I'm busy working on my blog posts. Watch this space!

Please reload

Recensión: Xurxo Esquío, O autostopista

December 5, 2016

  

Título: O autostopista

Autor: Xurxo Esquío

Editorial: Lulu.com

ISBN: 9781326743444

Nº de páxinas: 132 páxs

Sinopse:

 

Que obxectivo pode ter unha cuadrilla de rapaces e rapazas acomodados, para secuestrar a un mozo sen oficio nin beneficio, que tenta chegar a Santiago facendo autostop para tomar uns viños cun amigo? El mesmo cóntanos en primeira persoa a súa aventura,nun relato imprevisible e cun estilo desenfadado e directo no que mestúrase acción, sexo e o máis irreverente hedonismo.

Ante a crise, a poboación ten que facer verdadeiros malabares para chegar a fin de mes. E os poucos afortunados ós que o diñeiro non resulta un problema, non lles achega para mercar a felicidade e a emoción de vivir. O autostopista é unha novela para uns e outros. Unha historia moi orixinal e divertida que consegue que o lector repense o seu xeito de ver a realidade social.

 

Xurxo Esquío presenta unha primeira historia moi interesante pola introdución dunha gran variedade de elementos de distintos tipos de tradicións literarias. O erotismo, o misterio e o suspense están presentes na historia dende o primeiro momento polo que a estrañeza primeira do lector avanza, grazas a eses elementos, cara unha reflexión do conxunto da obra onde un dáse conta de que nada está colocado sen un criterio.

 

O punto máis importante da historia, o meu xuízo, reside na súa orixinalidade. A trama demostra unha visión crítica da sociedade que non esquece o humor para facer o camiño máis agradable. A incerteza guíanos por un relato con tantos xiros narrativos como sorpresas causa no propio lector. Mención especial merece o xogo metaliterario e lingüístico que se establece co título da novela e as propias posibles acepcións do mesmo.

 

Na historia temos un personaxe principal, ó mesmo tempo narrador en primeira persoa, que achega unha interesante perspectiva sobre os feitos. É un home consciente da súa imperfección, sen ningún tipo de expectativas na vida. Non rexeita ningunha proposta por aloucada que poda ser. Chama moito a atención ese desengano vital e esa ansia de materialismo que fai del un personaxe vítima da crise e a necesidade de continuar a xirar ó ritmo do propio mundo.
 

Collín o feixe de follas das mans de Merche, e lin o contrato por duplicado, que basicamente dicía o que me remataban de relatar. Como cláusulas, advertían de que non levaría un peso se marchaba antes da hora e o día prefixado ou se me comportaba violentamente , que non se farían preguntas sobre cuestións persoais, e pouco máis. Tamén déronme a posibilidade de envíalo por correo electrónico a alguén da miña confianza, para que estivese máis tranquilo. Isto último botou abaixo parte das miñas obxeccións, a pesar das circunstancias nas que fora recrutado para este estraño fin de semana. Aquí entrou en xogo, por unha banda a miña natural predisposición á aventura, e por outra, se cabe con máis peso que a anterior, a posibilidade de que a miña maltreita economía puidese verse gratamente reconfortada. Foi entón cando decidín facelo. Aparentemente non tiña nada que perder, e para un mozo de trinta e dous anos, amante das emocións fortes, sen traballo, e cunha vida bastante caótica, si moito que gañar. (páx. 27)

 

Do resto dos personaxes non hai moito que dicir. Son exemplos tópicos da xuventude de clase alta. Non hai ningún tipo de estudo da súa psicoloxía ou dos seus comportamentos de maneira individualizada. Califícanse e actúan de maneira colectiva. De feito, as descricións non avanzan moito máis do físico. É certo que a brevidade da historia, tanto na propia extensión como no tempo interno da historia, dificulta moitísimo ver unha evolución neles, que eu non agardaba, mais considero que podería traballarse moito máis a súa individualidade. 

 

En cuestións máis técnicas, o autor presenta un produto correcto. A estrutura narrativa está ben trazada e a disposición dos distintos elementos é axeitada. Na prosa fáltame un pouco de valentía. É certo que é unha primeira historia e costa moito ter un estilo de seu pero creo que, aínda que evoluciona moito o estilo ó longo da novela, en historias posteriores debe ser unha preocupación para o autor. Os cimentos dunha boa narrativa están aquí, téñense que explotar.

 

En definitiva, O autostopista é unha historia tan imaxinativa coma un experimento literario valente. Na actualidade a novela social, mesmo en clave humorística como esta, pode ser unha boa menciña para paliar as deficiencias deste mundo. Polo menos que nos ensine a como rirnos del.  

 

 

Share on Facebook
Share on Twitter
Please reload

Please reload

Please reload

Goodreads
  • Black Facebook Icon
  • Black Twitter Icon
  • Black Instagram Icon

Versos do día

Suscríbete
Sígueme

Ese instante que no se olvida
Tan vacío devuelto por las sombras
Tan vacío rechazado por los relojes
Ese pobre instante adoptado por mi ternura
Desnudo desnudo de sangre de alas
Sin ojos para recordar angustias de antaño
Sin labios para recoger el zumo de las violencias
perdidas en el canto de los helados campanarios.

Ampáralo niña ciega de alma
Ponle tus cabellos escarchados por el fuego
Abrázalo pequeña estatua de terror.
Señálale el mundo convulsionado a tus pies
A tus pies donde mueren las golondrinas
Tiritantes de pavor frente al futuro
Dile que los suspiros del mar
Humedecen las únicas palabras
Por las que vale vivir. 

[...]

Alejandra Pizarnik,  A la espera de la oscuridad. (Fragmento)

David González Domínguez

Contacto : palabradegatsby@gmail.com