Recensión : Xosé Duncan, Negruña

19/10/2016

 

Título: Negruña

Autor: Xosé Duncan

Ilustracións : Segismundo Rey

Editorial: Urco Editora

ISBN: 9788415699873

Nº de páxinas: 321 páxs

Sinopse:

 

Unha cidade non é máis que o reflexo das almas dos seus habitantes e, cando unha podrece, as outras déixanse arrastrar até o extremo máis escuro e vil. Pasaron moitos séculos desde que A Coruña se converteu en Negruña, deseñada e pensada para ser máis eficaz dentro da economía do Consorcio de Cidades, mais gobernada e dirixida polos mesmos ineptos de sempre.

Hoxe en día son moitos os que se embarcan en facer distopías, sen dúbida, o subxénero máis de moda na literatura destes primeiros anos do século XXI. O auxe deste xénero ven dado pola situación política que vive o mundo e, en concreto, o noso país. Nestas novelas moitos lectores buscan unha análise indirecta do mundo de hoxe, o mesmo tempo que os autores buscan, libres de censura, facer crítica e satirizar as ironías da sociedade moderna.

 

Os representantes da nova escola adícanse a crear novelas cheas de tópicos e de personaxes planos, con tal de crear un mundo que sexa vendible e se pode ser que teña unha adaptación cinematográfica. Imos falar claro, facer da desgraza e a miseria da humanidade un negocio. O que temos claro é que esas novelas non valen nada e, con seguridade, grandes autores coma Bradbury, Orson Scott, Huxley ou Orwell reméxense no seu sepulcro ó ter escoitado títulos como The Hunger Games, Divergent o The Road. Como na música, na literatura o que realmente gusta é a vella escola. Os que realmente entenden do que falan. Con todo, entre todo este escuro panorama, ás veces, faise a luz e xorden traballos ben feitos. Negruña de Xosé Duncan é un deses.

 

 

 


Lonxe de atopar un protagonista principal plano ou a muller forte, independente e "pateacús", entre outros tópicos que aparecen na miña mente, en Negruña temos unha interesante variedade de personaxes. Si, escoitaches ben, personaxes. A cantidade de personaxes en Negruña é inmensa pero iso vai en consonancia coa inxente cantidade de subtramas que podemos atopar. Non pensedes que iso pode producir descoidos na caracterización. Os personaxes teñen un tratamento tan realista e diverso que fai da lectura un traballo de psicoloxía innegable. Os seus comportamentos son tan racionais como irracionais pero iso é o que os fai realmente humanos. Son fillos do seu tempo e contexto situacional, pese a iso, o medo e a inseguridade non os fan exentos de coraxe e ansia de liberdade. Se teño que destacar un trazo dos personaxes en conxunto, este sería a súa faceta de antiheroes. A loita é sempre individual buscando unha vinganza contra aquilo que a cadaquén afecta. Esas tramas de vinganza individual suporán unha conciencia colectiva que rematará cunha revolución violenta.

 

A introdución da fantasía foi outro dos elementos que me sorprenderon, non imaxinara que ían ter tan boa acollida na novela. A fantasía dálle un toque moito máis desacougante a trama e dótaa dun misterio inusitada. Con todo, é un complemento que axuda a comprender moitos dos feitos e que non desluce o traballo distópico. Isto tamén xustifica unha estrutura en forma de caixas chinesas na que presenciamos distintas accións en tempos e localizacións xeográficas distintas. Esta novela caracterízase pola harmonía dos seus diversos elementos e esa ousadía é premiada cun traballo sensacional.
 

Con todo, a xoia da coroa desta novela é o mundo que crea o autor. Coru... Negruña é unha inmensa cidade dividida en moitos distritos que caracterízanse por un certo tipo de traballo ou unha orde social. Os espazos públicos e privados están ben delimitados e o sistema político é o habitual dun goberno ditatorial pero con certas melloras engadidas. As descricións de interiores e exteriores están feita con teima e con grande realismo pero sempre renunciar a súa funcionalidade no relato. Aparecen novas ferramentas, vehículos e maquinaria que, acompañada sempre dunha magnifica instrución de usos e compoñentes, fai as delicias dos afeccionados ós mundos ben construídos. Toda aparencia con certa cidade do norte de Galicia restrínxese a rúas, locais e monumentos arquitectónicos.
 

Podemos dicir, sen posibilidade de erro, que a denuncia social e política de Orwell ou Huxley está ben representada en Negruña. A sátira clasista, a demonización dos gobernos corruptos, a análise da tiranía, os efectos dunha política incorrecta ou o engano a poboación, teñen a súa vixencia na novela. Considero que en Negruña dáse un proceso de deshumanización dos seus habitantes por parte do poder local. Os habitantes da cidade traballan como pequenas formigas ó servizo dun goberno que vende favores e tenta entretelos dos seus pensamentos, eliminando o ámbito público, o social é a propia cultura. Non sei de que me soarán a min esas cousas. Coido que as teño lido antes.

 

O dia transcorría tranquilo e lento na vida da urbe. (...) Os representantes da clase alta exhibíanse indolentes nos locais de ocio mentres o resto da poboación se fechaba nas súas casas, unha vez rematados os horarios permitidos para o cambio dos seus vales nos pequenos comercios do barrio. Así era como funcionaba Negruña cos seus habitantes, como unha nai que marcaba claras diferenzas entre as súas crianzas. E cando un deles estaba sinalado como bastardo desde cativo, non había xeito de que deixase de ser un marxinado, condenado a pasar o resto dos seus días soterrado na miseria. (Negruña, p. 97)

 

 

Xosé Duncan dota a súa novela dun estilo sinxelo e ben traballado, con diálogos áxiles e cunha dispositio que facilita a lectura. O tratamento das escenas é sempre coherente, outorgando patetismo e ton satírico as situacións máis cínicas e un ton incómodo e, incluso, desagradable, as máis violentas. A historia é desacougante e misteriosa de principio a fin e iso condiméntase cunha prosa que avoga polo descritivismo das formas e un escuro cromatismo e ton case fúnebre, que as ilustracións de Segismundo Rey, amais de embelecer a edición, tamén transmiten.
 

En definitiva, Negruña é unha novela extensa que mestura moitos elementos e é, tamén, froito dunha imaxinación delirante. Unha historia que precisa dunha lectura sosegada ,e se pode ser con anotacións, xa que a cantidade de personaxes e localizacións fai que a acción de ler sexa tamén un traballo do lector. É unha criatura que debese coidar e tratar con delicadeza para que de todo o seu potencial. Unha obra das de antes, das que molan, das que soan a vello rockeiro. Duncan chega para non marchar, podedes quedar tranquilos.
 

 

 

 

 

 

Share on Facebook
Share on Twitter
Please reload

I'm busy working on my blog posts. Watch this space!

Please reload

Please reload

Soy un párrafo. Haz clic aquí para agregar tu propio texto y edítame. Es muy sencillo.

Goodreads
  • Black Facebook Icon
  • Black Twitter Icon
  • Black Instagram Icon

Versos do día

Suscríbete
Sígueme

Nombrar es reconocer que existe,

gracias y a pesar de mí.

Cuando tras mi frente genero una sílaba, 

defino, 

coloreo y cincelo, 

tal como suena tras el abdomen. 

Junto los labios para tallarlo, llenando la entrada. 

Ahogar su grito, ese dolor tras las costillas.

 

Mencionar es la primera maniobra. 

Para ello, cubriré todas las articulaciones. 

Los otros asentirán abriendo las comisuras. 

Flotará el polvo, semilla hundida. 

Maria González, en El hambre (Maclein y Parker, 2020)  (Fragmento)

David González Domínguez

Contacto : palabradegatsby@gmail.com