Segundo Anfiteatro : Teatro do Morcego, Nosa señora das nubes. FETEGA 2016


Autor: Arístides Vargas Dirección: Celso Parada

Elenco:

Celso Parada: Óscar Josi Lage: Bruna Mundo Villalustre: Memé, Renán e Xan.

Sinopse :

O espectáculo céntrase no encontro de dous personaxes expatriados -Óscar e Bruna- nun espazo e nun tempo indeterminado. Por medio de recordos confusos e memorias fragmentadas buscan recuperar as historias vividas na súa patria, a lonxana Nosa Señora das Nubes, unha vila que só existe na memoria dos expatriados. O texto poético e cheo de humor fai reflexionar sobre as dictaduras, as guerras, o exilio e o desarraigo, tan presentes nestos tiempos. Ambos personaxes comparten anécdotas como exiliados, soños, necesidades ou frustracións.

Con Nosa señora das nubes de Teatro de Morcego, remato estas reviews sobre os espectáculos teatrais do FETEGA 2016. Esta obra foi a encargada de pechar a parte máis "dramática", no sentido restrinxido do termo, do festival. Con probabilidade foi unha das obras con máis público debido a participación nela de Josi Lage, unha actriz local e unha das organizadoras do festival.

Teatro do Morcego presenta o texto de Arístides Vargas abogando por unha representación máis moderna e galeguizando o seu contido. O texto é un drama sobre o exilio e as consecuencias do mesmo. Unha reflexión sobre a dureza de abandonar a propia terra e sobre o poder que ten a memoria e o acto de lembrar. Un texto sen acotacións que permite moitas interpretacións e moi práctico para unha posta en escena. O problema é cando desvirtúas o texto con ideas incorrectas.

A obra carece do que promete. O texto está desaliñado e as sucesivas escenas semellan máis sketches ou anuncios publicitarios que parte da obra. É certo que a idea xeral non se perde pese a todas as innovacións, pero o texto non está. A obra semella un drama por entregas e carece de substancia. A modernidade da posta en escena choca coa súa inxenuidade.

Respecto da galeguización do contido para achegalo máis o drama da emigración galega, non vemos nada. O feito de introducir música en galego, que semella máis portuguesa, e de ter o texto en galego non chega para crear a ilusión duns emigrantes galegos que senten morriña por abandonar a terra.

Os actores non amosan química entre eles e os personaxes están apagados. As actuacións individuais non son negativas pero o conxunto carece de vida. Os actores semellan traballar de forma individual, polo que vemos na posta en escena un traballo un pouco sucio. Os movementos moitas veces non parecen naturais. Teño que destacar que no trailer que ofrece a compañía, a actuación é mellor que no directo. No bolo que ofreceron neste FETEGA, pareceume esaxerada toda a xestualización e o timbre e o ton de voz dos actores.

A representación peca moitísimo de facer incidencia na parte cómica do espectáculo. Considero que está moi ben introducir aspectos cómicos, pero a comicidade fai perder o espectador a esencia do texto. A posta en escena consegue a simpatía do espectador, pero iso non pode supoñer nunca a carencia doutros aspectos.

Son partidario dos escenarios baleiros, creo que amosan unha intención de facer incidencia na teatralidade e focalizar a visión do espectador na obra. A compañía pretende facer incidir ó espectador na reflexión sobre o que pasa na escena. O problema reside en que está mal plantexada a historia, polo tanto o escenario semella pobre.

No positivo débese destacar a actuación de Mundo Villalustre, quen fai un gran papel como Memé e pon música a moitas das escenas. Outorga a nota máis triste e emotiva da obra e aínda que vese moi so como contrapunto do cómico, inqueda ó espectador.

En conclusión, a proposta de Teatro de Morcego non é a máis adecuada para o texto e deixoume un mal sabor de boca nun festival con actuacións bastante positivas. O espectador ten que reñir moito co que a escena amosa para chegar as ideas esenciais e iso remata por oscurecelo.

#Segundoanfiteatro

Soy un párrafo. Haz clic aquí para agregar tu propio texto y edítame. Es muy sencillo.

Goodreads
  • Black Facebook Icon
  • Black Twitter Icon
  • Black Instagram Icon

Versos do día

Suscríbete
Sígueme

 

 

 

creme

 

se desafío esta fame

é porque vivo con ela.

Regina Touceda, en deriva 

(Espiral Maior, 2020)  (Fragmento)

David González Domínguez

Contacto : palabradegatsby@gmail.com