I'm busy working on my blog posts. Watch this space!

Please reload

Recensión : Alex Bayorti, Tom, Huck e o misterio da trabe de ouro

March 29, 2017

 

Título: Tom, Huck e o misterio da trabe de ouro

Autora: Alex Bayorti

Ilustracións: José Ángel Ares

Revisión: David Cortizo

Editorial: Urco Editora

ISBN: 9788415699996

Nº de páxinas: 126 páxs

Sinopse: 

 

Houbo un tempo en que a herba era máis verde, a luz máis clara e viviamos rodeados de amigos. Do mesmo xeito, Tom soñaba cada noite con aquel lugar sen horas onde era eternamente feliz coa súa benquerida Becky… e con Huck… que pasou con Huck?
A miles de quilómetros do seu fogar, nalgún lugar onde bate o nordés e sempre chove, o eco dunha lenda fai espertar arelas esquecidas no maxín de Tom, deprimido e abandonado de si mesmo. Se cadra esa é a oportunidade para abrir unha porta de volta cara a aquel mundo de tanto tempo atrás, na ribeira dun río sen fin.

 

Este libro resultou gañador da XV edición do premio “Antón Avilés de Taramancos” de relato de aventuras.

Se andabades na busca dunha breve e intensísima historia de aventura, Tom, Huck e o misterio da trabe de ouro é o voso título. A recente gañadora do premio "Antón Avilés de Taramancos" xa integra no seu propio título unha proposta da tradicional novela de aventuras que foi receita de éxito: dous personaxes, con reminiscencias inequívocas ós personaxes de Mark Twain, e un destino en forma de consecución dun tesouro.

 

Na súa primeira historia, Alex Bayorti presenta unha clara intención renovadora dos tópicos clásicos pero sen esquecer as súas débedas coa tradición. Os seus personaxes viven unha aventura que xorde, como é habitual, dun mapa e na que deberán facer unha longa viaxe para facerse coa trabe de ouro. Sen embargo, a historia non fala so de aventuras senón da necesidade dun novo interese que nos mova a continuar as nosas vidas e a alterar o noso destino. 

 

Os protagonismo desta historia non é dos nenos, como é habitual na novela xuvenil, senón de dous adultos. Isto produce a sensación de que a autora presenta uns personaxes cun pasado en común na mocidade pero que toman camiños diferentes na vida. A pantasma de Becky e a súa relación con ela crea diferentes reaccións en Tom e Huck e por iso mesmo ignóranse durante unha época das súas vidas. A amizade e o vínculo que xorde dela é inquebrantable para autora por iso os seus personaxes, aparentes descoñecidos na madurez, non poden negarse a gran aventura das súas vidas. Ambos son perdedores durante toda a súa vida, dende o propio comezo da historia, polo tanto, como sinala Tom en varias ocasións: "A fin de contas, nada ten que perder".

 

Agradezo moitísimo os cambios no rol dos personaxes masculino e feminino, afastándose do habitual e trasmitindo a esencia de tempos mellores na concepción dos personaxes na literatura. Tom é un personaxe masculino que non exerce liderado algún, que reflexiona moitísimo antes de actuar e que opón o correcto os seus desexos. Na outra branda temos a Huck, muller impulsiva, líder carismática, vándala e dificilmente corrixible. Unha muller de armas tomar e que exerce unha tutela de ferro sobre o seu futuro. 

 

"Non podo entender por que as mulleres só poden ir ao manicomio. Non hai cárceres de mulleres. A tolemia é a única causante das mulleres agresivas, insurxentes ou diferentes. É que acaso unha muller non podería ser asasina? Nin ladroa? Nin traficante? Nin presa política? Polo visto non. Ou non en certa medida. Unha muller que non cumpre cos tres <<pes>> (pasiva, prudente e pámpana) ten moitas posibilidades de que os seus días rematen nun manicomio. Eu, unha traficante (coido que se di así en galego), estou rodeada de tantas mulleres que non fixeron ningunha loucura que xa non sei se é que as tolas están aí fora e aquí as cordas." (páx. 32)

 

Respecto do estilo, é innegable que esta obra ten moito da autora: a condición de extranxeira, a aprendizaxe da lingua, as figuras típicas das lendas galegas, a localización concreta en distintos puntos, e establecementos, dentro da xeografía galega... Isto fomenta moito a sensación de cercanía co texto, a visualización do espectador do que se conta de maneira moito máis nítida ou mesmo a empatía cos personaxes. Tamén ese típico humor galego e a lingua oral están presentes dunha maneira clara.

 

Cada primavera a mesma historia. Unha chea de tolos que se dedican a falar das mouras. Eses contos contábamos o meu avó cando era cativo. Eu de vós aproveitaría o meu tempo no Ézaro indo a tasca. Aquí hai un marisco espectacular os venres. Non perdades o tempo. (páx. 94)

 

O único defecto que ten o texto é o seu ritmo esaxeradamente vertixinoso. Pese a que está estruturado en breves capítulos, a sensación de velocidade que amosan os personaxes trasmítese nuns feitos nos que sería axeitado deterse un pouco máis. O principio da historia esforzase en presentar unha psique dos personaxes que se esquece chegando o final. Sempre é interesante que nestas historias os personaxes avancen a gran velocidade, debido a que presenciamos unha carreira ata o tesouro, pero o texto ten que ir un pouco máis a par, non esmagado pola acción. As normas de extensión do premio están presente e iso pode ser un pouco o problema, pero creo que eliminando un pouco o detalle do principio, poderíamos chegar ó final de forma máis desafogada.

 

Como conclusión, este debut literario de Alex Bayorti é bastante satisfactorio por presentar uns personaxes que seguen uns patróns non moi habituais partindo da débeda coa tradición, pola sublevación da posición da muller dentro da literatura e pola importancia que se lle da as posibilidades de cada quen para influír no seu futuro.
 

Share on Facebook
Share on Twitter
Please reload

Please reload

Please reload

Goodreads
  • Black Facebook Icon
  • Black Twitter Icon
  • Black Instagram Icon

Versos do día

Suscríbete
Sígueme

Ese instante que no se olvida
Tan vacío devuelto por las sombras
Tan vacío rechazado por los relojes
Ese pobre instante adoptado por mi ternura
Desnudo desnudo de sangre de alas
Sin ojos para recordar angustias de antaño
Sin labios para recoger el zumo de las violencias
perdidas en el canto de los helados campanarios.

Ampáralo niña ciega de alma
Ponle tus cabellos escarchados por el fuego
Abrázalo pequeña estatua de terror.
Señálale el mundo convulsionado a tus pies
A tus pies donde mueren las golondrinas
Tiritantes de pavor frente al futuro
Dile que los suspiros del mar
Humedecen las únicas palabras
Por las que vale vivir. 

[...]

Alejandra Pizarnik,  A la espera de la oscuridad. (Fragmento)

David González Domínguez

Contacto : palabradegatsby@gmail.com