Presentación : Antía Yáñez, O misterio de Portomarín. Feira do libro de Santiago de Compostela (03/0


A xornada do martes foi a elixida pola editorial Galaxia para presentar a súa nova proposta no eido da literatura infantil e xuvenil no selo árbore. O misterio de Portomarín é a primeira novela de Antía Yáñez polo tanto o seu debut no mundo das letras. No acto estivo ben acompañada por Carlos Lema, en representación da editorial Galaxia, e David Vázquez, director do documental Asolagados.

Na súa intervención, Carlos Lema sinalou o éxito que ten o libro no público novo e sinala que é unha obra que presenta un paisaxe fantasmal dunha vila asolagada e que iso permite os protagonistas e ó lector lembrar a historia do que aconteceu en Portomarín e as súas consecuencias. Reparou tamén na vontade da auga que sendo a transparencia o seu principal cualificativo, revela algo oculto no seu interior e iso sempre chama á aventura. Rematou a intervención sinalando que é unha historia para todos os públicos, unha homenaxe os libros de aventuras e a novela do XIX e que tiña moitos detalles que un público adulto tería máis facilidade de comprender.

David Vázquez sinalou que esta novela é o perfecto final engadido para o documental Asolagados, un proxecto que definiu duro “para quen está tras as cámaras e para os que respostan. Moitos non tiñan ganas de falar”. Portomarín non sae no documental pero si que sufriu consecuencias semellantes ás doutros territorios asolagados. Foi un proxecto que levou dous anos de traballo e que vendeu todas as súas copias e agora mesmo é de acceso máis complicado. Sobre a novela declarou que é un libro moi adictivo “sobre todo na súa segunda metade” e que calquera lector pode gozar da historia.

Antía Yañez destacou que O misterio de Portomarín foi unha historia que se teceu coas continuas referencias da súa familia ó que pasou na vila luguesa. Agradeceu a presenza de David Vázquez sinalando que “aínda que Portomarín non sae nese documental, oferta unha realidade máis cruenta que eu non presento tan fortemente na ficción”. Destacou o traballo do editor Francisco Castro, quen apostou pola historia dende o primeiro momento. Comentou que cando se publicou a novela, produciuse unha baixada tremenda no río e observou un pouco “desa realidade que eu non vira nunca cos meus propios ollos. Ver o pensamento feito realidade.”

#PresentaciónseEventos

Soy un párrafo. Haz clic aquí para agregar tu propio texto y edítame. Es muy sencillo.

Goodreads
  • Black Facebook Icon
  • Black Twitter Icon
  • Black Instagram Icon

Versos do día

Suscríbete
Sígueme

enumerar motivos para debuxar unha balea

 

para crer nun espírito navegante que non temos

para delimitar o medo

para valernos dela na fuxida

para botar de menos unha viaxe

unha en concreto

para debuxar un bazar e disfrazala de elefante

porque teñen a forma das distancias

porque dentro dunha balea o ceo está limpo e non hai dor

para pintala sorrindo e poñerlle flores ou peixiños pequenos

para facer unha metáfora de todas as traxectorias

para que sexa a proa na reconquista da paisaxe

para representar o tamaño da tristeza

para pensar nas palabras coas que explicar o debuxo.

Eduardo Estévez, de baleas 

(Caldeirón, 2017)  

David González Domínguez

Contacto : palabradegatsby@gmail.com