Recensión : Isaac Xubín, A cadencia da fractura


Título: A cadencia da fractura Autor: Isaac Xubín Editorial: Xerais ISBN: 9788491212218 Nº de páxinas: 64 páxs

Sinopse:

O neno acudía sempre á liturxia e chegou a ser consciente da relevancia das contradicións, o seu significado, aprender a desobedecer. O neno nacera, de feito, no lugar en que abrolla a propia execución da cerimonia que cantaba a praxe dunha supervivencia que despois o obrigou a desfacerse de todo aquilo que daba forma ao culto, tivo que aprender a cruzar os ríos. Foi así como puido reparar nos vencellos entre mobilidade, violencia, linguaxe e corpo. Todo comeza, tamén aquí, co movemento da morte, da ausencia e da derrota que prende un lume. A necesidade de determinar e de medir, a procura dun padrón. O resultado é a consciencia dos límites, dos movementos.

Premio de Poesía Manuel Lueiro Rey, 2017

O excepcional da vida é que nela nada é inmóbil. O noso percorrido está cheo de transicións e desprazamentos ó descoñecido e por iso sempre triunfan os valentes. Co paso do tempo perdemos certos valores, ideais e ideoloxías que vinculamos a un pasado feliz. A dureza do mundo ensina as vergonzas do ser humano e non podemos evitar presenciar a violencia, a ausencia ou o drama da derrota.

A cadencia da fractura é un deses libros que falan da difícil transición da zona de confort ó fronte belixerante da vida. Xubín presenta unha poética do movemento, onde hai moita importancia da noción de corpo e de cambio e na que se discuten e critican todo tipo de prácticas humanas. Esta visión da vida é froito do enfrontamento a barbarie e as miserias da vida, que non somos capaces de ignorar, que quebra a nosa visión infantil, que nunca poderemos recuperar.

A forza da vida reclamábame agresión,

colocar sobre as sílabas acentos gráficos e construír

un verso hendecasílabo ao final de cada acción violenta

que me tira do interior do fígado.

Queimei a superficie vidrosa das retinas

mirando onde máis pracer me daba,

rompín a pituitaria tentando guiarme curso arriba

onde os salmóns e as lampreas prometen desobar,

collín as botellas pola gorxa,

como todo aquilo que necesitaba ser estimulado

como nos collía o asfalto nos xeonllos

cando nenos e o sangue quente que abrollaba

demostraba que estabamos vivos, finitude:

expulsei da miña vida a paisaxe redentora. (páxs. 56-57)

Versos polimétricos é profundos que golpean mediante unha mensaxe crítica e a expresividade musical e que plantexan un reto ó lector pola tensión co que se expresan e a cantidade de sentidos que buscan activar. A incerteza que transmiten os versos no principio do poemario evoluciona ata un nerviosismo que consegue que ó lector se atope nunha grata incomodidade.

A música do río semella autárquica,

parece que vén inscrita nunha vontade

imposible de identificar.

Por iso levo os labios cosidos con estes fíos de desidia,

nalgún compás da partitura puiden atopar o inimitable,

quizais o indiscernible. (páx. 46)

A cadencia da fractura supón a miña primeira experiencia na poesía de Isaac Xubín. Unha publicación que move a sensibilidade dende unha óptica da brutalidade e transcendencia do real e que acadou o Premio Manuel Lueiro Rey 2017.

#Recensión

Soy un párrafo. Haz clic aquí para agregar tu propio texto y edítame. Es muy sencillo.

Goodreads
  • Black Facebook Icon
  • Black Twitter Icon
  • Black Instagram Icon

Versos do día

Suscríbete
Sígueme

enumerar motivos para debuxar unha balea

 

para crer nun espírito navegante que non temos

para delimitar o medo

para valernos dela na fuxida

para botar de menos unha viaxe

unha en concreto

para debuxar un bazar e disfrazala de elefante

porque teñen a forma das distancias

porque dentro dunha balea o ceo está limpo e non hai dor

para pintala sorrindo e poñerlle flores ou peixiños pequenos

para facer unha metáfora de todas as traxectorias

para que sexa a proa na reconquista da paisaxe

para representar o tamaño da tristeza

para pensar nas palabras coas que explicar o debuxo.

Eduardo Estévez, de baleas 

(Caldeirón, 2017)  

David González Domínguez

Contacto : palabradegatsby@gmail.com