Recensión: Iria Collazo López, A soidade das medusas


Título: A soidade das medusas Autora: Iria Collazo

Ilustradora: Luz Beloso Editorial: Galaxia ISBN: 9788491510192

Nº de páxinas: 84 páxs

Sinopse:

Que poden ter en común unha pianista, un escritor, unha nena, un vello e unha reputada fotógrafa.....

Que poden ter en común unha pianista exitosa, protagonista dunha historia inexistente que nunca poderá ser contada, un escritor pechado contra a súa vontade nun apartamento no medio dun mar de rañaceos, unha nena de ollos tristes e pasado cruel que foxe do vento, unha reputada fotógrafa con ansias de voar lonxe, os soños dun vello inconsciente no deserto do hospital ou unha oficinista presa dos seus propios rituais e dun amor imposible? A resposta está nos relatos deste libro. A soidade das medusas, cheo de personaxes que transitan por un océano de encrucilladas onde, como dixo a filósofa María Zambrano, "todo ten dereito a ser, incluso o que non puido existir endexamais".

Teño que admitir que non coñecía a obra de Iria Collazo previamente, xa que non tiven ocasión de ler Coma unha áncora (Galaxia, 2015). Polo tanto, ó non ter precedentes, non tiña expectativa ninguna en relación coa súa narrativa. Co paso das páxinas, A soidade das medusas logrou captar a miña atención e encherme de emocións positivas e negativas.

A soidade das medusas é un conxunto de relatos que poden lerse por separado pero que teñen elementos en común entre eles. Existen certos "leif motivs" ou historias que se entrecruzan e estes aspectos crean unha cohesión estructural no libro moi salientable. Teño que admitir que nunha primeira lectura non atopei todos os vínculos, pero é certo que facer un segundo esforzo con máis profundidade fai que aumente o valor deste texto. Todos estes relatos xorden das vivencias, da distancia, da soidade e as consecuencias das mesmas.

O enorme acuario da tenda de animais chegara case a sorprendela. As medusas ficaban nun daqueles recipientes de cristal, vivas pero ausentes, ignorantes da beleza que emanaban e da súa inexorable soidade. (páx. 76)

Os seus personaxes son individuos aislados, dunha maneira máis ou menos literal, da vida en sociedade. Non responden a un grupo homoxéneo e teñen intereses completamente opostos. Comparten unha visión do mundo moi quebrada polas circunstancias, unha ollada a realidade dende o extraño que non cae no onirismo pero que tampouco é un exercicio realista.

A autora amosa ós lectores unha prosa de enorme calidade, moitas veces lírica, que move a sensibilidade a través de enunciados cun léxico sinxelo, referencial e coa puntuación adecuada. O xogo co ritmo é interesante polo feito de que da axilidade ou aminora en función da situación ou do sentimento que queira transmitir. Hai en todo este libro un interese manifesto en coidar o estilo que se reproduce tamén nas fermosas ilustracións de Luz Beloso que acompañan ós relatos.

Ao atardecer, na praia non queda ninguén. Ela dorme preto da orela, alimentando o seu corpo do sol que xa non queima. Achégase para sentir a súa respiración acompasada coas mareas. Pero non a alcanza. É difícil avanzar entre as dunas cada vez máis profundas. E o sobresalto chega cando ELA comeza a esvaecerse coas ondas, coma un antigo debuxo riscado na area. (páx. 22)

En resumo, A soidade das medusas é un libro artellado con paciencia, que amosa á luz e a escuridade que xorde da expresión das vivenzas. Un conxunto de relatos que tecen mediante unha prosa case poética, unha materialización da propia vitalidade.

#Recensión

Soy un párrafo. Haz clic aquí para agregar tu propio texto y edítame. Es muy sencillo.

Goodreads
  • Black Facebook Icon
  • Black Twitter Icon
  • Black Instagram Icon

Versos do día

Suscríbete
Sígueme

 

 

 

creme

 

se desafío esta fame

é porque vivo con ela.

Regina Touceda, en deriva 

(Espiral Maior, 2020)  (Fragmento)

David González Domínguez

Contacto : palabradegatsby@gmail.com