I'm busy working on my blog posts. Watch this space!

Please reload

Recensión : Pasi Ilmari Jääskeläinen, Laura das Neves e a sociedade literaria dos nove

March 20, 2017

 

Título: Laura das Neves e a sociedade literaria dos nove

Título orixinal: Lumikko ja yhdeksän muuta

Autor: Pasi Ilmari Jääskeläinen

Editorial: Urco Editora

ISBN: 9788415699941

Nº de páxinas: 330 páxs

Sinopse:

 

A vida de Ella Amanda Milana é a típica dunha mestra substituta nunha pequena vila de Finlandia: corrixir redaccións, enviar relatos á sección de literatura do xornal e ver como a enfermidade do seu pai o vai transformando nunha criatura estraña e afastada.
Mais todo dá un xiro cando Laura das Neves, veciña de Lombodalebre e autora de libros infantís de sona mundial, a selecciona como décima integrante da Sociedade Literaria de Lombodalebre, onde Ella se poderá formar como escritora, o que lle ha asegurar un futuro brillante nas letras finlandesas e mesmo internacionais.
Porén, logo dun duro revés da sorte, o camiño da protagonista se verá guiado cara aos secretos máis ocultos da misteriosa Sociedade e dos seus outros nove integrantes.


Pasi Ilmari Jääskeläinen tece nesta novela, con puntadas finas e maxistrais, as distintas historias de cada unha das grandes e desgraciadas figuras literarias da vila de Lombodalebre, relatadas a través dun xogo tan cruel como efectivo, que elas mesmas empregan para conseguir material co que alimentar as súas novelas. Os ecos dun pasado esquecido á mantenta, o carácter complexo e por veces monstruoso da mentora, a estraña enfermidade que contaxia os libros da biblioteca e transforma as súas historias, as vidas en ruínas dos protagonistas… todos os elementos, reais e fantásticos, envólvense os uns sobre os outros en espirais cada vez máis complexas, até o punto de que é imposíbel distinguir o real do soñado.Jääskeläinen, xa premiado múltiples veces antes desta novela, acada aquí unha altura narrativa que, con razón, levaron a boa parte da crítica a comparar o seu particular realismo máxico co de Gabriel García Márquez.

Cando saíu ó mercado, sentín a imperante necesidade de achegarme a esta publicación, xa que non podería ter unha mellor posta en escena. Laura das neves e a sociedade literaria dos nove chegaba ás librerías do país logo de recibir críticas moi positivas noutros países e un considerable número de traducións a outras linguas. Todo isto acrecéntase co feito de que o seu autor, o finés Pasi Ilmari Jääskeläinen, sexa un dos autores de moda na literatura do país nórdico. Daquela, deille prioridade sobre outras lecturas e teño que dicir que foi un grande acerto.
 

Esta nova publicación de Urco ten todo o que pode atrapar ó lector. A densa atmosfera de misterio e o incrible traballo na psicoloxía dos personaxes aderézase cunha gran cantidade de simboloxía e elementos de estilo a isto a súa vez, complétase con elementos do que creo que sería xusto considerar, realismo máxico. Todo isto e outros ingredientes que os lectores atoparán por eles mesmos, fan desta historia unha lectura obrigatoria.

 

"Afanouse en lembrar. Tratou de conseguir imaxes tridimensionais arredor dos cheiros e polas en movemento. Machucou a súa memoria como se fose unha máquina de café estragada, pero tan só conseguiu recuperar pequeños fragmentos do pasado. Se puxese unha tras outra todas as imaxes que lograra evocar desde o nacemento até a confirmación, formarían unha curtametraxe de dez minutos como moito, estrutura granular, confusa e esvaída. "(páx. 30)

 

Ella Millana é a nosa protagonista, unha mestra substituta de finés que recibe unha invitación da mesma Laura das Neves, famosa escritora de literatura xuvenil, para ser unha integrante máis da súa sociedade de escritores, a máis importante da literatura finesa. Nas relacións de Ella cos outros escritores poderemos coñecer os segredos e pensamentos máis íntimos de cada un. Isto fai da nosa protagonista unha lectora máis, que responde as mesmas ganas de coñecer e investigar que nós mesmos e tamén introduce momentos da súa propia vida.

 

 Fonte: @urcoeditora

 

 

Un dos elementos que máis me gustou da trama foi a introdución do "xogo" como un elemento, carente case por completo do sema lúdico, que facilita a transmisión de ideas e pensamentos duns os outros segundo as sensacións e non mediante a racionalidade. Este xogo fai que durante a trama atopemos elementos que considerariamos sen ningún tipo de importancia pero que logo teñen a súa repercusión na trama. As ideas son dispersas pero o contido delas é tan orgánico que achéganse facilmente a realidade. Así mesmo, a utilización do termo "sangrar" na tradución resposta a este argumento orgánico que non ten "contar".
 

"Se todo o mundo sabe de sobra que unha persoa no seu xuízo non se pon a espremer os miolos para escribir unhas novelas. A xente sa ten traballos sans. Toda esta literatura de merda, todas estas caralladas polas que a xente perde o cu non son máis nada que esquizofrenia pasada por impresoras." (páx. 269)

 

Respecto a cuestións de estilo, a prosa é distinta da que un pode estar acostumado a ler pola tendencia acusadísima a períodos moi curtos e parágrafos sen ningún tipo de xerarquía aparente. Isto fai moi complicado que ó lector non se sorprenda ante os continuos cambios de ritmo do texto e que penetre nel dunha maneira da que é case imposible saír. Hai un gusto polos recursos de estilo e a variabilidade dos enunciados nunhas partes que tamén se complementa cun estilo moi directo e sen apenas subordinación propio do estilo nórdico, nas novelas negras suecas é moi palpable, que fan desta obra un manual para calquera escritor.
 

Tamén é preciso sinalar o gran traballo de tradución de Tuula Ahola e Tomás González que achegan esta obra ó sistema galego dende o propio finés, sen ningunha lingua que poida causar algunha interferencia ou tradución incorrecta no texto. Tamén aprecio moitísimo a súa decisión de modificar os apelidos dos personaxes da novela para que o simbolismo que o descoñecemento do idioma pode facer invisible neles, sempre estea presente no texto.

 

En resumo, Laura das neves e a sociedade literaria dos nove é un exercicio literario moi atractivo e literariamente didáctico non so para o lector, senón para calquera autor. Achegarse a ela foi unha gran decisión xa que considero que pode ser unha das grandes sorpresas na tradución deste ano literario. Unha novela que reflexiona sobre a literatura, que ten misterio e que propón moitas reflexións sobre o que é podemos definir como verdade ou realidade.

 

 

 

 

 

Share on Facebook
Share on Twitter
Please reload

Please reload

Please reload

Goodreads
  • Black Facebook Icon
  • Black Twitter Icon
  • Black Instagram Icon

Versos do día

Suscríbete
Sígueme

Ese instante que no se olvida
Tan vacío devuelto por las sombras
Tan vacío rechazado por los relojes
Ese pobre instante adoptado por mi ternura
Desnudo desnudo de sangre de alas
Sin ojos para recordar angustias de antaño
Sin labios para recoger el zumo de las violencias
perdidas en el canto de los helados campanarios.

Ampáralo niña ciega de alma
Ponle tus cabellos escarchados por el fuego
Abrázalo pequeña estatua de terror.
Señálale el mundo convulsionado a tus pies
A tus pies donde mueren las golondrinas
Tiritantes de pavor frente al futuro
Dile que los suspiros del mar
Humedecen las únicas palabras
Por las que vale vivir. 

[...]

Alejandra Pizarnik,  A la espera de la oscuridad. (Fragmento)

David González Domínguez

Contacto : palabradegatsby@gmail.com