I'm busy working on my blog posts. Watch this space!

Please reload

Recensión : Antía Otero, O cuarto das abellas

July 12, 2017

 

Título: O cuarto das abellas
Autora: Antía Otero
Editorial: Xerais
ISBN: 9788491211280
Nº de páxinas: 80 páxs

Sinopse:


Este libro nace da tensión entre o doméstico e o salvaxe. O tempo detense na formalina dos recordos e fai ecoar, nas celas da memoria, o misticismo indomábel de Emily Dickinson: «A morte –escribiu ela nunha carta– é inofensiva, coma unha abella, agás para aquelas que corren.» "O cuarto das abellas" é unha abellariza de palabras, unha estrutura pechada e inquietante na que Antía Otero esmelga o froito dunha poesía que é, no entanto, agre, sen almibres. Porque amarga é a verdade, o amor e todo aquilo que aquí doe pola súa certeza. A autora, entre un enxame de obreiras, adéntrase cautelosa na linguaxe e comparte connosco o seu fermoso acto de risco, o perigo-mel duns versos que, coma o veleno das abellas, proen e sandan á vez. (Fran P. Lorenzo)

 

 

Premio Gala do Libro Galego (Poesía), 2017

Na miña opinión, aínda que non descubro nada, a poesía nace sempre do diálogo entre dous referentes en distintos planos que manteñen  un conflito que pode saldarse nunha superioridade dun elemento sobre outro ou a convivencia inexplicable deles no entorno. O cuarto das abellas de Antía Otero é un exemplo de como a natureza e as súas manifestacións pode introducirse no cotián e manter unha relación con el de convivencia, en primeira orde simbólica e en segunda real.

 

Este é un poemario moi diverso, que manifesta sempre a tensión existente entre referentes, pero que tamén xoga cos suxeitos, dende a individualidade a colectividade. A propia autora fai referencia a un traballo de desestruturación e descomposición dos elementos para utilizalos a súa vontade, facendo combinacións de termos que respostan a unha loita entre o salvaxe e o máis doméstico. 

 

Anular o son

evitar as entrañas

líquido figado

frase que aguilloa

 

-o material está aquí-

 

agora

fagamos imaxes

 

trampas

 

 

algo que cegue a mágoa. (páx.32)

 

 

É un libro en continuo crecemento, tanto na extensión dos poemas como nos suxeitos que interveñen neles, dende un eu poético dos primeiros poemas ata a colectividade de "obreiras". Válese da imaxe da abella, moi ilustrativa pola ríxida estrutura social e espacial na que se ven obrigados a convivir estes insectos. Isto permítelle facer toda unha serie de reivindicacións da necesidade para os colectivos oprimidos dun espazo propio e fuxir desa cela, real e metafórica, da abellariza.
 

A estrutura dos poemas xoga coa necesidade de debullar o momento, construíndo versos que poderían ser efémeros pero que deixan a súa marca na pel e que nalgúns casos convidan a pechar os ollos e que o lector continúe as composicións.
 

En conclusión, O cuarto das abellas é un libro de tensións que contén unha chamada necesaria a concluír coa marcada tendencia a separar o natural do urbano, evitando conflitos, e que convida a unha lectura pausada e atenta, co fin de escoller as ferramentas perfectas para chuchar todo o mel que conteñen as composicións.
 

 

Share on Facebook
Share on Twitter
Please reload

Please reload

Please reload

Goodreads
  • Black Facebook Icon
  • Black Twitter Icon
  • Black Instagram Icon

Versos do día

Suscríbete
Sígueme

Ese instante que no se olvida
Tan vacío devuelto por las sombras
Tan vacío rechazado por los relojes
Ese pobre instante adoptado por mi ternura
Desnudo desnudo de sangre de alas
Sin ojos para recordar angustias de antaño
Sin labios para recoger el zumo de las violencias
perdidas en el canto de los helados campanarios.

Ampáralo niña ciega de alma
Ponle tus cabellos escarchados por el fuego
Abrázalo pequeña estatua de terror.
Señálale el mundo convulsionado a tus pies
A tus pies donde mueren las golondrinas
Tiritantes de pavor frente al futuro
Dile que los suspiros del mar
Humedecen las únicas palabras
Por las que vale vivir. 

[...]

Alejandra Pizarnik,  A la espera de la oscuridad. (Fragmento)

David González Domínguez

Contacto : palabradegatsby@gmail.com