I'm busy working on my blog posts. Watch this space!

Please reload

Recensión : María Canosa e Kike Gómez, O que nunca che contaron

August 10, 2017

 

Título: O que nunca che contaron
Autores: María Canosa e Kike Gómez

Ilustracións : Dani Padrón
Editorial:  Santillana Obradoiro (Oqueleo)
ISBN:  9788416834808
Nº de páxinas: 96 páxs

Sinopse : 

 

Cres que as ideas se acenden coma lámpadas, sen máis? Nunca te preguntaches por que o solpor pode ter todas as cores que imaxines? Observaches o ceo á noite e non fuches quen de ver o po de estrelas? Quen inventou o baile das bolboretas? E... de onde tiran a inspiración os magos? Ao que descubras os segredos que agochan estas páxinas, verás o que acontece ao teu redor de xeito diferente.

Nunca vos preguntastes quen é o autor dalgúns dos fenómenos máis complexos do día a día? Sodes incapaces de explicar ós vosos fillos termos tan abstractos como a inspiración? María Canosa e Kike Gómez presentan divertidas solucións a estes problemas en seis fantásticos relatos sobre "o que nunca che contaron".

 

Nestes relatos temos unha agradable combinación entre imaxinación e unha prosa adaptada ós máis pequenos. Ambos autores conseguen amosar un estilo moi similar nuns relatos que seguen unha estructura común e que non pecan de ser excesivamente didácticos. Algúns conteñen sentenzas moi fermosas que poden facer replantarse certos principios a moitos lectores.

 

Comprendeu que o horizonte é máis extraordinario cando non é preciso pintalo (páx. 36)

 

A sinxeleza da prosa é inversamente proporcional ós delirios imaxinativos dos autores que presentan personaxes que conseguirán facerse un oco no imaxinario dos nenos con facilidade. Case todos eles viven en mundos onde existe un perigo que ameaza o seu traballo, nalgúns casos o contacto cos propios humanos e noutros inimigos tan abstractos como a rutina. Todos conseguen superar os seus problemas grazas a súa determinación e constancia nas funcións.

 

O humor é un elemento fundamental nestas historias pois serve tamén para trazar as personalidades dalgúns dos personaxes e para facer fincapé no inverosímil dalgunhas das situacións. Coido que máis dun rapaz escachará a rir con algunhas dos enxeñosos traballos e funcións dos protagonistas destes contos. Tamén debo destacar unha importante mensaxe ecoloxista que trascende en moitos deles.

 

Mención especial merecen as ilustracións de Dani Padrón que dan vida ós personaxes dos contos e aportan un matiz visual moi importante na comprensión das historias por parte do público infantil. Todas elas dunha beleza extraordinaria e de unha calidade necesariamente destacable.

 

En resumo, este libro é un fantástico título para agasallar ós nenos. Nesta publicación condénsanse todos os ingredientes para introducir os máis pequenos no hábito de ler e, tamén, ensinarlles que a literatura permite dar unha explicación ós fenómenos que incluso a razón non pode.

 

 

 

 

Share on Facebook
Share on Twitter
Please reload

Please reload

Please reload

Goodreads
  • Black Facebook Icon
  • Black Twitter Icon
  • Black Instagram Icon

Versos do día

Suscríbete
Sígueme

Ese instante que no se olvida
Tan vacío devuelto por las sombras
Tan vacío rechazado por los relojes
Ese pobre instante adoptado por mi ternura
Desnudo desnudo de sangre de alas
Sin ojos para recordar angustias de antaño
Sin labios para recoger el zumo de las violencias
perdidas en el canto de los helados campanarios.

Ampáralo niña ciega de alma
Ponle tus cabellos escarchados por el fuego
Abrázalo pequeña estatua de terror.
Señálale el mundo convulsionado a tus pies
A tus pies donde mueren las golondrinas
Tiritantes de pavor frente al futuro
Dile que los suspiros del mar
Humedecen las únicas palabras
Por las que vale vivir. 

[...]

Alejandra Pizarnik,  A la espera de la oscuridad. (Fragmento)

David González Domínguez

Contacto : palabradegatsby@gmail.com