I'm busy working on my blog posts. Watch this space!

Please reload

Segundo Anfiteatro : Eme2, Get Back

January 24, 2017

 

 

Texto: Diego Ameixeiras
Idea original: Camilo Franco
Dirección: Jorge Coira
Ay. Dirección: Victor Duplá
Reparto:

Alfonso Agra

Federico Pérez

Tamara Canosa

Miguel Guido

Mercedes Castro
Música/espacio sonoro: Anxo Graña
Diseño Iluminación: Afonso Castro
Vestuario: Mari Seoane
Audiovisuales: SrPause – Roi Fernández
Diseño gráfico: Le Gráfica
Comunicación: Sonia Díaz-Nocomún
Producción: JulioP

Sinopse : 

 

Son cinco e van nun vagón de metro. Son cinco e teñen moitas cousas en común. Pero eles non o saben. Aínda. Saben que van no mesmo vagón de metro. Saben de onde veñen, pero ningún está moi seguro de cara a onde vai. Son xente normal e están en Londres.

O proceso de construción desta comedia comeza cunha investigación sobre os londoners (nome que se dan a si mesmos os galegos que viven na capital británica). A achega a esta realidade permitiunos ir construindo, mediante un modo de traballo cooperativo, un proxecto sólido que reflicte, en certo modo, a realidade fraccionada da Galicia contemporánea. 

Tras moito tempo de espera, tiven a oportunidade de asistir o espectáculo Get Back da produtora Eme2. A verdade e que tiña moitas esperanzas postas neste traballo, pola calidade do elenco e polo bo facer individual dos membros da dirección. En certo modo saín contento do teatro. Get Back é un bo espectáculo, válido para calquera público sexa cal sexa a súa formación intelectual ou a frecuencia coa que acude o teatro. Esa formulación xera moitos risos, principal obxectivo dunha comedia para todos os públicos, pero a costa de eliminar outros aspectos tamén interesantes. De seguido, comentamos todo estes aspectos.

Como comedia, Get Back funciona. Poderíamos sinalar este traballo como un panorama social en miniatura, xa que moitos dos temas que máis preocupan a sociedade, tanto londiniense coma mundial, están presentes na obra. Os personaxes son tipos sociais, sen nada de singular, que respostan a modelos organizados dentro da sociedade actual (o home de negocios, a muller de "vida alegre", a moza rebelde e desenganada, o idealista que cre que con esforzo chégase a onde un quere, e o estranxeiro). Todos, por un e outro motivo, son exemplo da emigración que xorde dunha Galicia nun período de crise económica. O cómico xorde das súas conversas e interaccións, nas que tratan todas as súas preocupacións dunha forma coloquial e sempre co chiste sinxelo, unido sempre a xestualidade. Todo iso converte un análise dos prexuízos e problemas en algo máis simple, máis levadeiro, grazas a unha constante mofa e cinismo. Get Back fai que as preocupacións sociais pasen a ser nimiedades, que a triste realidade outorgue sorrisos.

 

O problema é o custo que supón isto. Tendo claro que o que estamos vendo é unha comedia, non por iso debemos esquecer que tamén ten unha narrativa e un traballo escénico que comentar. Get Back é un traballo moi comercial tanto na estética como no desenvolvemento. Non debemos entender comercial por algo de escaso valor, senón como un produto útil e eficaz. Un quita-graxas co que unha gota da para vinte pratos. Unha obra que non ten outra cousa en mente que agradar a todo o mundo e por iso acude a elementos sinxelos e esquemáticos. Como comentaba, acudir a estes tipos sociais planos non pode desencadear noutra cousa que non sexan as típicas conversas de café ou caña nunha terraza botando a partida. Pásase revista a todos os temas cunha rapidez incrible e sen ningunha intención de afondar neles. Algúns tan serios como o tema do suicidio acadan na obra unha función unicamente contextual.

Precisamente un dos inconvenientes que persoalmente atopo é a trivialidade coa que se utilizan algúns elementos. Na construción da obra, utilízase a escusa dun mozo inmigrante que se suicidou, como escusa para a detención do metro e que a trama xorda da nada. Non se aproveita este elemento para facer unha crítica social contundente dende o contrapunto cómico. A morte dese inmigrante unicamente orixina un pequeno debate, no que non se argumenta nin se salda nada, e serve de paso para conectar outros temas. A febleza das conexións é o que fai do espectáculo un popurrí caótico. Moitas veces a comedia xérase unicamente pola actuación dos actores, cousa que se agradece, pero aínda afecta moito máis a concepción destes personaxes, estruturados como tipos.

 

Respecto da concepción teatral da peza, debemos sinalar que esta produción introdúcese nos términos do teatro máis convencional cunha unidade de espazo, unha unidade temporal e unha única acción extensa; pero iso combínase coa introdución de elementos tecnolóxicos como o teléfono móbil, que engaden un lugar non definido, un non-lugar, no que hai unha "acción" que, feblemente, afecta a trama única do espectáculo. Respecto o espazo escenográfico, a luminosidade do metro lógrase dunha maneira correcta e os distintos asentos, barras metálicas e posicións diversas dos personaxes, son capaces de crear micro-espazos dunha maneira moi interesante. Debo destacar que dentro do espazo tan reducido, hai tanto movemento que xera unha sensación de que asistimos a unha coreografía máis propia dun musical.

 

En resumo, esta produción é un traballo en xeral ben feito, o problema xorde coa súa transgresión. Get Back se fai co público dende o principio, pero a trama non consegue atrapalo totalmente. Poderíamos definilo como un xigantesco pase de modelos onde os asistentes observan os vestidos. Todos gozan da visión das prendas e do movemento abanéante d@s model@s, e cando remata, cada un recorda un so vestido, polo menos o que máis lle gustou O problema é que ninguén sabe dicir a tónica xeral da colección. Ninguén ve as costuras, as marcas de autor nin sorpréndese polo seu deseño. Risos, si, pero a que prezo?. 

 

 

Share on Facebook
Share on Twitter
Please reload

Please reload

Please reload

Goodreads
  • Black Facebook Icon
  • Black Twitter Icon
  • Black Instagram Icon

Versos do día

Suscríbete
Sígueme

Ese instante que no se olvida
Tan vacío devuelto por las sombras
Tan vacío rechazado por los relojes
Ese pobre instante adoptado por mi ternura
Desnudo desnudo de sangre de alas
Sin ojos para recordar angustias de antaño
Sin labios para recoger el zumo de las violencias
perdidas en el canto de los helados campanarios.

Ampáralo niña ciega de alma
Ponle tus cabellos escarchados por el fuego
Abrázalo pequeña estatua de terror.
Señálale el mundo convulsionado a tus pies
A tus pies donde mueren las golondrinas
Tiritantes de pavor frente al futuro
Dile que los suspiros del mar
Humedecen las únicas palabras
Por las que vale vivir. 

[...]

Alejandra Pizarnik,  A la espera de la oscuridad. (Fragmento)

David González Domínguez

Contacto : palabradegatsby@gmail.com