David González Domínguez

Contacto : palabradegatsby@gmail.com

Recensión : María Canosa, A cazadora de estrelas

25/04/2017

 

Título: A cazadora de estrelas
Autor: María Canosa
Ilustrador: Dani Padrón
Editorial: Xerais
ISBN: 9788491211914
Nº de páxinas: 112 páxs

Sinopse: 


Megumi era unha das mellores cazadoras de estrelas da súa comunidade. As súas frechas trazaban no ceo o debuxo dun arco até cravarse xusto no medio das estrelas pequeniñas e moi brillantes para crear, entón, unha neboeira de luz. Contaba coa magnífica axuda de Turrón, unha egua que galopaba lixeira coma o vento. Sobraban os dedos dunha man para contar as veces que errara no seu tiro. Era unha tiradora infalible. Mais tamén era unha fantástica amazona. Cando baixo o ceo estrelado se pegaba ao corpo de Turrón, as dúas avanzaban coma se fosen un só corpo, diríase que eran un centauro á caza da supernova.

Non é casualidade que esta obra fose finalista en varias ocasións do premio Merlín. A cazadora de Estrelas de María Canosa ofrece unha historia orixinal chea de elementos fantásticos e que introduce con moita forza e acerto temas tan habituais como o valor da amizade ou a necesidade de protexer o medio no que habitamos, xunto con outros temas moito máis complexos como a necesidade de quebrar a ideoloxía dunha sociedade patriarcal.

 

"Esas eran as normas da comunidade. Os mozos podían ser morenos, salvo os que ocupaban postos directivos, ou de representación. Elas non chegaban nunca a mandatarias, pero sempre debían ser louras." (páx. 42)

 

A narradora non esquece a parte estrictamente didáctica dun libro infantil e expresa cunha sinxeleza e capacidade de síntese loable conceptos precisos. Para iso nútrese de metáforas moi visuais e de realidade infantil cotiá.

 

"As estrelas son moito máis semellantes á Terra do que poidamos pensar. Igual ca ela tamén se configuran en núcleo, manto e atmosfera. O primeiro elemento é fundamental, pois nel danse as reaccións nucleares que xeran a súa enerxía. Pola contra, a última capa é a máis fría, coma se unha cobertura as intentase protexer. Megumi imaxínaas como un caramelo dentro dun envoltorio. De aí a importancia do núcleo, de coidalo, de non ferilo para non facelas esmorecer." (páx. 17)

 

Megumi e Turrón son dous personaxes cunha relación de amizade que é case fraternal e que tamén exemplifica a necesidade dunha relación en pé de igualdade dos seres humanos con outros seres vivos, neste caso animais. A súa amizade trascende nun mundo onde toda relación que non xera un producto é discutible.Por iso, a sociedade é unha das grandes preocupacións de Megumi xa que non comprende o porque das imposicións e a falta de información ós cidadáns. A nena comeza sendo partícipe dun proceso que nunca se cuestiona e remata sendo tan excéptica con él que tenta modificalo.

 

"A amizade, dicía a moza, non responde a ningún mandato." (páx. 57)

 

En resumo, esta historia é tan recomendable como necesaria para a educación dos nenos. As fermosas ilustracións de Dani Padrón son o aderezo perfecto para unha fantástica historia. En A cazadora de estelas aplícase perfectamente a idea de que os nenos aprendan e comprendan o funcionamento (in)correcto do mundo mediante unha historia divertida que os atrapa dende a primeira páxina.

 

 


 

Share on Facebook
Share on Twitter
Please reload

I'm busy working on my blog posts. Watch this space!

Please reload

Please reload

Soy un párrafo. Haz clic aquí para agregar tu propio texto y edítame. Es muy sencillo.

Goodreads
  • Black Facebook Icon
  • Black Twitter Icon
  • Black Instagram Icon

Versos do día

Suscríbete
Sígueme

A miña beleza sinala co dedo,

espella os meus cristais,

ofende.

 

A miña beleza que intimida, 

que enerva sen falar,

que acovarda.

 

A miña beleza que prognostica,

que me eclipsa,

que me traizoa,

 

A que me vende barata,

a que amortiza os meus fallos,

que se me adianta.

 

A que levanta suspicacias,

a que disuade de min, 

que desvirtúa.
[...]

..

Yolanda Castaño, en Profundidade de campo (Espiral maior, 2007)