Recensión : Héctor Cajaraville, Once portas


Título: Once Portas Autor: Héctor Cajaraville Editorial: Xerais ISBN: 9788491211792 Nº de páxinas: 104 páxs

Sinopse:

O día da Ascensión do ano 1929 o mozo Guillerme Cardelle achégase á Alameda de Santiago de Compostela para desfrutar da xornada festiva. Cando decide entrar no gabinete do mago Bunda, dotado de supostos poderes proféticos e divinatorios, non pode imaxinar que o que alí escoite lle cambiará a vida para sempre.Desde entón Guillerme será o depositario dun segredo relacionado coa antiga muralla, as igrexas intra muros e o sepulcro do apóstolo que dá nome á cidade. E revoando sobre todos estes elementos, a presenza permanente do número once, unha cifra arredor da que semella xirar un misterio no que Guillerme deberá afondar para descubrir o seu verdadeiro sentido."Once portas" é unha novela a cabalo entre o histórico e o fantástico, unha viaxe a través dos episodios sobranceiros da historia compostelá e unha homenaxe á cidade de Santiago a través dos seus símbolos máis universais.

Premio de Narrativa Curta Ánxel Fole, 2016

Como santiagués de adopción, considero que con varios anos na cidade xa merezo un pouco o título, sempre da a impresión de que coñeces moito da cidade. Podo camiñar pola zona nova e pola vella sen perderme polas súas rúas e tamén coñezo algunha das zonas máis importantes da periferia. Por suposto, sempre fíxenme cuestións acerca da propia historia da cidade, dende o seu nome ata a súa orixe. Aínda que moitas aínda non teñen resposta a nova publicación de Héctor Cajaraville resultou didáctica, canto menos ilustrativa, e chea de ficción que, como xa sabemos, é a mellor forma de transmitir.

Once Portas é unha novela moi curta pero ben construída. Os once capítulos da historia, como non podería ser doutro modo, acompáñanse dun prólogo e epílogo que crean a sensación do motivo do “documento atopado”. Desta maneira, realidade e a ficción conxúganse nunha historia sobre a cidade de Santiago que roza o fantástico pero tamén amosa un traballo de investigación forte e ben presentado.

Guillerme Cardelle será os nosos ollos na novela, narrando todos os sucesos da historia e presentando unha investigación na xénese da cidade que se converte nunha necesidade ou obsesión para el. Un misterio tan inmenso é un reto para un rapaz que lonxe de acovardarse ou de cuestionarse a validez do mesmo, adica os seus esforzos na súa resolución. Phillip, o mago Bunda e outros personaxes serán a axuda que recibirá neste duro camiño no que crecerá como persoa e como investigador.

Respecto do estilo, esta novela é o exemplo da pulcritude e a corrección. Exenta de todo aderezo e experimento formal, a narrativa da novela é moi compacta e sinxela. A descrición copa case todas as páxinas que tamén intercalan diálogos en momentos ben escollidos para que a narrativa non sexa pesado. As fontes bibliográficas e as referencias bíblicas son escollidas e presentadas de forma moi lixeira, sintetizando as ideas principais e eliminando os detalles innecesarios.

En resumo, Once portas é unha pequena novela en cuanto a súa extensión pero tamén un exemplo de organización e da difícil facilidade de construír unha novela cun ritmo narrativo sosegado, documentada, traballada e non por iso exenta de misterio e aventuras. Un agasallo para Santiago e a súa historia.

#Recensión

Soy un párrafo. Haz clic aquí para agregar tu propio texto y edítame. Es muy sencillo.

Goodreads
  • Black Facebook Icon
  • Black Twitter Icon
  • Black Instagram Icon

Versos do día

Suscríbete
Sígueme

 

 

 

creme

 

se desafío esta fame

é porque vivo con ela.

Regina Touceda, en deriva 

(Espiral Maior, 2020)  (Fragmento)

David González Domínguez

Contacto : palabradegatsby@gmail.com