I'm busy working on my blog posts. Watch this space!

Please reload

Reto literario: Gatsbyween 2016

October 22, 2016

Esta semana nace o reto Gatsbyween 2016, que pretende amosar que na literatura sempre hai lugar para o horror e o desacougo. Neste reto falaremos dunha obra cada día da semana, dende o Luns 24/10/2016 ata o Luns 31/10/2016.

 

Para que esta semana se leve con amenidade e teñamos novelas para todos os gustos, teremos entradas no blogue de clásicos da novela pulp, gótica e a máis terrorífica, xunto con novas voces do panorama nacional e internacional.

 

 

Gustaríame que, se queredes facer calquera comentario das novelas que imos presentando esta semana, ou recomendar outras que vos parezan interesantes, participedes mediante o hastag #gatsbyween. Invítovos tamén a propoñer contidos e novos retos.

 

 

Luns 24/10/2016 =  García Díaz, Cecilia. Araneida : La fortaleza de los deseos

Martes 25/10/2016 = Lovecraft, H.P. A chamada de Cthulhu e outros contos de terror cósmico

Mércores 26/10/2016 = Chessex, Jacques. El vampiro de Ropraz

Xoves 27/10/2016 = Duncan, Xosé. Hostal Norte

Venres 28/10/2016 = Allan Poe, Edgar. La caída de la casa Usher

Sábado 29/10/2016 = Fernández Paz, Agustín. Cartas de inverno

Domingo 30/10/2016 = King, Stephen. Riding in the bullet

Luns 31/10/2016 = Recomendacións literarias

 

A intención de este reto é facer unha humilde e sentida homenaxe a Agustín Fernández Paz (1947-2016), que se declarou sempre deudor das lecturas deste xénero e de escritores como Poe e Lovecraft. Precisamente deste último, eu coñecín a súa existencia grazas a moitos chíos e opinións de Agustín sobre a súa obra. Un home que gustaba moito de ler e que me fíxo gozar da lectura dende cativo coas súas historias. Creo que a mellor forma de rendirlle tributo é falando de lecturas dun xénero con influencia indiscutible na súa obra.

 

Agustín Fernández Paz (Vilalba, 1947 - Vigo, 2016) é unha das figuras máis destacadas da literatura galega contemporánea. Profesor e escritor desenvolveu un ampla obra narrativa, na súa maior parte publicada por Edicións Xerais de Galicia, traducida e recoñecida cos máis importantes premios. Deuse a coñecer en 1989 co libro de contos A cidade dos desexos, o primeiro na colección Merlín de literatura infantil, da que foi fundador e codirector, ao que seguiron As flores radioactivas (1990), Premio Merlín 1989; Contos por palabras (1991), relatos, Premio Lazarillo 1990, Lista de Honra do IBBY 1992, seleccionado entre a centena de títulos considerados como os mellores da literatura infantil do século XX; Rapazas (1993), relatos; Trece anos de Branca (1994), Premio Edebé de literatura xuvenil 1994; Cartas de inverno (1995), Premio Rañolas ao mellor libro xuvenil; Amor dos quince anos, Marilyn (1995), O centro do labirinto (1997), O laboratorio do doutor Nogueira (1998). Cos pés no aire (1999), Premio Raíña Lupa; Aire negro (2000), novela Lista de Honra do IBBY 2002, Lista The White Ravens 2004 e Premio Protagonista Jove 2001; No corazón do bosque (2001) ; Un tren cargado de misterios (2001), Noite de voraces sombras (2002); A praia da esperanza (2003) ; O meu nome é Skywalker (2003), Premio Barco de Vapor; Tres pasos polo misterio (2004) ; Fantasmas no corredor (2005), conto; Corredores de sombra (2006), Premio Frei Martiño Sarmiento; O único que queda é o amor (2007), Premio Nacional de literatura infantil e xuvenil, Premio Neira Vilas da AGE, Premio da AELG, Premio Frei Martiño Sarmiento; Lúa do Senegal (2009), novela, Premio da AELG; Valados (2009); Non hai noite tan longa (2011), novela, Premio Ánxel Casal 2011, Premio Losada Diéguez 2012 e Premio Irmandade do Libro 2012; Fantasmas de luz (2011), Premio da Crítica Galicia 2012; Desde unha estrela distante (2013) ; A viaxe de Gagarin (2014), Premio Ánxel Casal 2015, Premio AELG 2015 e Premio da Crítica Galicia 2015; A neve interminable (2015), Premio Frei Martín Sarmiento 2016 e O soño do Merlo Branco (2016).

A maior parte da súa obra está traducida a todas as linguas ibéricas, coreano, árabe, francés, chinés, búlgaro, bretón, italiano e inglés. Entre outros recoñecementos á súa traxectoria, recibiu o Premio Irmandade do Libro (2003); o Premio Xosé María Álvarez Blázquez (2008), a Letra E (2009) da AELG; e en 2011 recibiu o Premio Iberoamericano SM de Literatura Infantil e Xuvenil. Foi o candidato da OEPLI ao Astrid Lindgren Memorial Award; en 2011 foi escollido pola OEPLI como o candidato español ao Premio Andersen 2012 e en 2015 a AELG propúxoo como candidato ao Premio Nobel de Literatura.

 

Espero que esta iniciativa vos guste e disfrutedes tanto dela coma min. Levou moito tempo de traballo organizar as lecturas e traballar nelas, pero fíxeno coa mellor das intencións. Penso que vos gustará.

 

Nin Halloween, nin Samaín, o que mola é o Gatsbyween!

 

 

Share on Facebook
Share on Twitter
Please reload

Please reload

Please reload

Goodreads
  • Black Facebook Icon
  • Black Twitter Icon
  • Black Instagram Icon

Versos do día

Suscríbete
Sígueme

Ese instante que no se olvida
Tan vacío devuelto por las sombras
Tan vacío rechazado por los relojes
Ese pobre instante adoptado por mi ternura
Desnudo desnudo de sangre de alas
Sin ojos para recordar angustias de antaño
Sin labios para recoger el zumo de las violencias
perdidas en el canto de los helados campanarios.

Ampáralo niña ciega de alma
Ponle tus cabellos escarchados por el fuego
Abrázalo pequeña estatua de terror.
Señálale el mundo convulsionado a tus pies
A tus pies donde mueren las golondrinas
Tiritantes de pavor frente al futuro
Dile que los suspiros del mar
Humedecen las únicas palabras
Por las que vale vivir. 

[...]

Alejandra Pizarnik,  A la espera de la oscuridad. (Fragmento)

David González Domínguez

Contacto : palabradegatsby@gmail.com