Novidades sobre o futuro do blogue


Fai preto dun ano que comecei este proxecto coa ilusión dun neno no nadal. Sempre anotei as miñas opinións sobre literatura e teatro en papeis (supoño que por iso rematei estudando filoloxía) e ver que hai xente que ten interese nelas, e que lles da valor, faime moitísima ilusión. A verdade é que estou moi contento co resultado destes meses traballando nesta actividade que vincula todas as miñas pasións (os meus estudos, a cultura e a escritura). Por iso, sempre dende a humildade e a ilusión, decidín neste mes ampliar os horizontes deste proxecto persoal.

Respecto as redes sociais, agora tedes un perfil de instagram que nace como un complemento moito máis visual da miña actividade no blogue. Nel teredes fotografías con bastante frecuencia que respostarán sempre a temática do blogue, pero tamén será unha ferramenta que me permita comunicarvos cousas, a través das "stories" e do "feed", que no blogue non teñen un espazo propio.



Tamén tedes unha páxina de Facebook que ten a súa orixe na petición por parte dalgúns lectores e editoriais de compartir cun sinxelo click as publicacións. Para non utilizar o meu facebook persoal vin oportuna a creación desta páxina que agardo sexa un complemento útil para a difusión da actividade do blogue dunha maneira máis notoria. Aqueles que sexades consumidores da miña actividade agradecería un "Me gusta" e que compartades as publicacións sempre que as vexades interesantes. Tamén poderedes escribirme a través da páxina aínda que tamén continúa vixente o meu mail.

O 11 de agosto de 2016 foi o día que publiquei a primeira entrada o blogue así que tamén gustaríame organizar un pequeno sorteo dalgúns exemplares en varias linguas para os lectores que desexen participar. Informareivos proximamente de como o vou facer e de que libros vou sortear.

Antes de marchar desta entrada a facer cousas máis importantes, prégovos que contestedes a esta pequena enquisa anónima. Sei que o formato non é moi cómodo pero tampouco teño idea de facela mellor e as limitacións que o Wix ten na maquetación das entradas do blogue non facilita nada. Se hai algún problema enviade un mail a palabradegatsby@gmail.com



Soy un párrafo. Haz clic aquí para agregar tu propio texto y edítame. Es muy sencillo.

Goodreads
  • Black Facebook Icon
  • Black Twitter Icon
  • Black Instagram Icon

Versos do día

Suscríbete
Sígueme

 

 

 

creme

 

se desafío esta fame

é porque vivo con ela.

Regina Touceda, en deriva 

(Espiral Maior, 2020)  (Fragmento)

David González Domínguez

Contacto : palabradegatsby@gmail.com