I'm busy working on my blog posts. Watch this space!

Please reload

Recensión : Ignacio Vidal Portabales, O inspector e mais eu

February 10, 2017

 

Título: O inspector e mais eu
Autor: Ignacio Vidal Portabales
Editorial: Xerais
ISBN: 9788491211266
Nº de páxinas: 320 páxs

Sinopse: 

 

A vida de Sandra Val, experimentada profesional dedicada á fotografía boudoir, transcorre con tranquilidade na apracible vila de Marende, ata que un día recibe a visita do inspector Roque Barallobre. Este, un home moi atractivo, solicita a súa axuda para resolver un caso policial de secuestro. A relación co inspector e os sentimentos que este provocará nela irán afectando a Sandra ao tempo que van desfilando polo local os clientes do seu negocio; todos mostran a súa personalidade durante as sesións fotográficas, como cabe esperar dun sitio onde as persoas son retratadas en roupa interior. A través destes personaxes debúxase dun xeito ácido o bulir da vila de Marende. As pretensións amorosas da protagonista –contadas en clave de humor– son transparentes, pero atopan a dificultade incómoda da antiga moza de Roque, que aparece na narración como unha rapaza ideal, intrépida e fermosa. Sandra intentará sobrepoñerse acompañada do seu irmán e da súa axudante no estudio fotográfico. Nesta novela, Ignacio Vidal explora a identidade dunha muller liberal e moderna, mergullada nas contradicións que o amor leva á súa vida.

A fotografía, dunha maneira excesivamente xeral, pódese definir en dous trazos: fixación e reprodución. Por tanto, a fotografía como arte ten a capacidade e a responsabilidade de captar a realidade e codificala a través das distintas reaccións que se producen nunha cámara fotográfica. Nesa responsabilidade artística, tamén hai algo de poético, de literario, e é aí onde Vidal Portabales atopa un eido idóneo para a súa novela.

 

Para min, aínda que empregue unha máquina dixital de última xeración, é unha necesidade de imaxinar nalgún momento do procesado dos arquivos raw que a beleza do modelo emerxe da mesma forma  que o fan as imaxes nas fotografías clásicas. E non importa se non da o talle, nin se as súas medidas son as adecuadas para emocionar a todas as mulleres ou a todos os homes. O que importa é que, tras o meu traballado, o cliente quede satisfeito, que estea convencido de que vai poder ensinar as fotografías que eu lle fixen a quen queira. Se a el lle gustan, é case seguro que terán a capacidade de emocionar. (páx. 21)

 

O inspector e máis eu definiríase como unha poética da instantánea. A narradora de Vidal Portabales, Sandra Val, xoga explicitamente coa idea de fotografía como arte ou como elemento de creación dunha pararealidade. Os personaxes están sempre vistos dende unha óptica externa, mediada case sempre por un dobre filtro, cámara e fotógrafa. Calquera dos elementos que se introducen reciben unha atención especial por parte da narradora que analiza todos os trazos, outorgando o lector a capacidade de recrear visualmente o texto como se fosen una sucesión de fotogramas que Sandra Val realiza.  Sen embargo, lonxe de ir a gran velocidade, permítese a detención, a análise e o seu estudo. Isto permite sinalar unha gran variedade de temas como son o amor, a familia, os sentimentos, a fotografía e mesmo o concepto de beleza.

 

Unha fotógrafa boudoir non fai maxia, simplemente descobre a beleza. Non a beleza en abstracto senón a túa beleza, a que te acompaña como se a levases nunha mochila atada ás costas. Algunhas das persoas están tan afeitas a sentir ese peso de forma tan natural que non o atopan cando de verdade o necesitan. E nalgunhas circunstancias da vida necesitan parar e furgar nesa mochila para decatarse de que ela, a beleza, estaba alí, acazapada, esperando unha oportunidade para saír. (páx. 24)

 

Como xa nos ten habituados, o estilo do autor recorda as grandes novelas realistas e naturalistas. Hai un traballo impresionante nas descricións e unha necesidade de mostrar os elementos e a súa disposición dunha maneira clara e ordenada. A prosa é densa pero non precisamente complexa, e ten pasaxes de moita beleza e contundencia que achéganse á prosa poética. A análise do medio e as súas consecuencias remiten tamén a unha dicotomía (apego/desapego) moi propio dun estudo científico/artístico do medio. Ó igual que fixo con Dolorida, Marende convértese nun espazo/tempo cero illado de referencias para que se desenvolva nel a acción, pero non avanza nin retrocede, é book que recolle as fotografías.

 

O meu estudio é un lugar discreto. As galerías, sempre cheas de xente que entra e sae, nunha sucesión continua que recorda á dun formigueiro en plena actividade, garanten que o traballo que alí levo a cabo sexa, dentro do que cabe, anónimo. (páx. 19)

 

Respecto dos personaxes principais é preciso sinalar a gran humanidade que teñen. O realismo se consegue coa introdución de elementos biográficos, que remiten a unha vida anterior, e as distintas relacións que se producen entre eles, que lonxe de semellar concertadas, desenvólvense con naturalidade. Principalmente destaco o personaxe de Sandra Val, pois nel vemos as inquietudes e preocupacións de calquera de nós, aderezadas por unha visión do mundo tan sincera e politicamente incorrecta que obsérvase na constante introspección que se fai nela.

 

O personaxe do inspector Roque semella externo e inalcanzable dentro da vida de Sandra, pero a súa aparente perfección formal amosa carencias moi interesantes. O irmán e a súa compañeira fan moitas veces ese contrapunto cómico preciso para gozar máis da novela e tamén respostan a un modelo caótico e impulsivo do que Sandra carece. Outros personaxes respostan máis a tipos e por iso carecen dunha importancia capital na historia e son trasunto de crítica social e sátira mordaz.

 

En resumo, Vidal Portabales presenta outra creación literaria que resposta a outro nivel de literariedade. Un autor cunha obra literaria de seu, con serias débedas das súas lecturas pero non da narrativa actual. Introduce eses elementos clásicos cunha sátira elegante da realidade que o achega ó cosmopolitismo. Os distintos temas que toca nesta novela respostan a necesidade de plasmar a realidade social, pero non dunha forma panorámica, senón gardando para calquera necesidade unha instantánea.


 

 

 

Share on Facebook
Share on Twitter
Please reload

Please reload

Please reload

Goodreads
  • Black Facebook Icon
  • Black Twitter Icon
  • Black Instagram Icon

Versos do día

Suscríbete
Sígueme

Ese instante que no se olvida
Tan vacío devuelto por las sombras
Tan vacío rechazado por los relojes
Ese pobre instante adoptado por mi ternura
Desnudo desnudo de sangre de alas
Sin ojos para recordar angustias de antaño
Sin labios para recoger el zumo de las violencias
perdidas en el canto de los helados campanarios.

Ampáralo niña ciega de alma
Ponle tus cabellos escarchados por el fuego
Abrázalo pequeña estatua de terror.
Señálale el mundo convulsionado a tus pies
A tus pies donde mueren las golondrinas
Tiritantes de pavor frente al futuro
Dile que los suspiros del mar
Humedecen las únicas palabras
Por las que vale vivir. 

[...]

Alejandra Pizarnik,  A la espera de la oscuridad. (Fragmento)

David González Domínguez

Contacto : palabradegatsby@gmail.com