I'm busy working on my blog posts. Watch this space!

Please reload

Recensión : Eli Ríos, Marta e a Píntega

September 12, 2017

 

Título: Marta e a Píntega
Autora: Eli Ríos
Editorial: Galaxia

Ilustracións: Patricia Román

ISBN: 9788498656985
Nº de páxinas: 132 páxs

Sinopse:

 

Marta é unha nena á que lle pasan cousas incribles.

Como, por exemplo, saltar ao mundo dos contos. Alí agardan por ela personaxes que coñecemos de sempre e que a necesitan para solucionar un problema ben gordo.

Na actualidade penso que se precisa máis literatura que dinamite o sistema dende dentro e que amose ó lector que a realidade sempre ten que pórse en dúbida. O lectorado infantil e xuvenil non pode ser unha excepción nese proceso. Con Marta e a Píntega, Eli Ríos presenta un relato onde Marta pon en dúbida o funcionamento do mundo dos contos e no que se interroga sobre as inxustizas nas que a desigualdade por cuestións de xénero se impón na súa vida cotiá.

 

 

Neste libro o lectorado infantil atopa unha historia moi entretida e formulada mediante o formato dunha gran aventura entre mundos. Unha novela de curta extensión pero que aproveita con precisión as súas páxinas para pechar tramas e introducir reflexións moi necesarias para os lectores máis pequenos da casa, aínda que tamén para todos os públicos.

 

 

- Estaslle dando a volta ás cousas! Non é iso! Así soa moi feo!

 

- Non estou cambiando nada, Marta. Estasme dicindo que se ti tiras os calcetíns no medio do cuarto, túa nai, como a túa criada que é, ten que recollelos...

Marta queda pampa. Nunca o pensara desa maneira. Mamá non deixara o monopatín no medio do corredor... entón por que lle dixera a mamá que o recollese ela? Por que lle rosmara que non pensaba limpar as migas de galleta que ela mesma tirara no sofá? Mamá non era a súa criada! Non! (páx. 30)

 

 

O libro ten como protagonistas ás figuras femininas dos contos máis importantes da tradición literaria. No mundo dos contos as propias protagonistas teñen a intención de rebelarse contra as desiguais condicións que os heroes masculinos impoñen. Marta e a Píntega axudarán a estas mozas a liberarse de todos os tabús e imposicións para que leven unha vida plena e en liberdade.

 

 

- (...) imaxina pasar douscentos anos facendo sempre o mesmo... Unha e outra vez... O único que nos permiten é enchernos de adornos, cociñar e limpar... E veña e dálle... Un día tras outro... Así unha e outra vez... porque os príncipes decidiron que os que mandan son eles... Unha e outra vez... sen poder opinar sobre o que queremos, porque seica as princesas non sabemos facer nada máis que esperar a que nos rescaten... E veña e dálle... Un día tras outro... Coma se fósemos parvas, pouco menos... Sabes? Hai moitas cousas que nunca vimos... (páx. 51)

 

 

En resumo, este libro é unha proposta necesaria para unha colección de literatura xuvenil. Unha publicación que critica o discurso e a historia elaborada por homes dende unha óptica de fácil comprensión para os nenos e nenas.

 

 

 

Share on Facebook
Share on Twitter
Please reload

Please reload

Please reload

Goodreads
  • Black Facebook Icon
  • Black Twitter Icon
  • Black Instagram Icon

Versos do día

Suscríbete
Sígueme

Ese instante que no se olvida
Tan vacío devuelto por las sombras
Tan vacío rechazado por los relojes
Ese pobre instante adoptado por mi ternura
Desnudo desnudo de sangre de alas
Sin ojos para recordar angustias de antaño
Sin labios para recoger el zumo de las violencias
perdidas en el canto de los helados campanarios.

Ampáralo niña ciega de alma
Ponle tus cabellos escarchados por el fuego
Abrázalo pequeña estatua de terror.
Señálale el mundo convulsionado a tus pies
A tus pies donde mueren las golondrinas
Tiritantes de pavor frente al futuro
Dile que los suspiros del mar
Humedecen las únicas palabras
Por las que vale vivir. 

[...]

Alejandra Pizarnik,  A la espera de la oscuridad. (Fragmento)

David González Domínguez

Contacto : palabradegatsby@gmail.com