I'm busy working on my blog posts. Watch this space!

Please reload

Recensión : Rosalía Fernández Rial, Ningún amante sabe conducir

May 10, 2017

 

Título: Ningún amante sabe conducir
Autora: Rosalía Fernández Rial
Editorial: Positivas
ISBN: 9788494120480
Nº de páxinas: 56 páxs

Por consello de Diana Pastoriza, unha das máis voraces, críticas e intelixentes lectoras que coñezo, so tedes que botar unha ollada o seu blogue, tomei a decisión de somerxerme no mundo poético de Rosalía Fernández Rial. Sinceramente non sei porque razón escollín este libro entre os moitos que me recomendou da autora. Sei que non hai nada menos crítico que carecer dun criterio sólido na escolla de exemplares, pero digamos que a miña “intuición”, por elixir un culpable, non me traizoou.

 

Ningún amante sabe conducir é un libro de poemas que parte dunha premisa tan aparentemente sinxela como poéticamente complexa: transmitir o erotismo urbano dende unha voz rebelde e inconformista. As estradas polas que transcorren os versos son eses camiños que toman os individuos e que "colisionan" en momentos de álxido erotismo e de sensualidade trabada polo desexo.

 

Tirate ao abismo dos grafemas que me medran na pel. Cae bifurcandome autovías na pel ata a derradeira colisión.  (páx. 39)

 

Prendes, 

no contacto dos labios, 

un motor que arrinca 

letargos corporais;

quecendo 

as válvulas

do meu chasis oxidado.

(Curvas Perigosas, páx.29)

 

O amor pasional é o que dirixe ó eu poético que non é capaz de opoñerse a unha forza centrifuga que ameaza con encher todos os ocos do seu modus vivendi. Ese amor tan carnal, froito da paixón,, esquece as normas racionais e as direccións propias que unha debe tomar. 

 

Sabes que vivo condenada 
aos desmaios da paixón;
son adicta sucumbir
a pretéritos amantes,
pois pendente
de cadeas, non podería desexar.

(Pendente perigosa, páx. 16)
 

Neste libro presentase unha poesía que non so se aparta dos seus lindes, senón que enfróntase a eles, polo que temos por unha unha poesía estruturada e profunda, que a súa vez xoga cunha prosa poética de clara influencia cinematográfica, algo teatral, e de clara tendencia á dualidade. A linguaxe, en aparencia sinxela, xoga cos elementos urbanos e tece sobre eles unha simboloxía potente e que engaiola ó lector coa súa sonoridade ata o último verso.

 

 

En resumo, esta primeira achega a poesía de Rosalía Fernández amósame unha poeta rebelde, en guerra co momento que vive, e que esmaga as convencións amorosas para presentar un amor inconformista e pasional con verbas politicamente incorrectas. En definitiva, un descubrimento moi gratificante.
 


 

Share on Facebook
Share on Twitter
Please reload

Please reload

Please reload

Goodreads
  • Black Facebook Icon
  • Black Twitter Icon
  • Black Instagram Icon

Versos do día

Suscríbete
Sígueme

Ese instante que no se olvida
Tan vacío devuelto por las sombras
Tan vacío rechazado por los relojes
Ese pobre instante adoptado por mi ternura
Desnudo desnudo de sangre de alas
Sin ojos para recordar angustias de antaño
Sin labios para recoger el zumo de las violencias
perdidas en el canto de los helados campanarios.

Ampáralo niña ciega de alma
Ponle tus cabellos escarchados por el fuego
Abrázalo pequeña estatua de terror.
Señálale el mundo convulsionado a tus pies
A tus pies donde mueren las golondrinas
Tiritantes de pavor frente al futuro
Dile que los suspiros del mar
Humedecen las únicas palabras
Por las que vale vivir. 

[...]

Alejandra Pizarnik,  A la espera de la oscuridad. (Fragmento)

David González Domínguez

Contacto : palabradegatsby@gmail.com