I'm busy working on my blog posts. Watch this space!

Please reload

Miguel Cuba: "Apetecíame facer unha historia que prestase atención á cotidianidade da xente anónima"

November 21, 2016

Miguel Cuba Taboada (Lugo,1982) é doutor en Belas Artes pola Universidade de Vigo. Ao longo da súa traxectoria disfrutou, entre outras, de becas artísticas na Casa Velázquez en Madrid (2015), no Colexio de España en París (2014) ou na Academia de España en Roma (2012-2013). Obtivo galardóns en certames como o Isaac Díaz Pardo (2013), Xuventude Crea (2010 e 2012) ou Novos valores (2009). De entre as súas exposicións individuais cabe destacar Iconville. La ciudad de los signos (Galería Metro, Santiago de Compostela, 2012), Punto de fuga (Galería 9the13, A Coruña, 2011), o Visiones de Babilonia (Galería 9the13, A Coruña, 2010). Como ilustrador, realizou numerosas publicacións e colaborou con distintas revistas. En 2011 editou a súa primeira novela gráfica, Punto de fuga, premiada cunha das Axudas para a creación de banda deseñada de la Xunta de Galicia.

 

 

Fotografía : Laura Cuba
 

 

 

 

1.    ¿Que é a banda deseñada para Miguel Cuba?
Un medio de expresión artística con tremendas posibilidades. Coido que con todo o que se ten feito, apenas se exploraron as potencialidades do medio. Nos próximos anos a mistura con outras disciplinas artísticas pódenos deparar grandes obras.

 

2. Punto de Fuga é unha obra de…
Punto de fuga é unha novela gráfica de contido social que pretende captar as problemáticas da vida dun rapaz afectado polas circunstancias político-económicas dos últimos tempos.

 

3. ¿Cando e como naceu a idea de crear esta obra?
Xurdiu xa hai uns anos, no 2010. Quería retratar o enfado xeralizado polo que estaba a pasar. Apetecíame facer unha historia que prestase atención á cotidianidade da xente anónima, sen aventuras nin grandes acontecementos, e que a pesar dese tono costumista resultase amena e atractiva. Ademáis, sentía que non se lle daba voz a un colectivo numeroso na actualidade: xente nova moi preparada, próxima ao ámbito universitario ou ao artístico, que xa non son estudantes pero que non conseguen incorporarse á vida laboral.

 

4. Punto de Fuga escapa de todos os clichés do xénero, presentándose valentemente como unha obra que fai que a viñeta e a realidade coincidan. ¿Considera que Punto de Fuga é o comezo dunha maneira nova de pensar o xénero?
Gústanme moito as novelas que se esforzan por captar a cotidianidade dos personaxes, alén dos grandes sucesos. Esas historias do día a día, sen aventuras, que prestan atención aos detalles nimios que definen as nosas rutinas, son dignas de ser contadas e poden atopar moita empatía no lector. Coido que o tono e o tempo narrativo de Punto de fuga son uns dos seus aspectos máis orixinais. Hai varios autores e tebeos que prestan atención a estas cousas, pero aínda así non son moi haituais.

 

 

 

5. ¿Como definiría o estado da banda deseñada en Galicia? 

Desde hai anos, o estado da BD galega é excepcional por varios motivos: a calidade de autores de varias xeracións (de Prado ou Das Pastoras a Cráneo, Rubín, Emma Ríos ou Jose  Domingo, e xente máis nova como Xulia Vicente), a importantísima labor dalgúns editores (Demo Editorial, Fosfatina etc.), o éxito de eventos como o Autobán, o pulo de programas como As Metrópoles delirantes, ou a presenza, por fin, da BD no ámbito académico universitario. Agardo que as institucións tomen consciencia do patrimonio que ten aí Galicia, porque cunha aposta máis forte neste eido pódese converter nun referente importante. Se as axudas non chegan, a cousa quedará nun momento de esplendor pasaxeiro, e iso sería unha tremenda oportunidade perdida.

 

6. ¿Cree que as editoriais apoian as novas promesas na banda deseñada?
Eu puiden editar Punto de fuga con Demo pola valentía dun editor como Manel Cráneo, que se lanza de cabeza por aquelas historias que lle gustan, e que aposta constantemente por xente nova. Lóxicamente, non todas son así. Hai outras que prefiren traducir obras que xa triunfaron no extranxeiro, o cal tamén é necesario. De calquera xeito, o sector editorial pasa por un momento moi delicado, véndese pouco e iso condiciona moito o que se publica.

 

7. ¿Cree que cada vez máis variedade de xente consume banda deseñada, ou que aínda este mundo pervive grazas a un perfil clásico de lector?
Estase a ampliar o abanico de lectores, sobre todo debido ao éxito da novela gráfica. Hai obras que cambiaron o xeito en que o público ve este medio, está por ver se estes novos lectores permanecen, ou só se trata dunha moda. Eu confío en que o cómic esté cada vez máis presente en todos os ámbitos, e que non perda os xa gañados.

 

8. Na banda deseñada aplícase o dito de que unha imaxe ten máis valor que mil palabras. ¿Significa isto que o texto está de mais?
É evidente que pode haber BD sen texto, pero non BD sen imaxe, é unha das características do medio, pero en moitas ocasións o texto é moito máis interesante que a parte gráfica. Moitos tebeos son considerados obras mestras esencialmente polo guión, non polo debuxo.

 

9. ¿Cómo é o proceso de creación para ti? ¿Tes algún proxecto na cabeza?. 
Teño varios en marcha, pero o meu proceso de traballo é moi lento e, sobre todo, nos últimos anos diversifiquei moito as miñas actividades. Comecei moitas cousas e todo se ralentizou, pero agardo que pronto poida presentar algunha novidade.

 

10. Os prexuízos contra a banda deseñada sempre estiveron moi presentes na historia do xénero. O seu valor literario e incluso artístico foi moitas veces desprestixiado. ¿Ten algo que envexar este xénero a outros?
Como dicía ao comezo, a min paréceme un medio con enormes posibilidades. Coido que agora comezamos a ver algo de todo o que pode chegar a dar. Cada vez hai maís xente probando cousas moi diferentes. Para min, o cómic está nun momento de entusiasmo creativo e penso que a mistura con outras linguaxes e con profesionais doutros medios vai ser tremendamente enriquecedora.

 

Título: Punto de Fuga
Autor: Miguel Cuba
Editorial: Demo Editorial
ISBN: 9788493699352
Nº de páxinas: 80 páxs

 

 

 

 

 

 

 

Sinopse :
 
<<`Punto de Fuga' fala de realidades ben próximas, dalgúns dos conflitos cotiáns dun grupo social e xeracional claramente identificable, da desorientación, as contradicións, as dúbidas de personas que están día a día ao noso carón, se non somos nós mesmos versións do protagonistas da historia ou dalgún dos seus amigos e compañeiros. [...]
 
Déixanos diante dun paradigma desta xeración en crise, un anaco de vida con selo de autenticidade, en tempo presente e impreciso futuro, lonxe dos tan abondosos e reiterativos relatos de postadolescentes nostálxicos, dos exercicios autobiográficos compracentes e triviais.
 
Miguel Cuba amosa nesta obra todas as súas potencialidades como autor de cómic e fai unha achega madura, necesaria e importante á banda deseñada galega.>> Miguelanxo Prado

 

 

 

Se queres ver a miña opinión sobre ela, fai click aquí

Share on Facebook
Share on Twitter
Please reload

Please reload

Please reload

Goodreads
  • Black Facebook Icon
  • Black Twitter Icon
  • Black Instagram Icon

Versos do día

Suscríbete
Sígueme

Ese instante que no se olvida
Tan vacío devuelto por las sombras
Tan vacío rechazado por los relojes
Ese pobre instante adoptado por mi ternura
Desnudo desnudo de sangre de alas
Sin ojos para recordar angustias de antaño
Sin labios para recoger el zumo de las violencias
perdidas en el canto de los helados campanarios.

Ampáralo niña ciega de alma
Ponle tus cabellos escarchados por el fuego
Abrázalo pequeña estatua de terror.
Señálale el mundo convulsionado a tus pies
A tus pies donde mueren las golondrinas
Tiritantes de pavor frente al futuro
Dile que los suspiros del mar
Humedecen las únicas palabras
Por las que vale vivir. 

[...]

Alejandra Pizarnik,  A la espera de la oscuridad. (Fragmento)

David González Domínguez

Contacto : palabradegatsby@gmail.com