Recensión : María Canosa, A cazadora de estrelas


Título: A cazadora de estrelas Autor: María Canosa Ilustrador: Dani Padrón Editorial: Xerais ISBN: 9788491211914 Nº de páxinas: 112 páxs

Sinopse:

Megumi era unha das mellores cazadoras de estrelas da súa comunidade. As súas frechas trazaban no ceo o debuxo dun arco até cravarse xusto no medio das estrelas pequeniñas e moi brillantes para crear, entón, unha neboeira de luz. Contaba coa magnífica axuda de Turrón, unha egua que galopaba lixeira coma o vento. Sobraban os dedos dunha man para contar as veces que errara no seu tiro. Era unha tiradora infalible. Mais tamén era unha fantástica amazona. Cando baixo o ceo estrelado se pegaba ao corpo de Turrón, as dúas avanzaban coma se fosen un só corpo, diríase que eran un centauro á caza da supernova.

Non é casualidade que esta obra fose finalista en varias ocasións do premio Merlín. A cazadora de Estrelas de María Canosa ofrece unha historia orixinal chea de elementos fantásticos e que introduce con moita forza e acerto temas tan habituais como o valor da amizade ou a necesidade de protexer o medio no que habitamos, xunto con outros temas moito máis complexos como a necesidade de quebrar a ideoloxía dunha sociedade patriarcal.

"Esas eran as normas da comunidade. Os mozos podían ser morenos, salvo os que ocupaban postos directivos, ou de representación. Elas non chegaban nunca a mandatarias, pero sempre debían ser louras." (páx. 42)

A narradora non esquece a parte estrictamente didáctica dun libro infantil e expresa cunha sinxeleza e capacidade de síntese loable conceptos precisos. Para iso nútrese de metáforas moi visuais e de realidade infantil cotiá.

"As estrelas son moito máis semellantes á Terra do que poidamos pensar. Igual ca ela tamén se configuran en núcleo, manto e atmosfera. O primeiro elemento é fundamental, pois nel danse as reaccións nucleares que xeran a súa enerxía. Pola contra, a última capa é a máis fría, coma se unha cobertura as intentase protexer. Megumi imaxínaas como un caramelo dentro dun envoltorio. De aí a importancia do núcleo, de coidalo, de non ferilo para non facelas esmorecer." (páx. 17)

Megumi e Turrón son dous personaxes cunha relación de amizade que é case fraternal e que tamén exemplifica a necesidade dunha relación en pé de igualdade dos seres humanos con outros seres vivos, neste caso animais. A súa amizade trascende nun mundo onde toda relación que non xera un producto é discutible.Por iso, a sociedade é unha das grandes preocupacións de Megumi xa que non comprende o porque das imposicións e a falta de información ós cidadáns. A nena comeza sendo partícipe dun proceso que nunca se cuestiona e remata sendo tan excéptica con él que tenta modificalo.

"A amizade, dicía a moza, non responde a ningún mandato." (páx. 57)

En resumo, esta historia é tan recomendable como necesaria para a educación dos nenos. As fermosas ilustracións de Dani Padrón son o aderezo perfecto para unha fantástica historia. En A cazadora de estelas aplícase perfectamente a idea de que os nenos aprendan e comprendan o funcionamento (in)correcto do mundo mediante unha historia divertida que os atrapa dende a primeira páxina.

#Recensión

Soy un párrafo. Haz clic aquí para agregar tu propio texto y edítame. Es muy sencillo.

Goodreads
  • Black Facebook Icon
  • Black Twitter Icon
  • Black Instagram Icon

Versos do día

Suscríbete
Sígueme

 

 

 

creme

 

se desafío esta fame

é porque vivo con ela.

Regina Touceda, en deriva 

(Espiral Maior, 2020)  (Fragmento)

David González Domínguez

Contacto : palabradegatsby@gmail.com