I'm busy working on my blog posts. Watch this space!

Please reload

Recensión : Francisco Castro, Chamádeme Simbad

November 4, 2016

 

Título : Chamádeme Simbad

Autor : Francisco Castro

Ilustrador : Manel Cráneo

Editorial : Galaxia

Colección : Árbore

ISBN: 9788498651478

Nº de páxinas: 188 páxs.

Sinopse : 

 

O avó fai cousas raras. Esquécese de todo. Cámbialle o nome a todo o mundo. Incluso ao seu neto. Que se chama Paulo, pero que para o avó é Simbad o Mariñeiro.

As cadeiras son barcos e os piratas rodéanos por todas partes. E hai filibusteiros inimigos alí onde mires. Os adultos, coa súa mirada de adultos, non poden entender nada. Pero Paulo sí que comprende o avó. Porque é un neno con mirada de neno. El é o único que o entende. El é o único que, cando as cousas se poñan feas, vai saber como actuar.

Paulo, ou Simbad o Mariñeiro, tanto ten, loitará contra a enfermidade do avó, contra dos adultos e, sobre todo, contra do egoísmo.

Xa dicia R.L.Stevenson (1850-1894) :  "Tanta prisa temos por facer, escribir e deixar de escoitar a nosa voz no silencio da eternidade, que esquecemos o único realmente importante: vivir".

 

A verdade é que esta cita, di moito da realidade social na que vivimos. Tanto hai que facer e tantas as preocupacións terrenais que moitas veces esquecemos a parte máis vital da propia vida. Chamádeme Simbad é unha historia destas que exemplifican perfectamente a realidade e a emoción de vivir.

 

O avó sofre alzheimer, unha enfermidade que non ten cura posible e que pouco a pouco vai esquecéndose de nomes, de feitos ou de lugares. Moitas veces é temporal, pero noutras esquece cousas de maneira definitiva. O vínculo que ten co seu neto, ó que el chama Simbad, faise máis forte ó longo desta historia pola aventura que ambos viven.

 

 

Estes personaxes teñen en relación a necesidade de gozar da vida. Paulo como neno, goza dese infantilismo que todos precisamos na vida. Valora todo o que se lle da, por pequeno que sexa, e ve toda a súa vida como un xogo no que está moi contento de participar. O avó quere ó seu neto e para el, é a razón máis importante para vivir. En ningún momento é xulgado polos seus comportamentos e nin visto como un estorbo na súa casa. Acontecementos que poderemos ver na novela farán que comece unha nova aventura para eles, un xogo de pequenos enigmas e aventuras na que todos os personaxes descubrirán o máis importante da vida : vivir.

 

Non hai que esquecer que esta historia está adicada a un público infantil. Francisco Castro consegue crear un relato tan tenro como emotivo, de fácil lectura e con períodos sintácticos breves e sinxelos que permiten unha mellor aceptación por parte dos máis novos. O tratamento da sensibilidade infantil e o humor dálle aínda máis realidade o contido e conforma un bo e moi divertido produto infantil.

 

O tema do alzheimer é un dos principais na novela. O avó sofre esa enfermidade e produce nos personaxes dous tipos de reaccións: unha sería a do neno, de axuda e sobreprotección, outra a dos pais, lamento e despreocupación. O importante é que esa enfermidade consegue unir a toda a familia e recordar a todos a emoción de camiñar polas sendas da vida. O autor consegue que un tema tan complexo sexa comprensible para un público infantil grazas as directas e breves explicacións que da. O traballo e as preocupacións do día a día non son importantes, a obra que realmente queda de nós é o amor.

 

Nesta novela hai moito de amor. Para min, hai un evidente protagonismo do amor paterno-filial. Ese vínculo que pese a que algúns personaxes esquezan, é o máis importante das súas vidas. A emoción de querer e ser querido é algo que non se poder mercar nin conseguir doutra maneira. Os sentimentos están tan ben tratados nesta novela que é complexo non simpatizar con esta situación, que ó principio semella dura, pero que non o é tanto.

 

Non podemos esquecer que esta tamén é unha novela de piratas e aventuras. Paulo como Simbad o mariño, terá que rescatar ó seu avó dos filibusteiros. Nunha aventura con enigmas e cofres con tesouros terá que atopar as pezas para rescatar ó avó do esquecemento, tanto de sí mesmo como da propia familia.

 

En definitiva, esta historia de Francisco Castro presenta un cóctel de didactismo e vitalismo a partes iguais. Unha novela pequena para o seu público máis infantil pero que aborda grandes dimensións da sensibilidade humana. Sen dúbida, un acerto para calquera público e un convite a reflexión e a reconsiderar o valor da nosa propia vida.
 

Share on Facebook
Share on Twitter
Please reload

Please reload

Please reload

Goodreads
  • Black Facebook Icon
  • Black Twitter Icon
  • Black Instagram Icon

Versos do día

Suscríbete
Sígueme

Ese instante que no se olvida
Tan vacío devuelto por las sombras
Tan vacío rechazado por los relojes
Ese pobre instante adoptado por mi ternura
Desnudo desnudo de sangre de alas
Sin ojos para recordar angustias de antaño
Sin labios para recoger el zumo de las violencias
perdidas en el canto de los helados campanarios.

Ampáralo niña ciega de alma
Ponle tus cabellos escarchados por el fuego
Abrázalo pequeña estatua de terror.
Señálale el mundo convulsionado a tus pies
A tus pies donde mueren las golondrinas
Tiritantes de pavor frente al futuro
Dile que los suspiros del mar
Humedecen las únicas palabras
Por las que vale vivir. 

[...]

Alejandra Pizarnik,  A la espera de la oscuridad. (Fragmento)

David González Domínguez

Contacto : palabradegatsby@gmail.com