I'm busy working on my blog posts. Watch this space!

Please reload

Recensión : Elena Gallego Abad, O xogo de Babel

July 27, 2017

 

Título: O xogo de Babel
Autora: Elena Gallego Abad
Editorial: Xerais
ISBN:  9788491211853
Nº de páxinas: 200 páxs

Sinopse: 

 

«Pandora é o perigo; Babel, a confusión. O noso amor non ten futuro.»Ou si?Atreveríaste a acudir a unha cita a cegas?Un cruceiro polo Mediterráneo, Tunisia, Libia, Malta… Uns ollos de cor verde intensa, coma o mar en días de temporal… E Patricia, agora casada co profesor que un día dirixiu a súa frustrada tese de doutoramento, que descobre na pequena filla Mencía a pegada dun amor esquecido que regresa para atormentala. Alén dunha simple aventura, "O xogo de Babel" traza, desde os distintos puntos de vista e circunstancias dos protagonistas, un intenso triángulo amoroso complicado pola fidelidade debida a unha antiga amizade que, desde a infancia, une marido e amante.

Elena Gallego é unha das autoras máis recoñecidas da literatura galega actual no eido da fantasía. A saga de Dragal conquista cada ano a milleiros de lectores e a calidade das súas historias e mundos e sorprendente. Sen embargo, o meu primeiro contacto con esta autora ven de Sete Caveiras, unha novela negra e policial que recomendo a todo amante do xénero. Esa toma de contacto tan doce foi o que me convenceu para achegarme a O xogo de Babel, e o resultado non foi o agardado.

 

A nova publicación da autora prodúceme un cúmulo de sensacións distintas dende o propio inicio. A autora vende moi caro o pacto ficcional que propón ó lector dende o comezo, xa que temos unha relación a cegas que ten un proceso de maduración excesivamente rápido para aceptarse con facilidade, non polo tempo senón polo tratamento do mesmo. Partindo desta base non é preciso dicir que dende o primeiro momento non crin na relación e que o comportamento de Pandora e de Babel paréceme moi discutible, rozando moitas veces a toxicidade.

 

Un feixe de bolboretas etéreas cobrou vida no ventre de Patricia.

 

Compartir un secreto cun descoñecido?

 

A estudante releu a mensaxe varias veces, antes de decidirse.

 

E por que non? (páx.15)

 

 

Vas facer o amor cun estraño?

Patricia conseguiu afastarse do lume que a mantiña prisioneira.

- Por favor, así non. Non podo- rexeitou.

A sorpresa reflectiuse no rostro do seu acompañante.

- Que acontece?

A moza aproveitou a ocasión para desprenderse da aperta, buscando espazo para respirar. 

-Non podo. Eu....- fuxiu.

Afastouse do home mais non foi capaz de liberarse da súa ollada interrogante. [...]

- Non sei que fixen mal pero prégoche que me disculpes - murmurou-. Eu pensaba que ti... que nós... (páx. 50)

 

Pese a todo o que isto me disgusta, vexo que a intención da autora era crear esa tensión tan destructiva entre ambos personaxes, polo que algúns momentos que non me parecen adecuados poderían respostar a esa tentativa. A toxicidade é voluntaria pero a resistencia e crítica á mesma é feble por parte da propia Patricia.

 

Tenme moito coidadiño, Patricia, porque estás a namorárte del... Si, xa sabemos que estabas toliña polo seu avatar, ese Babel que durante meses che escribiu correos fermosos, pero... Pero este é un home de carne  e óso e a cousa estase poñendo seria de máis. Recoñéceo: polo camiño que levas, vásteme botar a perder. (páx. 72)

 

Sen embargo, a grata sorpresa aparece cando comeza a viaxe no cruceiro (esquezámonos neste momento da relación que o provoca), xa que a autora fainos un percorrido por distintas cidades que logra recrear con facilidade. Elena Gallego consegue crear atmosferas con moi poucas pinceladas, o que demostra a súa calidade como narradora.

 

Como remate da visita permitíronlles o acceso aos museos arqueolóxicos que naquel momento existían en Sabratha, un deles dedicado a albergar restos púnicos e outro, con achados romanos. Nas súas escangalladas instalacións amoreábanse esculturas, mosaicos, frescos e outras obras de arte das distintas épocas que se atoparan durante as excavacións do incrible xacemento, xa daquela abandonadas. (páx. 74)

 

Teño que destacar que o desenlace da novela é moi sorprendente, cargado de ironía tráxica, e conecta moi ben as pezas que a autora disemina polo texto. A estrutura de flashbacks e flashforwards funciona bastante ben, aínda que se pode traballar moito mellor, e dota a novela dunha incertidume que a relación amorosa non logrou crear. Tamén me parece moi loable a introdución de aspectos que xa poden considerarse "enxebres" para moitos dos lectores como o comunicación por correo electrónico e a inexistencia de smartphones que dean todos os datos que os personaxes precisan en cada momento.

 

Como conclusión, O xogo de Babel é unha novela que crece bastante coas páxinas e que se o lector conecta ben coas relacións entre personaxes pode gozar dunha tensión amorosa de alto voltaxe. Se non o consegue, outros aspectos da novela poden facer que a lectura poda ser moito máis levadeira e divertida. 

 

 

Share on Facebook
Share on Twitter
Please reload

Please reload

Please reload

Goodreads
  • Black Facebook Icon
  • Black Twitter Icon
  • Black Instagram Icon

Versos do día

Suscríbete
Sígueme

Ese instante que no se olvida
Tan vacío devuelto por las sombras
Tan vacío rechazado por los relojes
Ese pobre instante adoptado por mi ternura
Desnudo desnudo de sangre de alas
Sin ojos para recordar angustias de antaño
Sin labios para recoger el zumo de las violencias
perdidas en el canto de los helados campanarios.

Ampáralo niña ciega de alma
Ponle tus cabellos escarchados por el fuego
Abrázalo pequeña estatua de terror.
Señálale el mundo convulsionado a tus pies
A tus pies donde mueren las golondrinas
Tiritantes de pavor frente al futuro
Dile que los suspiros del mar
Humedecen las únicas palabras
Por las que vale vivir. 

[...]

Alejandra Pizarnik,  A la espera de la oscuridad. (Fragmento)

David González Domínguez

Contacto : palabradegatsby@gmail.com