I'm busy working on my blog posts. Watch this space!

Please reload

Recensión : Paco Barreiro, Beixos de lingua

August 7, 2017

 

Título: Beixos de lingua

Autor: Paco Barreiro

Editorial: Xerais

ISBN: 9788491212201

Nº de páxinas: 96 páxs

Sinopse: 

 

Os fonemas bulen, choutan de palabra en palabra. A palabra préndeos e a propia acción da apropiación ten consecuencias, crea o ser, o significado. E nace o xogo, neste caso o palíndromo «o ser para preso». Este libro é a consecuencia de xogar co xugo dos fonemas, o son da lingua. «Cando apreso fonemas non só teño unha presa, a palabra; tamén aprendo, conformo ideas e recibo o beixo da fala.»

A musicalidade da lingua galega é un dos aspectos que a fan tan interesante para ser un para a lírica. Neste libro, Paco Barreiro experimenta cos límites da lingua con especial incidencia no plano fonolóxico e morfolóxico. Un libro que podería comprenderse como un exemplo de poesía "molecular" xa que modifica as estruturas lingüísticas e unidades da fala para enlazar os seus elementos dunha forma complexa, exaltando e desprestixiando uns ou outros en función das necesidades do autor.

 

As composicións neste libro son un xogo continuo para o lector, que sitúase ante as distintas pezas como espectador dun concerto lingüístico. Textos de distinta extensión que non respostan a esquemas ríxidos e de disposición irregular sobre o branco do papel, outorgan dinamismo a lectura deste libro. Versos que en ningún momento desaparecen senón que a súa presencia é patente nos seguintes, incluso ate o fin do poema.

 

«Cando apreso fonemas non só teño unha presa, a palabra; tamén aprendo, conformo ideas e recibo o beixo da fala.»

 

O xogo e a experimentación tamén están na man do lector ó que se lle ofrecen unha gran variedade de posibilidades de lectura grazas a presenza de palíndromos e outros xogos. Un libro que busca lerse de moitas formas e tamén con moitos ouvintes. Un poemario concibido dende a propia musicalidade e que agradece moitísimo a lectura en voz alta e o acompañamento instrumental.

 

Unha lectura poética que se agradece moito no verán pola súa frescura e a facilidade de lectura. Un libro cheo de entretemento, diversión e  mostras de enxeño.

 

 

 

 

Share on Facebook
Share on Twitter
Please reload

Please reload

Please reload

Goodreads
  • Black Facebook Icon
  • Black Twitter Icon
  • Black Instagram Icon

Versos do día

Suscríbete
Sígueme

Quén preservará todos os contornos da conciencia.

Quén ha de revelar o meu nome descoñecido,

o meu impúdico nome que codifica e devora.

Quén pode prescribir tantos equívocos moldes

por encima desta fiestra construída polo corpo.

Quén haberá que incorpore esta razón esta memoria

cara un ciclo impertérrito de tebras e de luz?  [...]

..

Yolanda Castaño, en Delicia (Espiral Maior,1998)

David González Domínguez

Contacto : palabradegatsby@gmail.com