I'm busy working on my blog posts. Watch this space!

Please reload

Recensión : Edward Bulwer-Lytton, A casa e o cerebro

November 30, 2016

 

 

Título : A casa e o cerebro

Título orixinal : The house and the brain

Autor : Edward Bulwer-Lytton

Traductor: Alejandro Tobar

Editorial: Hugin e Munin

ISBN:  9788494442285

Nº de páxinas: 76 páxs

Sinopse:

 

Esta curiosa peza da literatura inglesa consta de dúas partes claramente diferenciadas: a primeira e maior adopta o formato clásico das historias de casas encantadas, é dicir, por circunstancias azarosas chega a oídos do protagonista que existe unha casa en Londres na que ninguén logrou pasar máis de tres noites. Entón, movido pola curiosidade, postúlase como inquilino, coa única compañía do seu criado e mais do seu querido bull terrier. A orixe do fenómeno debe ser desentrañada. Nesa pescuda do sobrenatural irán aparecendo pouco e pouco conceptos tales como o mesmerismo, a inmortalidade ou a vontade humana, que serán abordados dende unha óptica ocultista na segunda parte, onde o ton da narración e o interese da trama mudan de forma radical.

Como ben sinala H. P. Lovecraft no seu ensaio Supernatural Horror in Literature
(1927), «é innegable o talento de Bulwer-Lytton á hora de conformar un certo e estraño encanto», talento que lle permitiu facer de A casa e o cerebro «un dos mellores relatos sobre casas encantadas».

É xa unha tradición dende o nacemento da novela gótica, que o estraño e o descoñecido sexa materia de interese para os escritores. A escuridade concentra todos os medos do ser humano simplemente polo mero feito de non estar mediados por algo de luz. As casas abandonadas sempre foron lugares tópicos onde concentrar toda esa estrañeza, xa que o que non esta habitado sempre é inquietante e mantívose como sinónimo de terror na cultura actual.
 

Persoalmente, lin moitos relatos sobre casas encantadas e os tópicos que nela se encontran, pero A casa e o cerebro foi toda unha sorpresa. Principalmente xa polo propio título, que indica un factor biolóxico e orgánico que non vin nunca noutros relatos de este xénero e que posteriormente comentaremos. Unha historia cun gran peso do psicolóxico e da importancia do propio autoanálise.

 

>> Permíteme tan só que che diga unha cousa: o que nos desconcertou non foi tanto o que vimos ou escoitamos (a ese respecto, é lóxico que supoñas que nos afectou a nosa propia conturbación ou que fomos vítimas das imposturas doutros), coma o indescritible arrepío que prendeu en ambos non ben atravesamos o limiar da porta dunha determinada estancia sen amoblar..., na cal non vimos nin escoitamos ren. E o máis asombroso de todo foi que, por unha vez na vida, estiven de acordo coa miña esposa (por máis que ela non teña moitas luces) e admitín, pasadas as tres primeiras noites, que sería imposible permanecer unha cuarta naquela mansión.<< (páx. 8)

 

A casa e o cerebro é un exemplo dun relato de terror psicolóxico, con seguridade, o exemplo perfecto para expresar ese termo. Este texto pode funcionar mesmo como un ensaio sobre a construción do terror como reacción mental ante o descoñecido. O noso narrador, enfróntase tantas veces con esa sensación que é capaz de analizala de maneira racional. Sorprende que un personaxe nunha novela tente actuar mediante unha análise racional e case cientifista da propia realidade allea. O normal noutros casos, é escapar do que provoca terror ou combatelo fisicamente, no caso dalgún valente, pero non é habitual combater a escuridade e o terror coa razón, aínda que lembre a un tópico do XVIII. 
 

(...) E entón, consonte medraba dentro de min a impresión descrita, ao cabo... aniñou en min o horror... Un horror indescritible con meras palabras. Así a todo, enarborei un chisco de orgullo -se non de coraxe- e dixen para min: <<Isto é horror, pero non é medo. A non ser que tema, non sufrirei dano ningún. A miña razón rexeita o que sucede; é unha ilusión...Non me impón ningún medo.>> (páx. 31)

 

De feito, o mellor desta historia é a análise que se fai dos feitos. Lonxe de axustar os personaxes, os feitos tan estraños que suceden nesa casa fan que comece todo un tratado cientifista sobre a mente humana e o seu comportamento. A terminoloxía que se emprega e complexísima e busca afondar nunha representación do terror como algo vivo. Vitalidade que non so reside na mente, senon na propia visión. As referencias a elementos de estudo da ciencia da óptica tamén é habitual e destacable. Todo o descoñecido limitase, segundo eles, a ser un organismo vivo na nosa psique e que en nos temos a vontade de explicalo todo. De feito, nunha especie de "queima de bruxas", búscase eliminar todo o ideario colectivo de carácter máis máxico ou lendario para sementar unhas novas bases para unha teoría moito máis racional e científica dos feitos que nesa casa suceden.
 

No continente europeo, aínda é posible bater con feiticeiros que aseveran ser capaces de invocar espíritos. Supoñamos por un momento que as súas afirmacións están cargadas de verdade... Mesmo con esas, a compoñente do ser vivo está presente a través do propio encantador; el é o axente material a través do cal, por medio dalgunhas particularidades inherentes, certos fenómenos extraños chegan a presentarse ante os nosos sentidos naturais. (páx. 28)

 

A ambientación ten o habitual recendo a novela gótica de estética vitoriana. Os interiores da casa tamén responden ó habitual. Son escenarios lúgubres, fríos e inhóspitos nos que o silencio é o principal protagonista. Un berce perfecto para os misterios que atopará o noso protagonista, que ten interese en sucesos extraordinarios en casas abandonadas, o que lle outorga un toque esotérico, que ven con ilusión de resolver o misterio. Durante a súa estancia, experimentará situacións aterradores e verá que todo o pasado agochado nestes muros, pode ser a causa da nova realidade.
 

Respecto do estilo, esta historia é un pouco retórica de máis e moitas veces fase pomposa. O cientifismo ten nela unha importancia esaxeradamente capital e iso desvirtúa moitas veces o suspense e a propia trama principal. As crenzas e as prácticas son tan caducas para o lector que é sinxelo perderse nas reflexións. Aquí convén agradecer  bo traballo do tradutor, que sinala con notas ó pé as realidades que hoxe semellan oxidadas.
 

En resumo, unha historia breve e moi entretida, cun contido moi interesante e unha perspectiva innovadora do concepto de terror. É unha marabilla acceder a esta fantástica obra da literatura inglesa en galego.


 

 

Share on Facebook
Share on Twitter
Please reload

Please reload

Please reload

Goodreads
  • Black Facebook Icon
  • Black Twitter Icon
  • Black Instagram Icon

Versos do día

Suscríbete
Sígueme

Ese instante que no se olvida
Tan vacío devuelto por las sombras
Tan vacío rechazado por los relojes
Ese pobre instante adoptado por mi ternura
Desnudo desnudo de sangre de alas
Sin ojos para recordar angustias de antaño
Sin labios para recoger el zumo de las violencias
perdidas en el canto de los helados campanarios.

Ampáralo niña ciega de alma
Ponle tus cabellos escarchados por el fuego
Abrázalo pequeña estatua de terror.
Señálale el mundo convulsionado a tus pies
A tus pies donde mueren las golondrinas
Tiritantes de pavor frente al futuro
Dile que los suspiros del mar
Humedecen las únicas palabras
Por las que vale vivir. 

[...]

Alejandra Pizarnik,  A la espera de la oscuridad. (Fragmento)

David González Domínguez

Contacto : palabradegatsby@gmail.com