Mulleres bravas da nosa historia: Rosalía de Castro #1, María Victoria Moreno #2


Despois de moito tempo agardando un proxecto coma este, e dunha excelente campaña de crowfunding, xa temos a colección de "mulleres bravas da nosa historia" que publica Urco Editora. Este proxecto de biografías de personalidades do mundo da cultura de xénero feminino, e en feminino, chegan moi tarde a nosa sociedade, por desgraza, pero o importante é que chegaron. Curiosamente chegaron polos galegos e, principalmente, as galegas que dixeron basta e comezaron a traballar nesta colección que achega os máis pequenos a figura de mulleres importantes para a cultura galega.

A resposta á chamada de colaboración que fixo Urco Editora, foi tan sorprendente como gratificante. Moitos das persoas que contribuístes na campaña de crowfunding, mercando exemplares ou mesmo léndollos ós vosos fill@s, estades axudando a prender esa luz que precisan as novas xeracións para vivir nun mundo igualitario e, esencialmente, humano.

Fago un inciso antes de pasar a comentar minimamente un pouco destas breves, pero profundas, obras para agradecer ó equipo Urco Editora, especialmente a Andrea Jamardo como coordinadora, a ilustradora Eva Agra e tamén a corretora Raquel Vila Amado polo fantástico traballo que hai detrás destas edicións tan coidadas e fermosas que agasallan os nenos e nenas galegos. Tamén aproveito para lembrar, nesta ocasión de forma xeral, que estes libros non son só para nenas, tamén son para nenos, porque o feminino, aínda que moitos non o pensen asi, define tamén a colectividade.


Título: Mulleres bravas da nosa historia : Rosalía de Castro #1

Texto: María Lado

Ilustracións: Eva Agra

Revisión lingüística: Raquel Vila Amado

Coordinación editorial: Andrea Jamardo

Editorial: Urco Editora

ISBN: 9788415699989

Nº de páxinas: 36 páxs

Era preciso que alguén falase de Rosalía esquecendo a figura de Murguía. ¿Que mellor que nun libro para os cativos para aplicar esta idea?. Nesta obriña infantil temos unha visión máis próxima a Rosalía como nena e máis tarde muller, como soñadora con afán de que as súas palabras non fosen baleiras, e cantar con elas á terra que tanto amou. UNHA lucecú é a nosa narradora, compañeira de Rosalía dende o seu nacemento ata a súa marcha. Nos bos e malos momentos, esta lucecú acompañou a unha Rosalía que "nunca tivo medo as sombras porque podía escribir sobre elas". Unha biografía, en feminino, da autora máis importante das nosas letras cun texto cheo de dozura por parte de María Lado e unhas ilustracións fermosísimas de Eva Agra.

"Esta é a historia dunha nena que brillaba no silencio da noite. A nena era diminuta e a noite noite pecha e, aínda así, ela nunca tivo medo da escuridade. Porque onde máis negra é a sombra é onde mellor se ven as estrelas"


Título: Mulleres bravas da nosa historia : Rosalía de Castro #1

Texto: Eli Ríos

Ilustracións: Eva Agra

Revisión lingüística: Raquel Vila Amado

Coordinación editorial: Andrea Jamardo

Editorial: Urco Editora

ISBN: 9788416121632

Nº de páxinas: 36 páxs

Se teño que destacar un dos dous volumes que esta colección leva publicados, teño moi claro que este é o meu preferido. Desgraciadamente, son un dos ignorantes que non coñecía o importante labor que desempeñou a María Victoria Moreno en Galicia e si, en galego. Esta muller foi extremeña de nacemento pero galega de adopción. E que sorte tivemos de que pasara isto!. Coa axuda de Navia, e un texto moi ben trazado de Eli Ríos, coñecemos a esta valente muller, responsable, entre outras cousas, de que hoxe teñamos literatura infantil e xuvenil en galego.

"As persoas estamos feitas para levar adiante os proxectos máis fermosos" (María Victoria Moreno, Anagnórise)

A verdade é que é un privilexio ter colaborado, aínda que sexa nunha pequenísima parte, de neste proxecto, e agardo que teña unha longa vida e que poda seguir falándoos del no futuro.


Soy un párrafo. Haz clic aquí para agregar tu propio texto y edítame. Es muy sencillo.

Goodreads
  • Black Facebook Icon
  • Black Twitter Icon
  • Black Instagram Icon

Versos do día

Suscríbete
Sígueme

enumerar motivos para debuxar unha balea

 

para crer nun espírito navegante que non temos

para delimitar o medo

para valernos dela na fuxida

para botar de menos unha viaxe

unha en concreto

para debuxar un bazar e disfrazala de elefante

porque teñen a forma das distancias

porque dentro dunha balea o ceo está limpo e non hai dor

para pintala sorrindo e poñerlle flores ou peixiños pequenos

para facer unha metáfora de todas as traxectorias

para que sexa a proa na reconquista da paisaxe

para representar o tamaño da tristeza

para pensar nas palabras coas que explicar o debuxo.

Eduardo Estévez, de baleas 

(Caldeirón, 2017)  

David González Domínguez

Contacto : palabradegatsby@gmail.com