I'm busy working on my blog posts. Watch this space!

Please reload

Recensión : Henrique Monteagudo, Carlos Casares un contador de historias

May 17, 2017

 

Título: Carlos Casares un contador de historias
Autor: Henrique Monteagudo
Editorial: Galaxia
ISBN: 9788491510390 
Nº de páxinas: 180 páxs

Sinopse:

 

Unha biografía concisa e ben documentada do escritor na que se presta atención especial aos aspectos relacionados coa súa obra literaria e xornalística. Desde a infancia e mocidade en Xinzo de Limia e Ourense, á súa chegada a Compostela e a súa revelación como escritor. Tamén a súa contribución á cultura e á sociedade galegas, a súa actividade como editor, e a súa participación nas institucións culturais e políticas. A relación entre vida e obra do autor de Vento ferido serve de guía e argumento a unha biografía que é ao tempo retrato do personaxe e interpretación da significación da súa obra. Unha achega imprescindible para entender tanto a historia da literatura coma a cultura e a sociedade galegas do seu tempo.

O día das letras galegas deste ano adícase a figura de Carlos Casares. Coñecín pouco da súa figura nos anos de educación obrigatoria, apenas nomes de títulos e poucos datos biográficos, todo mesturado, como unha lista da compra. Cos anos achegueime a obras como Vento Ferido e a miña preferida, aínda que pouco orixinal pola miña parte, Ilustrísima. Por esa razón, agradezo moitísimo publicación de este libro, guía para min e moitos polo mundo de Casares.
 

Henrique Monteagudo traza una cartografía de Carlos Casares dende un punto de vista profesional e sintético, pero non por iso esquece presentar a figura dun home que coñeceu e co que conviviu dende o máis sincero agarimo. Constrúe unha biografía da vida e obra do autor mediante unha división en catro grandes bloques que permiten unha lectura moito máis sinxela e organizada. Non esquece introducir apreciacións críticas da súa propia colleita ou de outros críticos que recollense posteriormente na  bibliografía final. O propio Casares tamén ten voz a través de fragmentos de entrevistas e un apéndice con fragmentos dos seus discursos e escritos.
 

Sen dúbida estamos ante unha publicación necesaria e ben preparada. Unha homenaxe máis para o autor que supón un material moi interesante de cara a difusión da súa figura entre o público en xeral, unha ferramenta didáctica e un punto de encontro para os amantes da súa obra literaria.

Share on Facebook
Share on Twitter
Please reload

Please reload

Please reload

Goodreads
  • Black Facebook Icon
  • Black Twitter Icon
  • Black Instagram Icon

Versos do día

Suscríbete
Sígueme

Quén preservará todos os contornos da conciencia.

Quén ha de revelar o meu nome descoñecido,

o meu impúdico nome que codifica e devora.

Quén pode prescribir tantos equívocos moldes

por encima desta fiestra construída polo corpo.

Quén haberá que incorpore esta razón esta memoria

cara un ciclo impertérrito de tebras e de luz?  [...]

..

Yolanda Castaño, en Delicia (Espiral Maior,1998)

David González Domínguez

Contacto : palabradegatsby@gmail.com