I'm busy working on my blog posts. Watch this space!

Please reload

Segundo Anfiteatro : Contra, O tolleito de Inishmaan

April 21, 2017

 

Título: O tolleito de Inishmaan

Título Orixinal: The Cripple of Inishmaan

Autor: Martin McDonagh

Compañía: Contra producións

Dirección e Versión: Cándido Pazó

Tradución: Santi Romay e Alberto Rodríguez

Actores: 

Evaristo Calvo

Ana Santos

Ricardo de Barreiro

Melania Cruz

Luis Iglesia

Santi Romay

Marcos Pereiro

Susana Dans

 

Sinopse :

 

Podría ser una aldea gallega pero es una pequeña isla irlandesa. Años 30. Personajes curiosos, pintorescos, característicos… Seres más o menos adorables, más o menos odiosos que, en un mundo física y humanamente aislado, viven sus vidas como pueden y como saben. Entre ellos un tolleito, un ser desfavorecido que tiene un afán que para él parece extremadamente difícil: transcender ese ámbito cerrado que está obligado a habitar; un lisiado que persigue un sueño que en él parece empresa imposible: ser amado y valorado como cualquier otro.

Un espectáculo de gran formato (8 actores de prestigio, potente escenografía, música emocionante compuesta para el espectáculo, iluminación atractiva) en el que el público se sentirá atrapado por el humor y la ternura de un teatro tan entrañable, tan nuestro, como el irlandés.

 

O tolleito de Inishmaan presenta unha pequena illa irlandesa, que perfectamente podería ser unha aldea galega, onde os protagonistas son os seus habitantes, todos de clase traballadora, e que representan un drama que lévase mellor con bo humor. Tanto a traxedia como humor intégranse no espectáculo con moita soltura, sen caer na mensaxe sinxela e lacrimosa, nin forzar situacións e sen presentar un moralismo didáctico erróneo. A idea de comunidade está presente dende o mesmo título da obra, que sinala que o protagonista é un elemento máis de ese colectivo de “especies” que habitan Inishmaan. Unha comunidade onde todo é de dominio público e todo aquel ten a posibilidade de opinar como debe ser a vida do outro. 

 

 

Os personaxes que viven nela son suxeitos no que a ausencia xoga un papel principal sexa pola falta de amor, de escrúpulos, de familia, de maldade ou de afán de superación. Todos eles precisan do colectivo para existir e dun xogo apariencia-realidade para continuar coas súas vidas. En canto o personaxe principal, a  fisionomía é o que define a Billy “O tolleito” para todos os habitantes do pobo, menos para as súas tías, que  buscan nel ese fillo que nunca tiveron. Billy quere transcender esa posición determinista para poder vivir doutra maneira, vivir unha vida que non sexa a través dos ollos dos demais, esa que se lle pasa pouco a pouco mentres mira as vacas ou le libros vellos. 

 

É relevante que se amose a idea de emigración como unha posibilidade de escapar dunha realidade que afoga o suxeito. América para gran parte dos personaxes supón un lugar onde é necesario ir, onde un podería ter a oportunidade de ser outro, eliminando unha identidade consumindo outra e podendo trocala cantas veces queiras, como os mesmos caramelos Mintios.

 

Na parte negativa é relevante sinalar que o doutor, que apenas ten papel no texto orixinal, aquí resulta totalmente prescindible debido a que as súas aparicións remiten máis a anécdota que a necesidade do personaxe na acción. Tamén foi unha mágoa non ter a oportunidade de ver a María Rojas facendo o papel de Helen, pero considero que o papel foi excepcionalmente interpretado por Melania Cruz.

 

En resumo, O tolleito de Inishmaan é unha perfecta combinación entre comedia e traxedia no que se amosa a vida como algo que hai que vivir cos medios que se pode, no que todo paso esixe unha perda e na que todo valor engadido xorde do propio interior.
 

 

Share on Facebook
Share on Twitter
Please reload

Please reload

Please reload

Goodreads
  • Black Facebook Icon
  • Black Twitter Icon
  • Black Instagram Icon

Versos do día

Suscríbete
Sígueme

Ese instante que no se olvida
Tan vacío devuelto por las sombras
Tan vacío rechazado por los relojes
Ese pobre instante adoptado por mi ternura
Desnudo desnudo de sangre de alas
Sin ojos para recordar angustias de antaño
Sin labios para recoger el zumo de las violencias
perdidas en el canto de los helados campanarios.

Ampáralo niña ciega de alma
Ponle tus cabellos escarchados por el fuego
Abrázalo pequeña estatua de terror.
Señálale el mundo convulsionado a tus pies
A tus pies donde mueren las golondrinas
Tiritantes de pavor frente al futuro
Dile que los suspiros del mar
Humedecen las únicas palabras
Por las que vale vivir. 

[...]

Alejandra Pizarnik,  A la espera de la oscuridad. (Fragmento)

David González Domínguez

Contacto : palabradegatsby@gmail.com