I'm busy working on my blog posts. Watch this space!

Please reload

Presentación : A ira dos mansos de Manuel Esteban (Vigo, 07/10/16)

October 8, 2016

A librería Librouro (Eduardo Iglesias, 12) foi o lugar escollido para a presentación da novela gañadora do Premio Xerais de Novela 2016, A ira dos mansos de Manuel Esteban. Na mesa acompañaron ó autor a xornalista, e integrante do xurado neste premio Xerais de novela, Marta Gómez González e Manuel Bragado en representación de edición Xerais de Galicia. O acto tivo unha cantidade de asistentes sorprendentes, que abarrotaron todo o local. Unha nova mostra máis de que hai moitos lectores e que ven nesta novela unha interesante proposta.

 

Manuel Bragado fixo de mestre de cerimonias e abriu o acto recordando ó público a historia e prestixio que ten este marabilloso premio de novela. Un galardón que non ten o xénero negra como descoñecido, senón que novelas como Crime en Compostela de Carlos Reigosa ou Unha noite con Carla de Aníbal Malvar recibírono anteriormente con unha proposta similar. Tamén recalcou o marcado acento vigués que ten a narrativa galega actualmente, non só pola procedencia dos autores, senón porque a cidade esta a recuperar esa importancia na literatura que sempre tivo. Sinalou que a novela ten unha marcada tendencia cívica e social dentro do xénero negro e mesmo apuntou que recordaba "as novelas de Mankell"

 

Marta Gómez González agasallounos cunha ollada lectora da novela. Incidiu na calidade da prosa pese a condición de "descoñecido" do autor, na construción dos personaxes, na empatía que xeran algún deles no lector ou a adición que causa a súa lectura. Sinalou tamén o sentido de homenaxe os traballadores da organización de DownVigo a través do personaxe de Lorena. Declarouse namorada desta novela dende que "eran pouco máis que uns folios grampados" e desexoulle tanto a autor coma novela unha boa viaxe no mundo das letras.

 

O autor tivo unha intervención breve pero certeira. Sinalou que a súa novela non foi produto dunha intención creativa, senón da necesidade de contar mediante palabras e de liberar todas as frustracións e tensións do día a día. A ira dos mansos "comezou sendo un de moitos relatos e "foi crecendo ata que rematou sendo unha novela". Eses relatos sempre tiveron como inspiración e protagonismo o seu fillo Antón, que sofre síndrome de Down. Un fillo que lles cambiou a vida, pero ó que axudan diariamente a derrubar todas as dificultades coas que se atopa no camiño. Recordou tamén o marcado protagonismo que teñen os enfermos de síndrome de Down na novela e presentounos brevemente os diferentes personaxes da mesma. Por último, pechou o acto cunha fermosa cita de Mil leguas de viaxe submarina.


 Foi un acto breve pero o mensaxe foi claro. Todos os asistentes que aínda non tiñan o libro achegáronse a mercar o seu exemplar e levalo asinado polo autor. Todos os presentes co desexo de chegar as súas casas e somerxerse neste Vigo cheo de intrigas e asasinatos xunto co inspector Carlos Manso.

 

Share on Facebook
Share on Twitter
Please reload

Please reload

Please reload

Goodreads
  • Black Facebook Icon
  • Black Twitter Icon
  • Black Instagram Icon

Versos do día

Suscríbete
Sígueme

Ese instante que no se olvida
Tan vacío devuelto por las sombras
Tan vacío rechazado por los relojes
Ese pobre instante adoptado por mi ternura
Desnudo desnudo de sangre de alas
Sin ojos para recordar angustias de antaño
Sin labios para recoger el zumo de las violencias
perdidas en el canto de los helados campanarios.

Ampáralo niña ciega de alma
Ponle tus cabellos escarchados por el fuego
Abrázalo pequeña estatua de terror.
Señálale el mundo convulsionado a tus pies
A tus pies donde mueren las golondrinas
Tiritantes de pavor frente al futuro
Dile que los suspiros del mar
Humedecen las únicas palabras
Por las que vale vivir. 

[...]

Alejandra Pizarnik,  A la espera de la oscuridad. (Fragmento)

David González Domínguez

Contacto : palabradegatsby@gmail.com