I'm busy working on my blog posts. Watch this space!

Please reload

Cuestionario lector : Diana Pastoriza

September 26, 2016

Hoxe traio un cuestionario un pouco particular. No sistema literario e artístico sempre recordamos os grandes xenios e personaxes que fan da cultura algo que non ten prezo. Pero non debemos esquecer que para que os grandes xenios perduren no imaxinario colectivo, alguén ten que seguir compartíndoos e disfrutándoos. Parafraseando un pouco a cita, cuxa autoría outorga a historia a Groucho Marx, "detrás cada gran obra, sempre hai un gran lector". Neste caso unha gran lectora.

 

 

Diana Pastoriza é unha lectora amante de todo o que poida definirse como "anything written from hand to heart" e procede da pequena vila galega de Santa Comba. A crítica literaria, o gusto pola fotografía, as postais e mesmo a creación artística, ten sempre o seu espazo no seu blogue "Palabras da man ao corazón". 

 

 

 

Compartindo un pequeno café e tentando arranxar os problemas, literarios e artísticos, por suposto, do mundo, Diana tivo un momento para responder a este cuestionario para que poidades coñecer un pouco máis da súa relación coa literatura.

 

1. Libro(s) que estás lendo agora mesmo

Cartas de cumpleaños (Ted Hughes), Morgana en Esmelle (Begoña Caamaño), Out of This Century. Confessions of an Art Addict (Peggy Guggenheim)

 

2. Libro(s) que te marcou/marcaron e por que

Supoño que todos buscamos emocionarnos coas lecturas, daquela marcáronme aqueles libros que me fixeron aflorar as emocións. Vou por orde cronolóxica vital:

 

Pippi Calzaslargas (Astrid Lindgren) porque era a miña heroína. Sempre soñei con ter un cabalo e ter unha maleta chea de moedas coma ela, para repartir xenerosidade.

 

Estudio en escarlata (Arthur Conan Doyle). Vivín namorada de Sherlock Holmes. Ese foi o libro que lin de último da serie de Holmes, e lembro o meu cabreo soberano cando con 13 anos descubrín que xa os lera e non había máis.

 

Veinte poemas de amor y una canción desesperada (Pablo Neruda) o primeiro libro de poesía que lin, con 12 anos.

 

Morrín de medo con Dracula (Bram Stoker) e Tales of Mystery and Imagination (Edgar Allan Poe).  Durmín unha semana coa luz prendida.

 

A Biblia, especialmente os libros de Salmos e Proverbios, e descubrir a Sept, unha estupendísima tradución ao galego que recomendo.

 

3. Se tivese que cear con algunha persoa importante no mundo da cultura (viva ou morta), sería con…. ¿Por qué?.

 

Maya Angelou. Encántame a súa escrita, pero sobre todo  a muller extraordinaria que foi: atráeme a súa forza, magnetismo e sentido do humor.

 

4. Personaxe inesquecible

Emily (de A Rose for Emily)

 

5. Libro de papel ou e-book?

Papel, sen dúbida!

 

6. Sitios favoritos para ler

Ao pé dun faro, nunha praia...

 

7. Se houbese un incendio na túa casa, e so poideses salvar do lume cinco libros, ¿cales serían os exemplares que escollerías?.

Ningún. Non creo que sacase nada do lume. O importante está na miña cabeza e no meu corazón.

 

8. Algunha anécdota que che pasase relacionada cos libros/a lectura

Ás veces vou lendo mentres camiño pola rúa. Un día ía polo paseo de Coroso  e tropecei nunha baldosa solta, unha señora que viña de frente botoume a man e díxome: “Neniña, deixa os libros que tanto ler non é bo para a cabeza...”

 

9. Aparte do blog, escribes algunha outra cousa?

Escribo moitas cartas, postais e notas, case diariamente. Tamén diarios persoais e de viaxe e algo de poesía e relato curto.

Share on Facebook
Share on Twitter
Please reload

Please reload

Please reload

Goodreads
  • Black Facebook Icon
  • Black Twitter Icon
  • Black Instagram Icon

Versos do día

Suscríbete
Sígueme

Ese instante que no se olvida
Tan vacío devuelto por las sombras
Tan vacío rechazado por los relojes
Ese pobre instante adoptado por mi ternura
Desnudo desnudo de sangre de alas
Sin ojos para recordar angustias de antaño
Sin labios para recoger el zumo de las violencias
perdidas en el canto de los helados campanarios.

Ampáralo niña ciega de alma
Ponle tus cabellos escarchados por el fuego
Abrázalo pequeña estatua de terror.
Señálale el mundo convulsionado a tus pies
A tus pies donde mueren las golondrinas
Tiritantes de pavor frente al futuro
Dile que los suspiros del mar
Humedecen las únicas palabras
Por las que vale vivir. 

[...]

Alejandra Pizarnik,  A la espera de la oscuridad. (Fragmento)

David González Domínguez

Contacto : palabradegatsby@gmail.com