I'm busy working on my blog posts. Watch this space!

Please reload

Recensión : Tomás González Ahola, Alaia e a deusa

May 25, 2017

Título: Alaia e a deusa

Autor: Tomás González Ahola

Editorial: Urco Editora

ISBN: 9788415699569

Nº de páxinas: 144 páxs

Sinopse:

 

Alaia, unha moza da tribo dos nerios, ten que abandonar o seu castro natal para ir traballar á cidade de Thaladé, construída enriba do bravo Mar Poñente. Alí coñecerá a crueldade dos amos e as contradicións da mal chamada civilización, mais tamén descubrirá o maior dos segredos que gardan os seus túneles ancestrais. Así e todo, a mais grande aventura de Alaia será coñecer ese prodixioso misterio que se agocha no corazón do ser humano: o amor verdadeiro.

Despois de ler Da fría e distante estrela polar (Urco, 2016) pensei que unha primeira experiencia tan gozosa coa narrativa de Tomás González Ahola non podería ser a única, polo que decidín remexer un pouco entre os seus libros para ver se atopaba ese traballo que vin no primeiro. Teño que recoñecer que na lectura do seu Derradeiro Bis en catro-corenta (Redelibros, 2015) non vin o narrador potente que agardaba e resultou para min unha lectura un tanto "desconcertante". Sen embargo, na súa produción no eido da literatura xuvenil, atopei esa instancia narrativa que fai do de Vilaboa un escritor moi interesante.

 

Alaia e a deusa  (Urco, 2014) é unha novela curta publicada na colección xuvenil de Urco que causou en min unha grata sorpresa. Presenta unha estrutura férrea e unha historia tan entretida como ben construída. Nela os feitos teñen lugar nun período non moi amplo de tempo pero están traballados coa necesaria tranquilidade para non acumularse sen sentido. Nesta obra a temática é moi variada pero destacaría principalmente o tema do amor e da liberdade. Os mensaxes que nela se agochan poderían subscribirse por moitos dos lectores, polo que é unha obra tamén de rebeldía para os xoves.

 

Con respecto ós personaxes, nesta obra o protagonismo é claramente feminino. Alaia e Tálice son as nosas protagonistas e nelas está presente a primeira dualidade da obra. Alaia representa ese mundo da pobreza e a escravitude, do traballo incansable e dos castigos inhumanos; fronte a Tálice que ten unha posición social que lle permite unha vida sen problemas, coa única preocupación de ter que casar para manter a posición ou por o hábito. Estes mundos teñen en común a escuridade e a necesidade de liberdade das protagonistas. 

 

Alaia é unha nena con ideais e que non cae no, por desgraza case clixé na literatura actual, da muller forte, invencible e independente que todo o fai sen axuda. A fortaleza que nela se presenta está cando se precisa, tamén ten a capacidade de amar desinteresadamente, ten momentos de debilidade cando todo o pinta mal e é capaz de ser racional e irracional en función da situación. Alaia é humana e por iso causa simpatía no lector. A súa posición como muller so se representa nas limitacións que a sociedade impón, pero nunca nas súas accións. Non precisa de hipérbole para engrandecerse.

 

Ela era un espírito libre, demasiado libre, segundo os seus pais, e os espíritos libres son coma os paxaros, que morren de pena cando os engaiolan. (...) Pero como nacera muller e a súa xente lle esixía vestir, facer e existir como tal, a coitada tiña que reservar determinados xogos para o seu tempo de lecer, que non era moito. (páxs. 10-11)

 

Tálice, nunha primeira lectura, semella un pouco máis simple que Alaia pero iso simplemente  se debe a que as súas accións non son tan vistosas como as de Alaia. Sen embargo, moitas veces son as que solucionan todos os problemas ou salvan a vida a súa namorada. Nela plantéxanse problemas relacionados coa sociedade patriarcal e co drama que tamén viven as mulleres aínda que sexan de clase alta.


Neste libro atopei esa prosa que tanto me fascinara no meu primeiro encontro con este escritor. A prosa aparenta sinxeleza pero incorpora a musicalidade e a combinación de diálogo e descrición dunha maneira realista. O traballo na psique dos personaxes é menor que noutros traballos pero aínda así moi útil para extraer dela unha crítica o sistema patriarcal e a todo tipo de sistema opresivo. A descrición dos elementos ten una presenza moi grande e permite construír dunha maneira visual os ambientes de Thaladé.

 

Tratábase esta dunha ponte monumental que cruzaba a máis interior das canles e desembocaba directamente na avenida que daba á Porta Solleira, o gran portal dourado do palacio do Señor das Ondas. Tiña o ancho de seis carros, estaba construída con sólidos bloques de perpiaño e estaba protexida por unha cuberta de madeira sostida por columnas vermellas. As cornamentas de centos de touros bravos adornaban os laterais e os beirados do teitume e tamén sobresaían da parte inferior, mirando á auga, co que lle conferían o aspecto dunha fabulosa moto que ficara varada naquel lugar tentando cruzar a gran canle pola que fluían as augas escuras e somnolentas do mar domado. (páx. 42)

 

En resumo, Alaia e a deusa é un reencontro moi esperado coa narrativa do autor e que presenta todos os puntos que precisa, na miña opinión, unha obra de literatura xuvenil para ter éxito: A ansia de liberdade, a rotura dos tabús respecto a orientación sexual e unha aventura

chea de acción e rebelións fan desta historia, unha lectura obrigada para a xuventude.

 

 

Share on Facebook
Share on Twitter
Please reload

Please reload

Please reload

Goodreads
  • Black Facebook Icon
  • Black Twitter Icon
  • Black Instagram Icon

Versos do día

Suscríbete
Sígueme

Ese instante que no se olvida
Tan vacío devuelto por las sombras
Tan vacío rechazado por los relojes
Ese pobre instante adoptado por mi ternura
Desnudo desnudo de sangre de alas
Sin ojos para recordar angustias de antaño
Sin labios para recoger el zumo de las violencias
perdidas en el canto de los helados campanarios.

Ampáralo niña ciega de alma
Ponle tus cabellos escarchados por el fuego
Abrázalo pequeña estatua de terror.
Señálale el mundo convulsionado a tus pies
A tus pies donde mueren las golondrinas
Tiritantes de pavor frente al futuro
Dile que los suspiros del mar
Humedecen las únicas palabras
Por las que vale vivir. 

[...]

Alejandra Pizarnik,  A la espera de la oscuridad. (Fragmento)

David González Domínguez

Contacto : palabradegatsby@gmail.com