David González Domínguez

Contacto : palabradegatsby@gmail.com

Recensión : Manuel María, Antoloxía Poética

20/09/2016

 

 

 

Título : Antoloxía Poética

Autor : Manuel María

Escolma : Amalia Outeiro Portela e Darío Xohán Cabana

Editorial : Galaxia

ISBN:  9788498656664

Nº de páxinas: 244 páxs.

Esta antoloxía recolle unha mostra ampla da extensísima obra poética de Manuel María e da variedade dos seus temas e formas.

Resultado dun traballo de selección realizado por Amelia Outeiro Portela e Darío Xohán Cabana, que releron os poemas do sutor chairego sen perder de vista os destinatarios finais: todo tipo de lectores que se queiran achegar por primeira vez á poesía de Manuel María e tamén aquelesoutros que queiran revisitar poemarios lidos e poemas lembrados.
O libro complétase cun limiar, escrito polo poeta e académico Darío Xohán Cabana, no que se estuda de maneira sintética e accesible a obra de Manuel María, os seus diferentes períodos, temas e aspectos formais.

Achegarse a unha obra poética tan ampla como a de Manuel María, é un traballo farto complicado para calquera estudoso da literatura. Por suposto, máis complicado é achegar a un público maioritario a poesía dun dos poetas máis importantes da historia de Galicia. A complicación é aínda maior cando ten que explicarse o por que da eliminación ou selección duns poemas ou outros. Con todo, esta selección parece moi axeitada.

 

Enténdanme ben, eu non son un estudoso especialista da obra de Manuel María, nin sequera creo que existan. A gran cantidade de composicións e publicacións ás que temos a oportunidade de acceder, máis moitas inéditas que coido verán a luz nos próximos meses e anos, son mostra dunha dificultade enorme para o traballo crítico. Darío Xohán Cabana e Amelia Outeiro Portela non son unicamente estudosos da obra de Manuel María, senón que foron amigos persoais, polo que eles mellor que ninguén, poden organizar a produción poética do autor de Outeiro de Rey. 

 

O limiar que engade Darío Xohán Cabana presenta unha organización cronolóxica, o meu xuízo moi adecuada da poesía de Manuel María. Divide polo tanto a obra poética en catro "xeiras" que teñen en conta, tanto a data de publicación do libro, como o período no que se escribiu. É a maneira máis sinxela e correcta de pór orde a unha obra poética moi abundante e excesivamente variada. Non esquecen ningunha das preocupacións sobre as que o autor deixou imprenta sen representar. A poesía máis lírica, a máis política, a máis intimista, a de xuventude, os primeiros poemas, as reflexións, os poemas de amor, os poemas a Galicia, os poemas ós galegos... Todo está presente. 

 

Teño que confesar a miña debilidade polos poemas do libro Muiñeiro de Brétemas e nesta antoloxía están recollidos os máis importantes. Mostra, polo tanto, do gusto específico que senten os compiladores por esta obra. É complicadísimo facer unha selección de poemas e máis aínda tendo probables implicacións sentimentais con algúns. A poesía, como ben saben, é algo subxectivo pero creo que case todos os poemas están ben escollidos.

 

Esta Antoloxía Poética, achega ó lector con facilidade o mundo do poeta de Terra Chá e, co tempo, será un libro de referencia no estudo da súa traxectoria.

 

 

 

 

Share on Facebook
Share on Twitter
Please reload

I'm busy working on my blog posts. Watch this space!

Please reload

Please reload

Soy un párrafo. Haz clic aquí para agregar tu propio texto y edítame. Es muy sencillo.

Goodreads
  • Black Facebook Icon
  • Black Twitter Icon
  • Black Instagram Icon

Versos do día

Suscríbete
Sígueme

A miña beleza sinala co dedo,

espella os meus cristais,

ofende.

 

A miña beleza que intimida, 

que enerva sen falar,

que acovarda.

 

A miña beleza que prognostica,

que me eclipsa,

que me traizoa,

 

A que me vende barata,

a que amortiza os meus fallos,

que se me adianta.

 

A que levanta suspicacias,

a que disuade de min, 

que desvirtúa.
[...]

..

Yolanda Castaño, en Profundidade de campo (Espiral maior, 2007)