I'm busy working on my blog posts. Watch this space!

Please reload

Recensión : Timo Parvela, O gume ígneo

August 18, 2017

 

Título: O gume ígneo

Título orixinal : Sammon vartijat: tuliterä
Autor: Timo Parvela

Tradución: Tuula Ahola e Tomás González Ahola

Revisión lingüística: Raquel Vila Amado

Ilustración da capa: Jussi Kaakinen

Editorial: Urco

ISBN: 9788491210160
Nº de páxinas: 236 páxs

Sinopse:

 

Nun pasado remoto, alén das néboas do tempo, houbo unha gran guerra. O bardo Väinämöinen, das terras de Kalevala, e mais a feiticeira Louhi de Pohjola, o país das tebras, enfrontáronse nunha batalla sen cuartel por posuír o Sampo, un muíño máxico que traía prosperidade ás xentes que o posuísen. Como resultado da contenda, o artello milagreiro ficou feito cachizas e formou as estrelas do firmamento, dando luz e vida ás terras da humanidade, pero Väinämöinen apañou e agochou os anacos máis grandes para que o Mal nunca se fixese con eles.

Mais isto é historia pasada… Ou non.

A vida de Ahti é como a de calquera outro adolescente finlandés, mais el garda un segredo: vive só e ninguén o sabe. Polo demais, vai ao colexio, está a montar un grupo de música folque cos seus amigos Ilmari e Anni, e goza mentres pode da súa benquerida liberdade sen a tutela dos adultos.

Porén, todo cambia cando unha vella arpa finlandesa cae nas súas mans. Ese instrumento, procedente dos tempos lendarios, levarao a descubrir que é descendente, xunto con Ilmari e Anni, dos Gardiáns do Sampo, unha antiga orde destinada a protexer o mundo contra as tebras.

Xuntos hanse embarcar nunha aventura sen precedentes onde as antigas lendas cobran vida e unha nova sombra se ergue sobre o mundo para o alagar de maldade e unha nova noite eterna.

Tras o éxito de Laura das Neves e a sociedade literaria dos nove de Pasi Ilmari Jääskeläinen, finalista na categoría de tradución da gala do libro galego 2017, Urco editora continúa coa súa forte aposta pola literatura finesa. Nesta ocasión falamos de O gume ígneo de Timo Parvela, a primeira parte dunha saga destinada ó público infantil e xuvenil.

 

Timo Parvela aproveita esta primeira entrega para presentar a un grupo moi heteroxéneo de rapaces que descubrirán que teñen moito máis en común que a amizade e o gusto pola música. Ilmari e Anni son o complemento perfecto de Ahti, un xoven que execerá o liderazgo nesta aventura a través das lendas e do tempo. Xuntos terán que enfrontarse a moitas dificultades e verán que as relacións entre o Kalevala e as súas vidas excederán a pura ficción.

 

Ao longo dos anos, os anacos do Sampo foron custodiados polos descendentes do pobo de Kalevala, os chamados gardiáns do sampo. Sempre garantiron o equilbrio entre Pohjola e o resto do mundo. Impediron que a xente de Pohijola se apoderase dos fragmentos máis grandes que agochara Väinämöinen e os volvese xuntar para restituír o Sampo- explicou o ancián polo baixo. (páx. 44)

 

En O gume ígneo apenas temos una construción do mundo (worldbuilding) minimamente desenrolada. Sabemos que existen moitos contratempos e futuros inimigos pero apenas se adiantan datos así como tamén hai poucos momentos de conflito explícito coas forzas do mal. Isto contrasta co gran traballo que fai o autor co texto do Kalevala, seleccionando gran cantidade de fragmentos que serven para encabezar os capítulos e son moi coherentes coa temática que se trata en cada momento.
 

O humor é un ingrediente fundamental desta historia. A seriedade da problemática rebaixase con moitísimas brincadeiras dos protagonistas, aportando ese toque máis infantil que a historia require. Sen dúbida un acerto do autor e que permite que a saga pódase cualificar de middle-grade, respondendo ó estilo de sagas como Harry Potter
 

- <<Os gardiáns do Sampo>>, si, ho, iso sóame a empresa de seguridade. <<Sampo Security encárgase do transporte de obxectos valiosos e tamén dos atracadores de bancos.>> (páx. 44)

 

A aventura aderézase con moita crítica social a algúns aspectos da vida na cidade e unha aperta ó natural. O exemplo máis claro témolo na importancia que o autor da a existencia dunha explotación na cidade, as duras condicións dos mineiros que traballan nela, e os efectos que causa no propio medio ambiente.

 

Naturalmente, Anni e Ilmari coñecían a existencia da explotación xa desde cativos. En Väinöla, era imposíbel medrar sen ouvir historias lúgubres sobre os túneles que chegaban até o mesmo núcleo da terra. Os rapaces asustábanse uns aos outros con relatos sobre as almas dos mineiros perdidos nos túneles infinitos e labirínticos seguían a asexar e a atormentar os vivos. Aló polos anos sesenta tivera lugar un grave accidente cuxas vítimas, segundo o dixomedíxome, subían de noite á superficie para levar con eles rapaces,  a modo de vinganza polo fracaso e a demora dos traballos de rescate. (páx. 126)

 

Respecto da trama temos un comezo con moita forza que vai rebaixando intensidade co paso das páxinas pero que recupera o seu interese cara o final da novela. Agardo que a segunda parte consiga estabilizar a acción e non teñamos doses soltas dunha aventura que promete emocións fortes.

 

En conclusión, O gume ígneo resposta ós postulados de toda primeira parte de saga fantástica. Agardo que Ilmari, Ahti e Anni evolucionen moito máis nas seguintes entregas e que os rapaces galegos gocen tanto como os fineses desta gran aventura.

 

Share on Facebook
Share on Twitter
Please reload

Please reload

Please reload

Goodreads
  • Black Facebook Icon
  • Black Twitter Icon
  • Black Instagram Icon

Versos do día

Suscríbete
Sígueme

Ese instante que no se olvida
Tan vacío devuelto por las sombras
Tan vacío rechazado por los relojes
Ese pobre instante adoptado por mi ternura
Desnudo desnudo de sangre de alas
Sin ojos para recordar angustias de antaño
Sin labios para recoger el zumo de las violencias
perdidas en el canto de los helados campanarios.

Ampáralo niña ciega de alma
Ponle tus cabellos escarchados por el fuego
Abrázalo pequeña estatua de terror.
Señálale el mundo convulsionado a tus pies
A tus pies donde mueren las golondrinas
Tiritantes de pavor frente al futuro
Dile que los suspiros del mar
Humedecen las únicas palabras
Por las que vale vivir. 

[...]

Alejandra Pizarnik,  A la espera de la oscuridad. (Fragmento)

David González Domínguez

Contacto : palabradegatsby@gmail.com