Recensión : Paco Barreiro, Beixos de lingua


Título: Beixos de lingua

Autor: Paco Barreiro

Editorial: Xerais

ISBN: 9788491212201

Nº de páxinas: 96 páxs

Sinopse:

Os fonemas bulen, choutan de palabra en palabra. A palabra préndeos e a propia acción da apropiación ten consecuencias, crea o ser, o significado. E nace o xogo, neste caso o palíndromo «o ser para preso». Este libro é a consecuencia de xogar co xugo dos fonemas, o son da lingua. «Cando apreso fonemas non só teño unha presa, a palabra; tamén aprendo, conformo ideas e recibo o beixo da fala.»

A musicalidade da lingua galega é un dos aspectos que a fan tan interesante para ser un para a lírica. Neste libro, Paco Barreiro experimenta cos límites da lingua con especial incidencia no plano fonolóxico e morfolóxico. Un libro que podería comprenderse como un exemplo de poesía "molecular" xa que modifica as estruturas lingüísticas e unidades da fala para enlazar os seus elementos dunha forma complexa, exaltando e desprestixiando uns ou outros en función das necesidades do autor.

As composicións neste libro son un xogo continuo para o lector, que sitúase ante as distintas pezas como espectador dun concerto lingüístico. Textos de distinta extensión que non respostan a esquemas ríxidos e de disposición irregular sobre o branco do papel, outorgan dinamismo a lectura deste libro. Versos que en ningún momento desaparecen senón que a súa presencia é patente nos seguintes, incluso ate o fin do poema.

«Cando apreso fonemas non só teño unha presa, a palabra; tamén aprendo, conformo ideas e recibo o beixo da fala.»

O xogo e a experimentación tamén están na man do lector ó que se lle ofrecen unha gran variedade de posibilidades de lectura grazas a presenza de palíndromos e outros xogos. Un libro que busca lerse de moitas formas e tamén con moitos ouvintes. Un poemario concibido dende a propia musicalidade e que agradece moitísimo a lectura en voz alta e o acompañamento instrumental.

Unha lectura poética que se agradece moito no verán pola súa frescura e a facilidade de lectura. Un libro cheo de entretemento, diversión e mostras de enxeño.

#Recensión

Soy un párrafo. Haz clic aquí para agregar tu propio texto y edítame. Es muy sencillo.

Goodreads
  • Black Facebook Icon
  • Black Twitter Icon
  • Black Instagram Icon

Versos do día

Suscríbete
Sígueme

 

 

 

creme

 

se desafío esta fame

é porque vivo con ela.

Regina Touceda, en deriva 

(Espiral Maior, 2020)  (Fragmento)

David González Domínguez

Contacto : palabradegatsby@gmail.com