora viguesa Ledicia Costas presentou onte ás 19:30 na estatua de Jules Verne en Vigo, a súa novela Jules Verne e a vida secreta das mulleres planta. Unha historia que recibiu o premio Lazarillo e que foi ben acollida no público infantil e xuvenil.

 

Non estivo soa, ó seu carón estiveron os historiadores Antonio Giráldez Lomba e Eduardo Rolland, a autora Mª Xosé Queizán e Manuel Bragado como editor de Xerais. Todos os presentes coincidiron na importancia da figura de Jules Verne na historia da cidade, e a importancia da marítima cidade de Vigo na vida e na literatura do gran creador francés. 

 

Antonio Giráldez e Eduardo Rolland fixeron un percorrido sobre o contexto histórico da cidade de Vigo na época en que Jules Verne a visitou, e tamén recordaron o moito que queda por investigar acerca dunha figura mítica da literatura universal. Tamén reclamaron a colaboración da cidadanía para facer notoria a importancia da cidade como parada esencial na ruta verniana. 

 

Mª Xosé Queizán interviu recordando a importancia da cidade de Vigo na súa obra e na historia universal. A ría de Vigo como espectadora de luxo de moitos dos conflitos, ledicias e curiosidades da historia. Un Vigo que non pode evitar destacar polo amor que sente coa cidade que a veu nacer.

 

Ledicia Costas completou as palabras dos seus compañeiros coa lectura do comezo da obra, que recorda que Vigo "é unha cidade poliédrica" e que a beleza e o amor ó mar é algo que non debemos esquecer. Por suposto, non puido evitar facer lembranza de Agustín Fernández Paz, un verniano declarado e amante de Vigo que, sen dúbida, gozaría moito de estar presente.

 

Unha presentación fermosa dunha novela que recorda un pouco a esencia de Vigo e que engade outra razón máis pola que Vigo debe ser unha parada indispensable no itinerario de calquera verniano.

 

 

 

Share on Facebook
Share on Twitter
Please reload

I'm busy working on my blog posts. Watch this space!

Please reload

Please reload

Soy un párrafo. Haz clic aquí para agregar tu propio texto y edítame. Es muy sencillo.

Goodreads
  • Black Facebook Icon
  • Black Twitter Icon
  • Black Instagram Icon

Versos do día

Suscríbete
Sígueme

Nombrar es reconocer que existe,

gracias y a pesar de mí.

Cuando tras mi frente genero una sílaba, 

defino, 

coloreo y cincelo, 

tal como suena tras el abdomen. 

Junto los labios para tallarlo, llenando la entrada. 

Ahogar su grito, ese dolor tras las costillas.

 

Mencionar es la primera maniobra. 

Para ello, cubriré todas las articulaciones. 

Los otros asentirán abriendo las comisuras. 

Flotará el polvo, semilla hundida. 

Maria González, en El hambre (Maclein y Parker, 2020)  (Fragmento)

David González Domínguez

Contacto : palabradegatsby@gmail.com