I'm busy working on my blog posts. Watch this space!

Please reload

Presentación : Héctor Cajaraville, Once Portas. Feira do libro de Santiago de Compostela (02/05/2017)

May 3, 2017

A feira do libro de Santiago de Compostela foi o lugar escollido pola editorial Xerais para a presentación de Once Portas, Premio Ánxel Fole de narrativa curta do concello de Lugo, do autor santiagués Héctor Cajaraville. A escolla do lugar non puido ser máis correcta sendo esta unha "noveliña", non por calidade senón por extensión, que ten a capital de Galicia como protagonista.

 

No acto acompañou ó autor Manuel Bragado que comezou o acto destacando a versatilidade de Cajaraville como autor e a súa forte irrupción no mundo da literatura con seis publicacións en apenas dous anos. Da novela destaca a súa construción sólida e precisa pese a ser unha obra híbrida con elementos da novela histórica e a de viaxes. Non esqueceu sinalar a gran capacidade do autor para “ensarillar a información” e, tampouco, a necesidade de ter esta historia como unha máis que engadir a un corpus de textos sobre a cidade de Santiago que nativos e foráneos debían de ler.

 

Héctor Cajaraville presentou a súa historia como unha obra que xurdiu dunha investigación a título persoal sobre a historia da cidade, que lonxe de ser tediosa foi o xerme dunha nova historia que se engadiu as outras nas que simultaneamente traballaba. Presentou o texto a moitos premios dos que recibiu respostas negativas e fixo que pouco a pouco realizase cambios que contribuíron a un resultado final moito máis puído. Destacou tamén que toda a incerteza que existe sobre o propio orixe da cidade e a muralla supuxo para el que cada descubrimento melloraba a historia principal.

 

Share on Facebook
Share on Twitter
Please reload

Please reload

Please reload

Goodreads
  • Black Facebook Icon
  • Black Twitter Icon
  • Black Instagram Icon

Versos do día

Suscríbete
Sígueme

Ese instante que no se olvida
Tan vacío devuelto por las sombras
Tan vacío rechazado por los relojes
Ese pobre instante adoptado por mi ternura
Desnudo desnudo de sangre de alas
Sin ojos para recordar angustias de antaño
Sin labios para recoger el zumo de las violencias
perdidas en el canto de los helados campanarios.

Ampáralo niña ciega de alma
Ponle tus cabellos escarchados por el fuego
Abrázalo pequeña estatua de terror.
Señálale el mundo convulsionado a tus pies
A tus pies donde mueren las golondrinas
Tiritantes de pavor frente al futuro
Dile que los suspiros del mar
Humedecen las únicas palabras
Por las que vale vivir. 

[...]

Alejandra Pizarnik,  A la espera de la oscuridad. (Fragmento)

David González Domínguez

Contacto : palabradegatsby@gmail.com