I'm busy working on my blog posts. Watch this space!

Please reload

Recensión : Ana Cabaleiro, Sapos e Sereas

August 3, 2017

 

Título: Sapos e Sereas

Autora: Ana Cabaleiro

Editorial: Galaxia

ISBN: 9788491510352

Nº de páxinas: 96 páxs

Sinopse:

 

Unha voz especialmente singular dentro da nosa literatura e que nos vai agasallar, no futuro, páxinas coa mesma potencia literaria coma as que temos neste mollo de relatos. Neste volume nada é o que parece. A autora disponse a darlle a volta a moitas historias que pensabamos que só se podían contar dunha maneira. E, grazas á súa ollada nova, descubrimos que hai moitos sapos que non merecen saír da fochanca, que hai Sereas atrapadas en destinos tráxicos e que a realidade é, cando menos, cuestionable. Mellor dito, que hai que a cuestionar.

Fai pouco tiven a oportunidade de ler un artigo científico titulado "La literatura como arma de combate: el patriarcado en jaque" e acordeime precisamente neste libro. De feito non é a primeira vez que me pasa. Cando penso en Sapos e Sereas, tamén lembro unha cita de Gabriel Celaya que di que "a literatura é un arma cargada de futuro", que ten moita importancia na miña forma de ler e de pensar as letras. Creo que non hai mellor comezo que reflexionar sobre elas para achegarse a esta publicación.

 

O primeiro libro de Ana Cabaleiro ten, sen dúbida, un recendo especial. Publicado pola Editorial Galaxia, este libro ofrécenos 4 relatos e un epílogo cos que fai un chamamento a sociedade sinalando a represión que sofren moitas mulleres baixo o patriarcado. Un libro valente, con referencias tanto da cultura postmoderna como a mitoloxía clásica e que amosa con literariedade moitas realidades tráxicas.

 

Ana Cabaleiro xoga con todos os elementos dos que dispón para tecer relatos nos que a crítica social e a literariedade van da man. Relatos de moita calidade que se aderezan cunha prosa moi sinxela pero ben tecida. A intensidade dos relatos non precisa dun ritmo áxil pois condensa as ideas principais de cada un en poucas páxinas. 

 

De extensión desigual, os tres primeiros relatos son de carácter moito máis exemplar fronte ó que da título a este libro, Sapos e Sereas, que denota unha carga moito máis simbólica que o resto. O epílogo non me convence como un necesario engadido á publicación, pero non cabe dúbida de que esquece os convencionalismos e realiza unha retrospectiva da historia da muller fronte ó home que pode ser de interese.

 

En conclusión, o meu primeiro contacto coa narrativa de Ana Cabaleiro foi moi satisfactorio. Un libro de relatos ben tecido, que non cae na aglutinación de temas sen sentido e que presenta unha liña editorial manifesta en todos os relatos. Agardo que o seu acertado debut na literatura galega sexa un síntoma do seu futuro na mesma.

 

 

 

 

Share on Facebook
Share on Twitter
Please reload

Please reload

Please reload

Goodreads
  • Black Facebook Icon
  • Black Twitter Icon
  • Black Instagram Icon

Versos do día

Suscríbete
Sígueme

Quén preservará todos os contornos da conciencia.

Quén ha de revelar o meu nome descoñecido,

o meu impúdico nome que codifica e devora.

Quén pode prescribir tantos equívocos moldes

por encima desta fiestra construída polo corpo.

Quén haberá que incorpore esta razón esta memoria

cara un ciclo impertérrito de tebras e de luz?  [...]

..

Yolanda Castaño, en Delicia (Espiral Maior,1998)

David González Domínguez

Contacto : palabradegatsby@gmail.com