I'm busy working on my blog posts. Watch this space!

Please reload

Presentación : Paco Barreiro, Beixos de lingua. Casa del Libro. Vigo (19/05/17)

May 20, 2017

A casa do libro foi o escenario elixido para a presentación de Beixos de Lingua na cidade olívica. O acto tivo unha asistencia notable de público e nel participaron Fran Alonso en representación de Edicións Xerais de Galicia e o autor Paco Barreiro.

 

Inaugurou o acto Fran Alonso falando de que no poemario "a lingua e a palabra son o eixo central" polo que foi presentando dunha maneira máis técnica cantidade de xogos formais e lingüísticos que hai no poemario. O que máis sorprendeu a Fran Alonso deste libro foi que "pertence a unha poesía visual e lúdica que non é tan habitual na literatura galega" e que "ese sentido lúdico, o humor e o xogo constante son as súas armas". Tras unha interesante e profunda análise que foi moi ilustrativa, pechou a súa intervención sinalando que este é un libro " moi entretido, dos que gusta compartir e ler en voz alta para os demais".

 

Paco Barreiro presentou o libro como un conxunto de anotacións que fixeron sentido por elas mesmas. "A lingua é a que desperta as cachadas que hai no libro". Entre diferentes pezas musicais inspiradas en xogos coa lingua, deixou tamén abertas moitas portas a reflexión. Sinala que "a palabra é pensamento porque sempre ten un significado" e "partindo dunha palabra ou idea unhas tiran de outras constantemente". Sen dúbida, o que mellor define o seu libro é que "a síntese esquece e difumina os matices que son o máis fermoso". 

 

A verdade é que foi un privilexio escoitar a estes dous poetas presentando un libro tan bonito coma este. Unha nova aposta por unha poesía que xoga co lector e que é tan infinita como a lingua.

 

 

Share on Facebook
Share on Twitter
Please reload

Please reload

Please reload

Goodreads
  • Black Facebook Icon
  • Black Twitter Icon
  • Black Instagram Icon

Versos do día

Suscríbete
Sígueme

Ese instante que no se olvida
Tan vacío devuelto por las sombras
Tan vacío rechazado por los relojes
Ese pobre instante adoptado por mi ternura
Desnudo desnudo de sangre de alas
Sin ojos para recordar angustias de antaño
Sin labios para recoger el zumo de las violencias
perdidas en el canto de los helados campanarios.

Ampáralo niña ciega de alma
Ponle tus cabellos escarchados por el fuego
Abrázalo pequeña estatua de terror.
Señálale el mundo convulsionado a tus pies
A tus pies donde mueren las golondrinas
Tiritantes de pavor frente al futuro
Dile que los suspiros del mar
Humedecen las únicas palabras
Por las que vale vivir. 

[...]

Alejandra Pizarnik,  A la espera de la oscuridad. (Fragmento)

David González Domínguez

Contacto : palabradegatsby@gmail.com