I'm busy working on my blog posts. Watch this space!

Please reload

Recensión : Tomás González Ahola, Da fría e distante estrela polar

September 27, 2016

 

 

Título: Da fría e distante estrela polar
Autor: Tomás González Ahola
Editorial: Urco Editora

Selo : Alcaián
ISBN:  9788415699897
Nº de páxinas: 193 páxs

Sinopse :

 

Despois dunha municiosa escolma, xorde Da fría e distante estrela polar, antoloxía narrativa formada por dúas novelas curtas e catro relatos que se adaptan á pefección á liña editoral de Urco.

Hai segredos no cosmos que non debemos coñecer, máis tamén hai outros, quizáis, que xacen adurmiñados moi preto de nós. Unha vertixe numinosa invádenos cando ollamos os baleiros cósmicos e esas estrelas hostís e altivas, e preguntámonos se algunha vez chageremos aló, se algunha vez os seus moradores estiveron aquí.

Desde as primitivas sociedades cazadoras das estepas do norte extremos até as xentes dun futuro afastado e prometedor, persiste a crenza de que hai un camiño para nós, un ronsel trazado no ceo nocturno por criaturas ás que nun tempo chamaron divindades, noutro tempo monstros.

Quizais nunca obteñamos resposta, quizais nunca traduzcamos a mensaxe. Quzais nos extingamos sen nos achegar nunca aos eidos da fría e distante estrela polar.

Porén, quizais xa é tarde…

Da fría e distante estrela polar é a miña primeira incursión na narrativa de Tomás González Ahola. Unha publicación que bebe dos mitos, da cosmoloxía, da astroloxía e que busca a raíz máis terrorífica nas figuras máis aparentemente fermosas. Podemos ver nesta obra un interese polo oculto, polo pasado e mesmo polos segredos que se atopan tras calquera realidade. 

 

A obra é resultado dunha escolma de varios textos curtos, dende relatos ata novela curta, ó modo das Novelas exemplares de Cervantes ou Terra Brava de Ánxel Fole, sempre enlazados cun criterio temático pero tamén textual. Kalvala, Carboende, Roi Bernal reloxeiro especialista en reloxos xigantes, A tinta do señor Halti, A illa celeste e O berce vermello son os textos que compoñen a publicación. Non hai ningún aspecto inxustificado e as relacións entre eles outorgan ó volume a forma dunha antoloxía no que o terror é protagonista. O autor busca expresar o medo dos seres humanos ante o descoñecido ou simplemente ante todo o que non se poida expresar nin empírica nin teoricamente. Un terror irracional ante o irracional.

 

O estilo do autor fai da obra unha aventura desacougante. A miscelánea de relatos está traballada con teima e gran calidade narrativa. A selección léxica é moi significativa, sempre buscando ese clima de desacougo facendo de cada parágrafo unha clase maxistral do terror psicolóxico. A profundidade nas descricións e o ritmo áxil, fai dos relatos un traballo narrativo marabilloso.

 

Con todo, o máis destacado da obra é a polifonía. O autor introduce unha gran variedade de personaxes ós que outorga vida propia e permítelles intervir na novela sen ningún tipo de censura, sempre utilizando a primeira persoa, sexa en cartas, diarios ou como narradores da novela. Todos os relatos vitais dos protagonistas colócanse enriba da mesa e o lector sufre e comparte todos os recordos con eles.

 

Esta publicación de Urco déixame un bo sabor de boca, e a tentación de ler moito máis do autor. Da fría e distante estrela polar demostra que a tradición do relato curto en Galicia sigue tendo boa representación é que todos os medos irracionais do ser humano poden ter unha explicación, o problema é enfrontarse a verdade máis cruenta.

 

 

 

 

Share on Facebook
Share on Twitter
Please reload

Please reload

Please reload

Goodreads
  • Black Facebook Icon
  • Black Twitter Icon
  • Black Instagram Icon

Versos do día

Suscríbete
Sígueme

Ese instante que no se olvida
Tan vacío devuelto por las sombras
Tan vacío rechazado por los relojes
Ese pobre instante adoptado por mi ternura
Desnudo desnudo de sangre de alas
Sin ojos para recordar angustias de antaño
Sin labios para recoger el zumo de las violencias
perdidas en el canto de los helados campanarios.

Ampáralo niña ciega de alma
Ponle tus cabellos escarchados por el fuego
Abrázalo pequeña estatua de terror.
Señálale el mundo convulsionado a tus pies
A tus pies donde mueren las golondrinas
Tiritantes de pavor frente al futuro
Dile que los suspiros del mar
Humedecen las únicas palabras
Por las que vale vivir. 

[...]

Alejandra Pizarnik,  A la espera de la oscuridad. (Fragmento)

David González Domínguez

Contacto : palabradegatsby@gmail.com