I'm busy working on my blog posts. Watch this space!

Please reload

Segundo Anfiteatro : Centro Dramático Galego, Tartufo

December 1, 2016

 

Ficha Técnica

 

Autoría: Jean-Baptiste Poquelin, Molière
Dirección: Carles Alfaro
Escenografía: Baltasar Patiño
Vestiario: Diego Valeiras
Iluminación: Carles Alfaro
Música orixinal: Anxo Graña
Caracterización: Trini F. Silva
Tradución: Loli Ramos
Asesoramento lingüístico: Roi V. Ponte
Asistencia de Dirección: Vanesa Sotelo
Escenografía e Utilería: Equipo técnico do CDG
Estructura metálica: Armesa
Vestiario: Equipo técnico do CDG e do CCG
Prensa: Ana Rosales e Ana Miragaya (Comunicación Agadic)
Fotografía: Vanesa Vázquez
Deseño gráfico: Trisquelia


 

 

 

Sinopse: 

 

Tanto Orgón, membro da alta burguesía parisiense, coma a súa nai, Madame Pernelle, atópanse baixo a influencia de Tartufo, un falso devoto que se erixe no seu director espiritual e que persegue, en realidade, ficar con todos os bens do seu protector. Ao mesmo tempo, este impostor trata de casar con Mariana, a filla de Orgón, mentres seduce a súa segunda muller, Elmira. A trama vaise complicando progresivamente coas intervencións de Damis (fillo de Orgón), Cleanto (irmán de Elmira) e Valerio (amante de Mariana), que son puntualmente comentadas dende o ácido punto de vista da criada Dorina.

Esta comedia de enredos, aparentemente lixeira, non só cumpre a función propia do seu xénero: divertir os espectadores, senón que posibilita unha segunda lectura sobre o que pode chegar a suceder cando un farsante se interpón entre o poder e quen o posúe co obxectivo de satisfacer os seus intereses persoais. Fálanos do alcance das aparencias, da cegueira que provoca non querer ver e das visións que substitúen a realidade.

Tartufo fálanos, en fin, do perigo que corremos nós e mais a nosa xente cando confundimos a hipocrisía coa honestidade e a honestidade coa hipocrisía.

 

Elenco

 

Casilda Alfaro: SEÑORA PERNELA, nai de Orgón
César Cambeiro: ORGÓN, marido de Elmira
Antela Cid: ELMIRA, muller de Orgón
Xoán Fórneas: VALERIO, namorado de Mariana
Mónica García: CLEANTA, irmá de Elmira
Marta Lado: MARIANA, filla de Orgón
Roberto Leal: SEÑOR LEAL, axente xudicial
Rebeca Montero: DORINA, criada de Mariana
Alejandro Saá: TARTUFO
Patricia Torres: DAMIS, filla de Orgón

Cando vin que o Centro Dramático adaptou Tartufo de Moliere e que proximamente tería a oportunidade de velo, tiven esa emoción que xorde de pensar que por unha vez, o centro dramático deixábase de experimentos e apostaba polo teatro máis clásico dándolle ese toque galego, non so coa lingua, que podería conformar un bo produto dramático. O problema é que, como en case todos os inicios cunha perspectiva nova, a aposta non saíu todo o ben que seguramente eles pensaran.

 

Tartufo é un querer e non poder. Unha obra con intención de ser adaptación dun clásico e que limitase a ser unha estupenda actuación sobre un clásico. A diferencia non é cousa que poidamos esquecer para valorar esta obra. Nunha representación, de longa extensión, temos o texto case íntegro da obra de Moliere, o problema é que non o vemos. A sátira de clase e a burla máis insidiosa de Moliere non está presente na montaxe. O texto non ten valor ningún xa que perdese na actuación e son simplemente palabras na boca dos personaxes. A dicción relégase a un segundo nivel pola xestualidade e a propia habilidade dos actores. Seguramente, se na saída do espectáculo preguntas ós asistentes por algunha cita do texto de Moliere que lles gustase da función, non recorden ningunha.

 

A escenografía en conxunto, persoalmente, non me gusta. E sí, entendo o matiz burgués que lle queren dar con todos eses elementos recatados e moi elaborados típicos de unha familia de clase alta. De feito, creo que se agradece que o escenario con poucos elementos, pareza tan amplo. O mobiliario é bastante acertado aínda que non me gustan as cadeiras da mesa, considero que non van coa estética que se pretende. As paredes nese cor morado tampouco as entendo. Se pretenden dar escuridade, non o conseguen. Se pretenden unha ambientación burguesa, tampouco creo que sexan adecuadas.

 

O problema é a luminosidade. A obra ten demasiada luminosidade. Se queremos representar correctamente unha comedia do século XVII deberemos ter en conta tamén as cuestións lumínicas. Por suposto pode ser un argumento contra isto que a obra ambiéntase nunha época moito máis tardía, supoño que ata o XIX podería ser crible, de feito, a min as roupas non me parecen do XVII; pero aínda así, a luminosidade a escena é esaxerada. Mellor non falar do chan e da parte alta con "cristaleira", xa que reflicte a luz en toda a actuación e molesta moitísimo. De feito, non entendo como os actores poden traballar neste escenario que semella un foco xigante apuntándolles directamente durante todo o espectáculo.

Por suposto, non todo é negativo, hai cousas positivas na obra. O elenco é unha delas. A verdade é que a actuación dos actores é bastante boa, polo que a historia cóntase soa so pola intervención da magnífica expresividade de moitos deles. Cumpren nesta obra, a función que o texto non fai. Todo o que a obra ten de comedia débese as intervencións dos actores que, as veces, parece que inclúen gags cómicos na obra. O mérito de levar case dúas horas de espectáculo e que a valoración do público sexa boa é única e exclusivamente grazas a eles.

 

Tamén é unha ledicia ver una tentativa de facer teatro clásico en galego. Creo que é unha tentativa fantástica, pero as veces non coartar un pouco a posición tan alta na que temos o texto, fai que teñamos unha tradución completa pero non ben representada no escenario. O texto precisa de que se eliminen moitas máis partes. Os diálogos son extensos e as intervencións de cada personaxe tamén o son, polo que moitas veces o espectador pérdese na palabra e remata desconectando do discurso. Iso non se pode permitir. Se queremos adaptar un texto temos que facer iso, adaptalo, non traducilo.

 

En resumo, agardo que este espectáculo non sexa unha rara avis dentro dos novos traballos do CDG. Persoalmente, creo que pode ser un espectáculo do que se aprenderá moito en novas montaxes. Non é un mal espectáculo, pero con tanta ambición esqueceron darlle importancia ó propio texto por non cribalo, e iso, nunha adaptación dun clásico, é un erro.

 

 

 

 

Share on Facebook
Share on Twitter
Please reload

Please reload

Please reload

Goodreads
  • Black Facebook Icon
  • Black Twitter Icon
  • Black Instagram Icon

Versos do día

Suscríbete
Sígueme

Ese instante que no se olvida
Tan vacío devuelto por las sombras
Tan vacío rechazado por los relojes
Ese pobre instante adoptado por mi ternura
Desnudo desnudo de sangre de alas
Sin ojos para recordar angustias de antaño
Sin labios para recoger el zumo de las violencias
perdidas en el canto de los helados campanarios.

Ampáralo niña ciega de alma
Ponle tus cabellos escarchados por el fuego
Abrázalo pequeña estatua de terror.
Señálale el mundo convulsionado a tus pies
A tus pies donde mueren las golondrinas
Tiritantes de pavor frente al futuro
Dile que los suspiros del mar
Humedecen las únicas palabras
Por las que vale vivir. 

[...]

Alejandra Pizarnik,  A la espera de la oscuridad. (Fragmento)

David González Domínguez

Contacto : palabradegatsby@gmail.com