I'm busy working on my blog posts. Watch this space!

Please reload

Recensión : Isidro Novo, O tabú na traslenda

July 31, 2017

 

Título: O tabú na traslenda

Autor: Isidro Novo

Imaxe da Capa: Jose María Picón

Editorial: Urco Editora

Colección: Alcaián

ISBN: 9788416121793

Nº de páxinas: 194 páxs

Sinopse: 

 

O autor, dándolle gozo á súa imaxinación, quixo facer notorio o seu optimismo cara ao futuro do medio rural galego que a día de hoxe aínda está nun deprimente retroceso, a pesar deses gromos de xente con preparación cara a un obxectivo rendíbel que se asenta nel con intención de permanencia. A novela desenvólvese nunha parroquia de interior (Amarelle), unha parroquia que, sen nada que a potencie sobre as demais do seu arredor, estrañamente resiste cos mesmos habitantes de principios do século XX e no imaxinario de quen a habita latexa que é un ser sobrenatural que sobrevive neles como mito o que vela para que se manteña cunha vitalidade estábel. Os habitantes de Amarelle renegan das mouras como mito estereotipado diante da xente de fóra, pero ao mesmo tempo entre eles cren na súa, porque teñen constancia de que a Moura de Amarelle é un ser benfeitor, e máis dende os tempos nos que o seu amante é un veciño moi querido da parroquia que, namorado e perseguido, quixo ser encantado por ela.

A nova proposta de Isidro Novo, publicada por Urco Editora, integra con gran facilidade diversas tradicións co mesmo fío condutor, o realismo máxico. O autor aproveita os elementos propios do rural galego para crear unha historia propia doutro tempo. Unha novela que máis que narrar unha historia pretende ser unha bitácora da vida rural con retazos de crítica ó puramente urbano e unha receita para a supervivencia da natureza nos tempos que corren, conformada por unha serie de microhistorias ligadas pola mitoloxía propia do pobo galego e o fantástico

 

Como sabía que o mundo real que lle tocara era demasiado limitado para levar a cabo as súas aspiracións, utilizábao unicamente para elaborar as teorías que logo levaría a práctica por medio do soño, que era para el un universo paralelo bastante accesíbel e moito menos restrinxido. (páx. 31)

 

A introdución do fantástico dentro do real permite ó autor introducir todo tipo de personaxes de construción verosímil pero que emiten un aura onírica que responde ás características desta pequena vila. Amarelle, igual que Macondo, é o lugar de "o real marabilloso" como propuxo xa Alejo Carpentier en novelas como El reino de este mundo (1949). Isidro Novo sérvese desta vila para reflectir nela a ideal do ruralismo galego, cos seus habitantes imprescindibles e o ruxe ruxe propio do ambiente. A idea do colectivo está sempre presente durante toda a historia.
 

Agapito adquirira unhas notábeis propiedades curadoras e dende aquela o home era requerido dentro da parroquia para aliviar determinadas enfermidades coa súa imposición de mans, pero ese don non era pregoado aos catro ventos, como se faría noutras localidades que tivesen a sorte de contar cun curandeiro entre a súa veciñanza. Conscientes do espazo que habitaban, os amarelleses levaban con rigor unha máxima que podería formularse dicindo que había cousas de Amarelle que só lle pertencían a Amarelle. (páx. 42)

 

Non por iso esquece realizar modificacións nas tradicións que se tocan na novela. O autor apórtalles un toque persoal que resposta a unha necesidade de readaptación dos materiais que aporta o imaxinario clásico cara unha estética máis realista e visual.

 

As lendas clásicas sobre mouras adoitaban vestir estes seres femininos, case sempre fermosos, dun branco que aínda realzaba máis a súa sobrenatural beleza, pero a Moura de Amarelle tamén rompía co perfil xeral neste asunto de indumentaria, porque se ben era certo que seguía o canon verbo do corte e sempre levaba un vestido longo até os pés, fose polo que fose a Moura da parroquia de San Paio de Amarelle vestía sempre de verde, aínda que máis exacto sería dicir de verdes, xa que sempre eran tres tons perfectamente amalgamados os que compuñan o seu atavío; un atavío que mesmo sendo distinto cada vez que a sobrenatural se mostraba, tiña sempre un aspecto suave, como de gasa e que malia a súa fráxil aparencia, cumpría fielmente a misión de ocultar coa máxima discreción os encantos de quen o portaba. (páx. 85)

 

O tabú na traslenda é unha novela que ten recendo a outro tempo. Unha publicación cunha prosa moi traballada e que solventa a inexistencia de axilidade no ritmo pola teima na creación de imaxes e un ambiente fantástico de gran calidade. 

Share on Facebook
Share on Twitter
Please reload

Please reload

Please reload

Goodreads
  • Black Facebook Icon
  • Black Twitter Icon
  • Black Instagram Icon

Versos do día

Suscríbete
Sígueme

Ese instante que no se olvida
Tan vacío devuelto por las sombras
Tan vacío rechazado por los relojes
Ese pobre instante adoptado por mi ternura
Desnudo desnudo de sangre de alas
Sin ojos para recordar angustias de antaño
Sin labios para recoger el zumo de las violencias
perdidas en el canto de los helados campanarios.

Ampáralo niña ciega de alma
Ponle tus cabellos escarchados por el fuego
Abrázalo pequeña estatua de terror.
Señálale el mundo convulsionado a tus pies
A tus pies donde mueren las golondrinas
Tiritantes de pavor frente al futuro
Dile que los suspiros del mar
Humedecen las únicas palabras
Por las que vale vivir. 

[...]

Alejandra Pizarnik,  A la espera de la oscuridad. (Fragmento)

David González Domínguez

Contacto : palabradegatsby@gmail.com