I'm busy working on my blog posts. Watch this space!

Please reload

María Solar : "Cando me puxen a escribir, levaba tanto tempo convivindo con eses personaxes que sabía exactamente qué quería facer."

May 2, 2017

María Solar naceu e vive en Santiago de Compostela. É presentadora do programa A revista fin de semana da TVG. Licenciouse en Xornalismo e Bioloxía ademáis de ser diplomada en Maxisterio e ter o título de Especialista en Información Ecolóxica e Medioambiental. A súa actividade profesional sempre se centrou no xornalismo e ten unha longa traxectoria en radio e televisión. Como autora, céntrase no público infantil. Ten publicado entre outros, os libros divulgativos 'O libro do noso mar' (Lea, 1999), 'Ecoloxía na aula' (Lea, 1998); libros infantís e xuvenís como 'Boa Sorte' (Baía, 2008), 'O tempo do revés' (Baía, 2008) 'O Fillo do Pintamonas' (Tambre, 2010), e "Teño uns pés perfectos" (Kalandraka, 2015), "O meu pesadelo favorito" (Galaxia, 2015) Premio Lazarillo e lista White  Ravens, "A verdadeira historia da mosca de tele" (Galaxia, 2012) Premio Frei Martín Sarmiento ou "As meigas de Lupa" (Xerais, 2012) entre moitas outras. Na narrativa adulta debuta con "As horas roubadas" (Xerais, 2016). "Os nenos da varíola" (Galaxia, 2017) é o seu derradeiro libro ata o momento.

 

Texto: Galaxia e Xerais.

Imaxe: Cris Andina (@cris_andina)

 

1.  De onde xorde a necesidade de contar a historia de Os nenos da variola?


Xorde da fascinación que sentín pola historia desde que a coñecín vagamente na facultade de bioloxía primeiro, e despois con máis precisión cando a miña vida xa dera o xiro ao xornalismo. Enseguida quixen poñerlle pel, carne e sentimentos a aqueles nenos vítimas da fame, aos demais protagonistas da expedición, a Isabel Zendal -a reitora do hospicio da Coruña enrolada na viaxe- e ao esquecido Doutor Posse Roybanes, un coruñés adiantado ao seu tempo. Esa era a meta.


2.  Como foi o traballo de documentación para escribir esta historia?


Foi sobre todo moi longo e nalgún momento desesperante ata pensar en deixalo. Fun buscando durante anos sen presa algunha, mentres escribía outras cousas, ata que xa me metín de cheo. Hai datos que seguen sen estar resoltos, que se perderon no tempo, outros que non coinciden, pero con todo, sábese moito. Cando me puxen a escribir, levaba tanto tempo convivindo con eses personaxes que sabía exactamente qué quería facer. E foi unha escrita fluida.


3.  Por qué pensa que os feitos históricos que aquí narras non teñen a presenza que merecen na historia do país?


Por moitas razóns. Unha, que somos un país de pouca memoria. É certo o que tantas veces me din de que se pasara en EUA todos saberiamos a historia  e os nomes. Eles fan ben iso. A varíola é a única enfermidade erradicada do mundo por unha vacina, salváronme millóns de vidas, e estamos así, nin se estuda nas facultades nin nos colexios. As rúas e as estátuas non son memoria viva e non abondan. En Mexico o Premio Nacional de Enfermería leva o nome da reitora do hospicio da Coruña, nada en Ordes. Pero houbo tamén unha razón histórica, ao pouco do regreso de Balmis, España sufriu a invasión francesa e o fito disipouse aínda que Balmis foi recibido coma un heroe. Iso axudou a esquecer, aínda que non foi escusa nin o explica.


4.  Cal era o público que tiñas en mente ó escribir esta historia?


É un libro para adultos e adolescentes. E así está resultando. Ás veces os adultos pregúntanme como está nunha colección xuvenil, pero nos institutos estase a converter nunha lectura moi frecuentada. É esa manía que temos de poñerlle idades. É para quen o lea, e o poida comprender e sentir.


5.  Almudena Arteaga ou Javier Moro xa falaran nas súas obras de esta expedición de Balmis. Que aporta esta novela que a fai distinta das outras?


Vimos de estar xuntos os tres para falarmos sobre o tema. Realmente son tres libros moi diferentes. Almudena foi a primeira e tivo que ficcionar máis, Moro puido documentarse con todo o último que se sabe, como no meu caso, que é a máis recente. Pero fóra dos datos, son novelas diferentes. A miña está contada desde o hospicio da Coruña, pon o foco nos nenos e está moito máis ancorada nos sentimentos, nas persoas. 


6.  Non cabe dúbida que os grandes protagonistas da historia son os propios nenos, que non sendo tan conscientes do que facían e sen futuro aquí, salvaron moitas vidas.


Hai moitos piares. Balmis, Salvany -que morreu con 33 anos levando a vacina pola actual Bolivia- e o seu equipo, foron arriscados e pioneiros. Isabel Zendal foi valente e dedicouse a coidar aos cativos ata enfermar ella mesma. Os nenos eran o eslabón máis feble. Achegarse ao que representaban e o que eran aquí en España os expósitos, e ao que despois foi toda a odisea de transportar nos seus corpos a vacina foi tamén doloroso e ao tempo esperanzador. Eu fun a primeira emocionada cos datos e as anotacións sobre eles, porque non son ficción son reais, e trasladei todo iso ao libro, poñendo a carga ficcional nos personaxes inventados e respectando moitísimo aos reais. Todos eles son vítimas e heroes a un tempo.


7.  Persoalmente considero a Isabel Zendal como un personaxe histórico elemental nesta fazaña. Cre vostede que o seu traballo é o suficientemente recoñecido entre os protagonistas desde feito?


Balmis enrolouna por necesidade imperiosa. Cando iniciou a viaxe de Madrid á Coruña para partir a América, traía a vacina en nenos expósitos e foi un horror. Escapábanlle, choraban, negábanse a vacinarse, el foi consciente de que un barco con 22 nenos de entre 3 e 9 anos era un polvorín. Algo que non madurara ata ese momento. Por iso convenceu a Isabel que aceptou axudar, pero tamén porque Balmis lle prometeu unha vida nova en América, onde o seu fillo natural figuraría como fillo adoptivo, limpando a mancha do pasado dos dous. Iso foi decisivo, ser nai solteira era unha eiva de por vida. Pero Balmis recoñeu o seu labor, e por escrito. Escribiuno e conservase. Louvou o seu traballo que desempeñou ata caer enferma coidando dia e noite aos nenos nas súas sucesivas efermidades, e non só ata México, senon que despois seguiu con Balmis boa parte da viaxe con novos nenos.


8.  É consciente de que grazas a vostede, entre outros, no acto que se realizou no Pazo dos Reis Católicos devolveuse a estas figuras, nunha homenaxe pública, un pouco do recoñecemento que merecen?


Era un empeño persoal que trascende ao libro e que me trascende a min. Desde que souben que había 5 nenos do orfanato de Santiago e que ese lugar se conserva dentro do Hostal dos Reis Católicos empeñeime en poñerlles alí unha placa cos seus nomes e idades. Propúxenllo ao Director de Galaxia, Francisco Castro, e fomos xuntos a falar co Xerente do Hostal, Julio Castro, que se entusiasmou desde o minuto inicial. Paradores puxo a placa que tamén é un orgullo lucir. E os nenos teñen o seu merecido recoñecemento.

 


9. Considera entón que dende a literatura, e a arte en xeral, pódese influír na realidade social?


O meu libro é sobre todo literatura, pero é innegable que estando baseado nun feito real esperta a curiosidade do lector e as súas emocións. Podes ler nun libro de texto que 22 nenos orfos levaron a vacina da varíola a América nos seus corpos e quedar impasible, pero se les a novela coñeces a época e revives a situación, espértanse sentimentos, emocións e opinións nos lectores. E iso é memoria viva.


10. Para concluir, Os nenos da variola tivo unha acollida moi boa por parte do público. Cal crees que pode ser a razón deste éxito?


O libro ten unha acollida sobrecolledora e emocionante. A xente escríbeme a diario polas redes. Tómanse a molestia de buscarme para comentar o que sinten, que se emocionaron, as súas reflexións sobre a filantropía, sobre a memoria, sobre mil cousas. Creo que simplemente é un libro sincero e honesto no que trasmito o que eu sentín. A paixón contáxiase, igual é iso, non o sei.

 

 

 

 

 

 

Share on Facebook
Share on Twitter
Please reload

Please reload

Please reload

Goodreads
  • Black Facebook Icon
  • Black Twitter Icon
  • Black Instagram Icon

Versos do día

Suscríbete
Sígueme

Ese instante que no se olvida
Tan vacío devuelto por las sombras
Tan vacío rechazado por los relojes
Ese pobre instante adoptado por mi ternura
Desnudo desnudo de sangre de alas
Sin ojos para recordar angustias de antaño
Sin labios para recoger el zumo de las violencias
perdidas en el canto de los helados campanarios.

Ampáralo niña ciega de alma
Ponle tus cabellos escarchados por el fuego
Abrázalo pequeña estatua de terror.
Señálale el mundo convulsionado a tus pies
A tus pies donde mueren las golondrinas
Tiritantes de pavor frente al futuro
Dile que los suspiros del mar
Humedecen las únicas palabras
Por las que vale vivir. 

[...]

Alejandra Pizarnik,  A la espera de la oscuridad. (Fragmento)

David González Domínguez

Contacto : palabradegatsby@gmail.com