I'm busy working on my blog posts. Watch this space!

Please reload

Recensión : Isaac Xubín, A cadencia da fractura

May 18, 2017

 

Título: A cadencia da fractura
Autor: Isaac Xubín
Editorial: Xerais
ISBN: 9788491212218
Nº de páxinas: 64 páxs

Sinopse:

 

O neno acudía sempre á liturxia e chegou a ser consciente da relevancia das contradicións, o seu significado, aprender a desobedecer. O neno nacera, de feito, no lugar en que abrolla a propia execución da cerimonia que cantaba a praxe dunha supervivencia que despois o obrigou a desfacerse de todo aquilo que daba forma ao culto, tivo que aprender a cruzar os ríos. Foi así como puido reparar nos vencellos entre mobilidade, violencia, linguaxe e corpo. Todo comeza, tamén aquí, co movemento da morte, da ausencia e da derrota que prende un lume. A necesidade de determinar e de medir, a procura dun padrón. O resultado é a consciencia dos límites, dos movementos.

 

Premio de Poesía Manuel Lueiro Rey, 2017

 

O excepcional da vida é que nela nada é inmóbil. O noso percorrido está cheo de transicións e desprazamentos ó descoñecido e por iso sempre triunfan os valentes. Co paso do tempo perdemos certos valores, ideais e ideoloxías que vinculamos a un pasado feliz. A dureza do mundo ensina as vergonzas do ser humano e non podemos evitar presenciar a violencia, a ausencia ou o drama da derrota.

 

A cadencia da fractura é un deses libros que falan da difícil transición da zona de confort ó fronte belixerante da vida. Xubín presenta unha poética do movemento, onde hai moita importancia da noción de corpo e de cambio e na que se discuten e critican todo tipo de prácticas humanas. Esta visión da vida é froito do enfrontamento a barbarie e as miserias da vida, que non somos capaces de ignorar, que quebra a nosa visión infantil, que nunca poderemos recuperar.

 

A forza da vida reclamábame agresión,

colocar sobre as sílabas acentos gráficos e construír

un verso hendecasílabo ao final de cada acción violenta

que me tira do interior do fígado.

Queimei a superficie vidrosa das retinas

mirando onde máis pracer me daba,

rompín a pituitaria tentando guiarme curso arriba

onde os salmóns e as lampreas prometen desobar,

collín as botellas pola gorxa,

como todo aquilo que necesitaba ser estimulado 

como nos collía o asfalto nos xeonllos

cando nenos e o sangue quente que abrollaba

demostraba que estabamos vivos, finitude:

expulsei da miña vida a paisaxe redentora. (páxs. 56-57)

 

Versos polimétricos é profundos que golpean mediante unha mensaxe crítica e a expresividade musical e que plantexan un reto ó lector pola tensión co que se expresan e a cantidade de sentidos que buscan activar. A incerteza que transmiten os versos no principio do poemario evoluciona ata un nerviosismo que consegue que ó lector se atope nunha grata incomodidade.

 

A música do río semella autárquica,

parece que vén inscrita nunha vontade

imposible de identificar.

Por iso levo os labios cosidos con estes fíos de desidia,

nalgún compás da partitura puiden atopar o inimitable,

quizais o indiscernible. (páx. 46)

 

A cadencia da fractura supón a miña primeira experiencia na poesía de Isaac Xubín. Unha publicación que move a sensibilidade dende unha óptica da brutalidade  e transcendencia do real e que acadou o Premio Manuel Lueiro Rey 2017.
 

 

 

Share on Facebook
Share on Twitter
Please reload

Please reload

Please reload

Goodreads
  • Black Facebook Icon
  • Black Twitter Icon
  • Black Instagram Icon

Versos do día

Suscríbete
Sígueme

Ese instante que no se olvida
Tan vacío devuelto por las sombras
Tan vacío rechazado por los relojes
Ese pobre instante adoptado por mi ternura
Desnudo desnudo de sangre de alas
Sin ojos para recordar angustias de antaño
Sin labios para recoger el zumo de las violencias
perdidas en el canto de los helados campanarios.

Ampáralo niña ciega de alma
Ponle tus cabellos escarchados por el fuego
Abrázalo pequeña estatua de terror.
Señálale el mundo convulsionado a tus pies
A tus pies donde mueren las golondrinas
Tiritantes de pavor frente al futuro
Dile que los suspiros del mar
Humedecen las únicas palabras
Por las que vale vivir. 

[...]

Alejandra Pizarnik,  A la espera de la oscuridad. (Fragmento)

David González Domínguez

Contacto : palabradegatsby@gmail.com